|
Cuotas Socios 2012
Desde o día 1 de xaneiro e ata o 29 de febreiro, está aberto o prazo para aboar a cuota de socio para o ano 2012.
-
Importe: 30 Euros
- Conta NovaGalica Banco: 2091 0048 90 3040005397
- Concepto: CUOTA SOCIO 2012 e o nome completo do SOCIO.
Venda Bicicletas Club
 Están á venda as bicis usadas polo equipo elite-sub23 na tempada 2011, o modelo e Giant TCR 0 e veñen equipadas con Shimano Ultegra. O prezo está sobre 900€.
Para máis información contactar con Tino: 606 364 517
[ Ampliar ]
Tres Corredores Convocados Para os Campionatos de España Ciclocross
02 Xaneiro.
Os ciclistas do Cambre-Caeiro, Brais Chas (sub23), Daniel López Parada (xuvenil) e Jon Ander Tomé (cadete), foron convocados para formar parte da selección galega que vai a participar nos Campionatos de España de Ciclocross que se van a celebrar en Gandía do 6 ó 8 de xaneiro.
San Sivestre A Coruña
31 Decembro.
Varios compoñentes do CCCambre decidiron despedir o ano correndo a 2ª San Silvestre da Coruña, organizada excelentemente por parte do Club Deportivo Rialto. O percorrido foi de 7,7 qm. e deu comenzo na Praza de María Pita, para logo percorrer o paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules e voltar de novo ó punto de saída. A participación foi de máis de 1000 corredores que compartiron unha gran proba deportiva. Por parte do noso club participaron: Manuel, Monky, Julio, Karina, Alejandro e Jose. Clasificacións:
| Nome |
Posto
Xeral |
Posto Categoría |
Tempo
Total |
Ritmo qm. |
| Jose A. Abuín |
17º |
VET.A 12º |
26:58 |
3:30 |
| Karina Callón |
392ª |
VET.A 7ª |
36:02 |
4:41 |
Ciclocross Castelo de Maceda
 Maceda acolleu a derradeira proba galega da tempada de ciclocross, e os representantes do noso club voltaron a ter unha boa actuación subindo ó podium por parte de Daniel López 2º en Cadetes e de Brais Chas en 2º sub23.
- Elite-Sub23: Alejandro Mesías 7º, Brais Chas 9º, Alvaro Rey 12º.
- Cadetes1-Infantís2: Jon Ander Tomé 6º, Diego González 14º, Pedro Alvarez 20º.
- Xuvenís-Cadetes2: Daniel López 2º.
- Féminas: Tania Villasuso 4ª, Lorena Sanín 5ª.
- Máster 30: Vicente Alló 4º, David Gestal 14º.
- Máster40: Javier Casanova 8º, Julio Brandariz 10º, Manuel Segade 11º.
Campionatos Galegos Ciclocross 2011 Santiago.
 Tres corredores do CCCambre-Caeiro subiron ó podium nos Campionatos Galegos de Ciclocross, Tania Villasuso con un segundo posto en féminas junior e dóus terceiros postos con Pedro Dapena en máster30 e de Lorena Sanín en féminas junior.
A proba disputouse na Granxa do Xesto en Santiago e foi organizada polo C.C.Compostelano.
O resto de resultados do club foron:
- Elite: Alejandro Mesías 4º.
- Sub23: Brais Chas 4º.
- Cadetes: Jon Ander Tomé 4º, Pedro Alvarez 13º.
- Xuvenís: Daniel López 4º.
- Xuvenís Féminas: Tania Villasuso 2ª, Lorena Sanín 3ª.
- Máster 30: Pedro Dapena 3º, Martín Neira 18º, David Gestal 21º.
- Máster40: Juán Romero 10º, Javier Casanova 11º, Julio Brandariz 13.
Trofeo Vila de Porriño Ciclocross
 Esta mañana se disputaba el 35ºTrofeo Vila de Porriño en el mítico velodromo de esta localidad, con los siguientes resultados por parte de nuestros corredores:
- Cadetes: Jon Ander Tomé 4º, Pedro Alvarez 17º
- Junior: Daniel López 4º
- Féminas: Lorena Sanin 8ª
- Master 30: Pedro Dapena 4º, Pablo Valcarcel 8º, Vicente Alló 14º, David Gestal 18º, Martín Neira 26º
- Master 40: Javier Casanova 19º y Julio Cela 20º
- Elite Sub-23: Alvaro Rey 6º, Alejandro Mesías 7º y Brais Chas 9º
Enhorabuena a tod@s.
La próxima cita será el Campeonato Gallego el sábado 24 de diciembre en Santiago.
Carreira Solidaria Lugo Monumental
18 Decembro.
 Disputouse en Lugo a 10ª edición da Carreira Solidaria Lugo Monumental sobre unha distancia de 10qm e cunha participación de case 1500 corredores. O día bastante frío e con néboa non botou para atrás ós tres participantes do C.C.Cambre: Manuel, Karina e Jose.
O percorrido non foi precisamente chan e rematou diante do concello de Lugo non sen antes dar unha espectacular volta por enriba da muralla.
|
Nome |
Posto
Xeral |
Posto Categoría |
Tempo
Total |
Ritmo qm. |
| Jose A. Abuín |
74 |
29 |
35:56 |
3:43 |
| Manuel Segade |
634 |
276 |
44:37 |
4:41 |
| Karina Callón |
958 |
24 |
50:04 |
5:14 |
Callos Clasic 2011
18 Decembro.
 Con este suxerente nome montaron unha kedada BTT algúns compoñentes do CC Arteixo MB3, encabezados por Suso Bao, sempre argallando algo que facer polos montes da comarca.
O asunto era concentrarse donde a antiga Quintena, preto da fonte das Paxariñas e sair segundo eles dicían, paseando polo monte ata Orro, para degustar uns callos no Restaurante O Sombreiro e voltar para Coruña.
Así de sinxelo, sen necesidade de máis gaitas, fomos 29 BTTeiros os que ás 9:30 da mañán despois da foto de grupo de rigor, nos puxemos a andar cara á universidade para tomar contacto coa terra e subir ata o Castro de Elviña.... [ Máis ]
Trofeo Horacio Barros, Mosende Ciclocross
 Mosende acolleu a segunda proba do calendario galego de ciclocross, e ata alí desprazouse unha boa representación do Cambre-Caeiro que ademáis volveron a acadar un 3º posto en cadetes con Jon Ander Tomé e outro 3º posto en máster 30 con Vicente Alló. Clasificacións do club:
- Cadetes: 3º Jon Ander.
- Feminas: 8º Lorena Sanín.
- Junior: 8º Daniel López.
- Master30: 3º Vicente Alló, 4º Pedro Dapena, 20º David Perille, 23º David Gestal.
- Master40: 12º Javier Casanova.
- Elite-sub23: 5º Brais Chas, 7º Alejandro Mesías, 12º Alvaro Rey.
G.P. Concello de Boiro Ciclocross
 Boa actuación dos nosos "chic@s" na proba inaugural da tempada de ciclocross en Galicia disputada en Boiro e na que debutamos con participación en todas as categorías, sendo o club máis numeroso. Destacando os dóus 3º postos acadados en cadetes con Jon Ander Tomé e en máster30 con Vicente Alló. Clasificacións do club:
- Cadetes: 3º Jon Ander Tomé.
- Senior: 7º Benjamin Rúa.
- Elite: 4º Brais Chas, 5º Alejandro Mesías, 9º Alvaro Rey e 18º Iván García.
- Feninas: 4ª Lorena Sanin.
- Junior: 4º Daniel López, 14º Pablo Varela.
- Master30: 3º Vicente Alló, 5º Pedro Dapena, 6º Pablo Valcarcel, 14º David Gestal, 15º Carlos Candal y 20º Martín Neira.
- Master40: 8º Javier Casanova, 9º Juán Romero, 16º Julio Cela, 19º Manuel Segade y 20º Julio Brandariz.
1ª Cross Parque dos Menhires
03 Novembro.
 Disputouse na Coruña a 1º edición do Cross Parque dos Menhires, nas inmediacións da Torre de Hércules. O marco incomparable, o circuito de herba de 2qm. era un sube e baixa, ó que se deron 4 voltas ata completar 8qm.
O día con orballo fixo que o terreo estivera bastante esbaraizo e pesado, pero foi unha experiencia agradable e dura na que as pernas acostumadas a dar pedáis sufriron menos que correndo polo asfalto.
En total participaron 190 corredores e por parte do C.C.Cambre estivo Jose, que rematou no posto 32º cun tempo de 30 min. 12 seg. a un ritmo de 3,46 min/km.
III Portomarín Trophy
27 Novembro.

Xa lle viña dando voltas á idea de probar a experiencia de asistir a unha kedada cicloturista e escollín para estrearme a Portomarín Trophy, que xa vai pola súa terceira edición e que de xeito altruista e entusiasta promoven un grupo de cicloturistas desa vila e arredores, encabezados por Esteban, alias Portobike que ten enganchado a isto do BTT a media provincia de Lugo....
[ Máis ]
XV Media Maratón Betanzos
27 Novembro.
Pois sí rapaces sí, o C.C.Cambre-Caeiro estivo representado na media maratón de Betanzos, esta mañán, por parte dos corredores de carreiras populares Jesús e Alberto.
Para os dóus era o noso estreo nunha media maratón e escollemos, según o que din os que entenden, unha das máis duras do calendario galego.
A saída, con un retraso de 35 segundos polo reloxio de Jesús, foi dende o lado do campo de fútbol García Hermanos...
[ Máis ]
VII Carreira Popular de Vedra
27 Novembro.

Nunha fría mañá disputouse a 7ª edición da Carreira Popular de Vedra, na se deron cita 380 corredores de toda Galicia e representando o C.C.Cambre estivo Jose.
O percorrido foi de 7,3qm. cun contínuo sube-baixa e abondosas curvas. O nivel medio bantante alto como o demostra que 120 corredores baixaron de 4min/qm. A organización a pesar dos poucos recursos estivo a un gran nivel.
Ó final eu rematei no posto 48 cun tempo de 27min. 6seg. a 3,42min/qm.
1º Trofeo Ciclocross Villa de LLanes

Este domingo desprazámonos a terras asturianas para disputar o I Trofeo Ciclocross Villa de LLanes, onde acadamos dóus podiums, con Jon Ander Tomé 3º en cadetes e con Brais Chas en 2º sub23.
Clasificacións:
Cadetes: Jon Ander Tome 3º
Master 40: Juan Romero 16º, Javier Casanova 21º
Master 30: Pedro Dapena 5º, Carlos Candal 21º
Elite: Alejandro Mesias 5º, Alvaro Rey 18º
Sub 23: Brais Chas 2º
ROTEIRO BTT TERRA DAS MARIÑAS 2011

O domingo 23 de outubro rematamos o longo proceso que comezamos alá polo mes de febreiro, para elaborar e sacar adiante o VII Roteiro / II Maratón BTT Terra das Mariñas.
Ahora nun só día deberiamos comprobar o resultado do noso traballo e abofé que non se pode dicir que o comenzo fose un camiño de rosas, xa que despois de varios meses con tempo de verán, sol e calor, xusto este domingo tiña que aparecer o primeiro temporal do outono para alegrarnos a festa. [ Máis ]
Carreira Pedestre Popular Camiño de Santiago 2011
30 Outubro.
Sobre unha distancia de 12qm. disputouse a xa tradicional carreira pedestre de Santiago, nesta ocasión con 3.443 participantes. O circuito fermoso e duro recorreu gran parte de Compostela, rematando no espectacular marco da Praza do Obradoiro, ós pes da catedral. A destacar a fenomemal organización dun evento tan numeroso.
Por parte do C.C.Cambre estiveron facendo unha decente representación das cores do Caeiro:
| Puesto |
Nombre |
Club |
Ritmo Km. |
1341
00:55:30 |
Alberto Mendez Rodriguez |
Club Ciclista Cambre |
4:37 |
324
00:47:26 |
Jose Antonio Abuin Treus |
Club Ciclista Cambre |
3:57 |
Ciclocross Valladolid
09 Outubro.
[ Fotos ]
 O pasado domingo comezaba a tempada de ciclocrós para o noso Club coa disputa do Ciclocrós Cidade de Valladolid. Primeira toma de contacto con esta modalidade invernal na que os nosos colleitaron os seguintes resultados: Jon Ander Tome 7º en cadetes, Brais Chas 21º en elite sub-23, Pedro Dapena 10º e Carlos Candal 20º en Master 30.
Martín González Gaña a Copa Lugo en Alevíns e Roberto Chas 3º Infantís
01 Outubro.
 O Gran Premio San Froilán foi a derradeira das catro probas de que constou a Copa Lugo de ciclismo 2011. Tras as competicións da Pastoriza, Rábade e Outeiro de Rei, o podio en principiantes, alevíns e infantís estaba no aire, e o C.C.Cambre acadou dóus podiums por parte dos ciclistas Martín González 1º en alevíns e Roberto Chas 3º en infantís.
G.P. San Froilán
01 Outubro.
[ Fotos ]
 Clasificacións:
Principiantes:Iago Chas 23º, Diego Rodríguez 30º, Fabián Rodríguez 32º, Aroa Mediavilla 33º, Pablo Maceiras 35º, Daniel Rúa 37º.
Alevíns: Martín González 2º, Andrea Tomé 22º, Aitor Mediavilla 27º, Rafael Ponte 35º.
Infantís: Roberto Chas 3º, Diego Gónzalez 5º, Pedro Alvarez 6º.
Cadetes: Alexandre Rodríguez 9º, Pablo Varela 11º, Daniel Lamas 14º, Jon Ander Tomé 23º, Alberto Jeria 25º.
Xuvenís: Daniel López 2º, Florencio Regueiro 8º.
2ª Festa da Bicicleta Decathlon Oleiros
25 Setembro.
[ Fotos ]

Numerosa a resposta do CCCambre-Caeiro á convocatoria que nos fixo Decathlon Oleiros para colaborar no desenrolo da súa festa ciclista popular DECABIKE.
Alí estivemos ciclistas de todas as seccións, desde os máis pequenos ata os cicloturistas, coa misión de aportar a nosa experiencia durante o percorrido para axudar a que os participantes cumprisen as normas de tráfico e tamén para arranxar pequenas avarías ou empurrar aos ciclistas con problemas... [ Máis ]
Trofeo Festas Setembro Ponteareas
24 Setembro.
[ Fotos ]
 O pasado sábado disputouse a penúltima proba do calendario galego para escolas e cadetes en estrada. A proba tivo lugar en Ponteareas no xa tradicional circuito urbano de aproximadamente 1 Km, a o que os alevíns darían 5 voltas, os infantís 15 e os cadetes 30 voltas. Resultados do club:
Alevíns: 2º Martín González, 19º Andrea Tomé.
Infantís: 5º Pedro Álvarez, 7º Roberto Chas.
Cadetes: 4º Alexandre Rodríguez, 13º Jon Ander Tomé, 9º Carlos Alberto Jeria.
3ª Subida Nocturna Xalo en BTT
23 Setembro.
 Xa van tres anos facendo este remate de tempada BTTeira nocturna á que adoitamos asistir os que desde Abril a Setembro quedamos os mércores para percorrer os montes da comarca saíndo desde a Ponte do Burgo cando empeza a anoitecer.
Esta vez quedamos preto da torre de Celas Abuín, Dani, Fermín, Liébana, Moncho, Monky, Segade, Tomé e Pabcor, un rapaz habitual do foromtb... [ Máis ]
MiniBTT Cidade de Vigo
18 Setembro. [ Fotos ]
A fundacion Oscar Pereiro organizou una das últimas probas do calendario de MiniBTT. A proba disputouse no Parque de Castrelos, na cidade de Vigo, e nela participaron as escolas de toda Galicia. Os nosos rapaces desprazáronse ata allí e conseguiron bos resultados.
Alevíns: 6º Iago Chas, 16º Daniel Rúa.
Promesas: 10º Fabián Rodríguez, 21º Aroa Mediavilla, 22º Pablo Maceiras.
Principiantes: 17º Diego Rodríguez.
Alevíns: 26º Andrea Tomé, 28º Aitor Mediavilla.
Trofeo Festas do Cristo Porriño
17 Setembro. [ Fotos ]
Alevíns: Martín González 2º.
Infantís: Diego González 5º, Pedro Álvarez 8º.
Campionato Galego BTT Maratón Alejandro Mesías 2º, Victor Domínguez 3º
11 Setembro. [ Fotos ]
 E por fin este ano tivemos Campionto Galego de BTT Maratón, gracias ó esforzo da Peña Ciclista Bike-Estrada. A carreira tivo un percorrido duns 70qm de 2000mts. de desnivel, con salida e chegana en A Estrada. A dureza dos camiños e corredoiras era grande ó que se lle engadiu a meteoroloxía, xa todo o tempo estivo a orballar e por zonas había unha mesta néboa. A participación do club foi excelente e numerosa, destacando o 2º posto de Alejandro Mesías en Elite e o 3º posto de Víctor Domínguez den Máster 30.
O resto das clasificacións do club foron en postos dianteiros pero debido a que houbo algúns ciclistas que se trabucaron no percorrido, a clasificación final quedou adulterada.
Trofeo Virxe do Porto Escolas
11 Setembro. [ Fotos ]
Este pasado domingo celebrouse na localidade de Marín, una nova proba do calendario galego de escolas na categoría de estrada, na que o noso club tamén participou. A carreira disputouse sobre un circuito totalmente chan no peirao, e o clima deu una tregua para que se poidera disputar. Os nosos rapaces loitaron coma sempre para acadar algún posto no caixón pero nesta ocasión non oubo sorte. Clasificación do club:
Alevíns: 6º Martín González.
Infantís: 5º Diego González, 7º Roberto Chas, 12º Pedro Álvarez.
Cadetes: 7º Alexandre Rodríguez.
G.P. Concello de Cambre MiniBTT
03 Setembro. [ Fotos ]
Prevenxamíns: Iago Chas 2º, Daniel Rúa 13º, Alejandro Rey 14º.
Promesas: Fabián Rodríguez 11º, Andrés Casal 12º, Aroa Mediavilla 15º (1º fémina), Pablo Maceiras 22º.
Principiantes: Diego Rodríguez 9º.
Alevíns: Pablo Suárez 4º, Martín González 9º, Andra Tomé 20º (4º fémina),
Aitor Mediavilla 21º, Rafael Ponte 27º.
Marcha BTT Vimianzo
28 Agosto.
Como xa ven sendo habitual desde hai sete anos, os Cicloturistas e Master temos unha cita BTTeira obrigada en Vimianzo e este ano non podía ser menos, así que o sábado 27 pola tarde presentámonos alí Abuín, David, Javi, Julio, Moncho, Monky, Novás e Segade, acompañados de Ana, Carmen, Karina, María, Carlos e Lois... [ Máis ]
Trofeo Festas de Vigo, Diego González 3º en Infantís
27 Agosto. [ Fotos ]
O Club Ciclista Meixoeiro organizaou a 6ª edición desta proba para as categorías infantís, alevíns e benxamíns, nun circuito de 1qm. de longo ó que daban voltas. Clasificacións C.C.Cambre:
Infantís: Diego González 3º, Pedro Álvarez 7º.
MiniBTT Concello de Nigrán
27 Agosto. [ Fotos ]
 Clasificacións C.C.Cambre:
Prebenxamíns: Iago Chas Roel 4º, Daniel Riva Díaz 12º, Alejandro Rey Cano 18º.
Promesas: Fabián Rodríguez Fernández 7º, Andrés Casal Ares 13º, Pablo Maceiras Fernández 34º, Aroa Mediavilla Lens 1ª fémina.
Prinicipiantes: Diego Rodríguez Vilariño 16º.
Alevíns: Pablo Suárez López 9º, Martín González Díaz 10º, Aitor Mediavilla Lens 24º, Rafael Ponte Junquera 33º.
Campionatos de España Xuvenís
22 Agosto.

Os ciclistas xuvenís do C.C.Cambre Daniel López e Florencio Regueiro, foron convocados pola selección galega para disputar os Campionatos de España en estrada da categoría. A proba disputarase en Bejar (Salamanca) os días 2 e 4 de setembro.
Diego González gaña en infantís no Trofeo Vila de Luou
20 Agosto. [ Fotos ]

Resultados do club:
Alevíns: Martín Gonzalez 3º, Pablo Suárez 4º.
Infantís: Diego Gonzalez 1º.
Cadetes: Alexandre Rodriguez 14º.
Copa Lugo Outeiro de Rey
15 Agosto. [ Fotos ]
Desprazámonos ata Outeiro de Rey para disputar a terceira carreira da Copa Lugo. Nunha tarde de calor a proba celebrouse nun circuito de cars, con unha contra reloj e unha carreira americana para os infantís. Clasificacións:
Principiantes: 6º Aroa Mediavilla, 7º Iago Chas, 10º Diego Rodríguez, 11º Pablo Maceiras.
Alevíns: 3º Martín Gonzalez.
Infantís: 3º Diego Gonzalez, 5º Roberto Chas.
Marcha Perico Delgado
14 Agosto. [ Fotos ]
 A XVIII edición da Marcha Cicloturista Pedro Delgado, celebrada en Segovia o pasado 14 de Agosto, estaba adicada a ó sen dúbida mellor ciclista español de tódolos tempos, o navarro Miguel Indurain. Entre o pelotón de cicloturistas de este evento, con saída xusto a carón do Acueducto, hai que resaltar a presenza do homenaxeado Indurain, así como a do organizador Perico Delgado e Alejandro Valverde, entre outros ilustres.
Alí estábamos 6 representantes do C.C. Cambre-Caeiro: Abuín, Dani, David, Julio, Monky e Nico, que acompañamos a ciclistas de varias nacionalidades e diferntes formacións de clubes e peñas cicloturistas... [ Máis ]
G.P. do Alvariño Cambados
13 Agosto. [ Fotos ]
 Nunha tarde soleada celebrouse na vila de Cambados o 43º Gran Premio do Alvariño para escolas, cadetes e junior. O noso club desplazouse para disputar a competición,e ainda que os nosos rapaces non foron capaces de subir ao pódium, fixeron un gran papel deixandose ver sempre na cabeza do pelotón.
Principiantes: 31º Iago Chas, 38º Pablo Maceiras.
Infantís: 6º Roberto Chas, 8º Diego González.
Cadetes: 6º Daniel Lamas, 10ºAlexandre Rodríguez, 26º Pablo Varela, 38º Carlos Jeria.
Junior: 6º Daniel López, 10º Florencio Regueiro.
Daniel López Gaña o G.P. Concello de Cambre Xuvenís
06 Agosto. [ Fotos ]
 Nunha tarde de sábado ca choiva ameazando, disputouse no Polígono do Espíritu Santo o G.P. Concello de Cambre para escolas, cadetes e xuvenís. Os nosos ciclistas fixeron un gran papel en todas as categorías destacando as victorias de Daniel López en xuvenís, Martín Gonzalez en alevíns e de Andrea Tomé en féminas alevíns. Resultados do club:
Xuvenís: Daniel López 1º, Florencio Regueiro 8º.
Cadetes: Daniel Lamas 2º, Alexandre Rodríguez 6º,
Jon Ander Tomé 13º, Carlos Jeria 14º, Pablo Placer 17º, Pablo Varela 23º.
Infantís: Roberto Chas 5º, Pedro Álvarez 6º, Diego Gonzalez 7º, Samuel Catoira 20º, Fernando Liébana 24.
Alevíns: Martín González 1º, Pablo Suárez 4º, Andrea Tomé 8º (1º fémina),
Aitor Mediavilla 15º, Rafael Ponte 17º.
Principiantes: Diego Rodríguez 4º.
Promesas: Fabian Rodríguez 3º, Pablo Maceiras 5º, Iago Chas 6º, Andrés Casal 7º, Aroa Mediavilla 8º, Daniel Rúa 9º.
Adestramento Proaza Senda del Oso Estradense
24 Xullo. [ Fotos ]
 Cando arrancábamos coas nosas máquinas Brais, Julio, Marante e Monky, ollábamos como a xente se preparaba para facer a rota da Senda do Oso. Dende a área recreativa de Buyera, e seguindo a carón do río Trubia, ábrense paso unha serie de pistas compretamente chás e ciclables na antiga vía ferrea, que con unha paisaxe espectacular garantizan un día de lecer do mais aconsellable. Familias enteiras disfrutando en btts, tándems e triciclos que podían alugar alí mesmo, onde tamén tiñan piscina, merendeiro, mesas de ping-pong, chiringuito, etc. Nos comenzamola rota en dirección a Oviedo... [ Máis ]
Marcha Cicloturista Pardo de Cela Foz
23 Xullo. [ Fotos ]
 O Club Ciclista Foz organizou este ano súa XXIII edición da Marcha Cicloturista Pardo de Cela, que como ven sendo habitual percorre estradas dos concellos de Foz, Valadouro, Alfoz, Lourenzá e Mondoñedo, rematando coa subida opcional ó mirador do Pico da Lebre, curta pero con rampas moi duras que chegan a superar o 20% nalgúns treitos....
[ Máis ]
G.P. Ciclista Meixoeiro
Escolas
23 Xullo. [ Fotos ]
Carreira intensa para os nosos ciclistas o día 23 de xllo en Meixoeiro. Circuito compricado con moita subida pero ó que souberon adaptarse perfectamente acadando moi bos postos:
Alevíns: Martín Gonzalez 2º, Pablo Suaréz 3º, Andrea Tomé 18º.
Infantís: Roberto Chas 6º, Pedro Álvarez 7º.
Ramón Roel Subcampión Galego Sénior 2011
17 Xullo.
 Disputouse en Villagarcía o Campionato Galego Máster-Sénior 2011, no que Ramón Roel acadou o subcampionato galego sénior e o C.C.Cambre rematou 3º por equipos.
O
percorrido era un circuíto de 21qm. bastante esixente, pola inclusión no mesmo da subida ao monte Lobeira, a iso uníuselle a aparición da choiva que provocou algunha que outra caída. Os corredores tiveron que dar un total de 4 voltas para os máster 30, 40 e senior, e 2 os máster 50 e 60.
Saída ás 10:30 e tras dar a primeira volta co pelotón todo agrupado, na segunda xorde a escapada do día formada por dous corredores, que conseguiron unha vantaxe de 1,5 minutos sobre o pelotón. Pero a falta de dúas voltas poríanse ao choio cos corredores do Grupo Ciclista Código Atlántico e conseguiron reducir aos escapados no último paso polo alto de Lobeira, a falta duns 5 qm. para meta. Polo que a chegada decidiuse ao sprint no que se impuxo Borja Calviño por diante de Abel Gómez e Jaime Juncal.
Por parte do noso club participaron Ramón Roel , Víctor Domínguez, Jose Abuín, Martín Neira e Julio Cela, chegando todos no pelotón.
Trofeo C.C.Cangas Escolas, Martín González 2º
17 Xullo. [ Fotos ]

Clasificacións dos participantes do Club Ciclista Cambre-Caeiro:
Martín González 2º alevíns.
Andrea Tomé 18º alevíns.
Diego González 4º infantís.
Pedro Álvarez 5º infantís.
Vuelta a Zamora Elite
14, 15, 16, 17 Xullo. [ Fotos ]
Antonio Olmo (Louletano/Loulé Concelho) impúxose na XXVIII Vuelta a Zamora, onde os participantes do Cambre-Caerio acadaron os seguintes postos: Diego Maroño 46, Justo González 51, Javier García 67, Roberto Buelta 71.
Convocados Ciclistas do C.C.Cambre ca Selección Galega
12 Xullo.
Alexandre Rodríguez na categoría cadete e Roberto Chas en infantil, participarán ca selección Gallega de estrada nos Campionatos de España de Idade Escolar, do Consello Superior de Deportes, que se celebrarán en Caspe (Zaragoza) os días 15, 16 e 17 de xullo.
Tamén os corredores de BTT Alejandro Mesías e Brais Chas foron convocados para o Campionato Nacional de BTT Rallie, que se vai a disputar en Becerril de la Sierra (Madrid) os días 15, 16 e 15 de xullo.
Alexandre Rodríguez Campión Galego Cadetes
10 Xullo.
 O corredor do C.C.Cambre-Renault Caeiro Alexandre Rodríguez proclamouse brilantemente novo campión galego de fondo en estrada 2011 na categoría cadetes. A proba disputada en Marín sobre un percorrido de 56 qm. protagonizóuna Alexandre, que conseguiu distanciarse do pelotón nas primeiras estribacións do Alto de Couso, os intentos por collelo por parte do pelotón perseguidor non tiveron éxito e chegou en solitario á liña de meta.
Cabe destacar tamén o 4º posto de Dani López e o 6º de Florencio Regueiro en xuvenís, nuns campionatos galegos de fondo en estrada para cadetes e xuvenís organizados polo C.C.Marín que destacaron pola gran presencia de público.
Alejandro Mesías 2º BTT Castelo de Maceda
09 Xullo.
Novamente os corredores de BTT do Cambre suben ó podium, esta vez en Maceda con un 2º posto de Alejandro Mesías en elite e en máster 30 o 2º Victor Domínguez e o 3º de Pedro Dapena. O resto de resultados foron:
Elite: Alejandro Mesías 2º, Brais Chas 10º (5º sub23), Alvaro Rey 12º, Alejandro Sánchez 13º.
Máster30: Víctor Domínguez 2º, Pedro Dapena 3º, Manuel Pedre 19º.
Máster40: Manuel Segade 18º, Javier Casanova 22º.
Adolfo Vicente Gaña a Volta a Cancienes
04 Xullo.
 Adolfo Vicente Domínguez do C.C.Cambre-Caeiro, impúxose na 53ª Volta Ciclista a Cancienes, unha das probas con máis arraigamento a nivel nacional en categoría elite-sub23 e que conta coa organización da Pena Ciclista Roxín e a colaboración do Concello de Corvera. Ademais da vitoria, Adolfo tamén levou o premio de montaña.
A proba iniciouse en Cancienes coa participación de algo máis de 100 ciclistas, pertencentes a dez equipos.
O percorrido transcorreu polo concello corverano, con saída e chegada en Cancienes, pasando polos Campos, Trasona, Tabaza e Montegrande, punto máis alto e onde se sitúa o G.P. da Montaña. Un circuíto de 17,5 quilómetros ao que se deron 6 voltas para completar os 105 quilómetros dos que constou a volta.
Marcha BTT Entre Dúas Rías
03 Xullo. [ Fotos ]
 Coma en anteriores ediccions, hata Mugardos deplazámonos Vicente máis Alberto e cando chegamos alí atopámonoss co pro Alvaro na saída. A ruta este ano transcurría por os camiños habituais e como teñen por costume un ano fan Ares-Mugardos e outro Mugardos-Ares. Coma ben dixo Vicentuco no medio da ruta, se define en dúas palabras MOI EXIXENTE E PRECIOSA.
Despóis de non montar na de roda ancha dende xaneiro a cousa foinos bastante ben e a verdade e que disfrutamos coma ananos porque a ruta non é para menos, eso si ten uns repeitos que dan medo e unha cantidade de polvo que cando chegamos ás duchas parecíamos uns negritos, pero bueno mereciu a pena. En total 50 qm moi pero que moi técnicos e bastante durechos sobre todo si vas con un tolo que o único que quere e rodar na cabeza da marcha con todos os pros.
Adolfo Vicente Campión Galego 2011 BTT Sub23
02 Xullo. [ Fotos ]
 Entre os primeiros campións do ciclismo galego do 2011 que subiron ao podium no monte do Con (Sanxenxo) destacan dous compoñentes do Club Ciclista Cambre Caeiro. Así, nunha proba na que participaron máis de 170 ciclistas, o que supón un record nos últimos anos, Adolfo Vicente proclamouse Campión Galego de BTT na categoría Sub 23. Pola súa banda Alejandro Mesías conseguiu a medalla de bronce na categoría Elite.
Sen ningunha dúbida estes éxitos supoñen a confirmación de que no equipo Cambre Caeiro estase facendo un gran traballo coas diferentes seccións.
Resultados do club:
Elite: Alejandro Mesías 3º, Diego Maroño 5º, Alejandro Sánchez 13º.
Sub23: Adolfo Vicente 1º, Brais Chas 5º.
Cadete: Jon Ander Tomé 6º, Alexander Rodríguez 7º, Carlos Jeria 8º, Pablo Varela 9º.
Máster 30: Vícto Domíguez 5º, Pedro Dapena 6º, Manuel Pedre 21º, David Gestal 37º, Pablo Valcarcel 44º.
Máster 40: Manuel Segade 25º, Javier Casanova 31º.
Senior: Luciano Carretero 4º.
Marcha Cuenca de Navia
26 Xuño. [ Fotos ]
 Esta marcha organizada pola Sección Deportiva Reny Picot, ven sendo unha das habituais do calendario de estrada dos cicloturistas do CCCambe-Caeiro e como non podía ser menos este ano, alí nos presentamos Abuín, Julio, Marante, Moncho, Monky e Segade. Tamén estiveron Ana, María, Lois e Carlos que fixeron un bo traballo de asistencia dadas as especiais condicións meteorolóxicas do día.... [ Máis ]
Trofeo San Xuan Escolas Cadetes
25 Xuño. [ Fotos ]
 Este sábado pasado, ademáis de facer unha fortísima calor, celebrouse na localidade de Carballo outra proba máis do calendario galego de ciclismo para escolas e cadetes. O noso club acadou bos resultados, estando presente en todos os pódiums da categoría de escolas por parte de Diego (2º en principiantes), Pablo (2º en alevíns) e Roberto (3º en infantís).
Principiantes: 2º Diego Rodríguez, 11º Pablo Maceiras.
Alevíns: 2º Pablo Suárez, 5º Martín González, 17º Andrea Tomé, 18º Rafael Ponte.
Infantís: 3º Roberto Chas, 7º Diego González.
Cadetes: 8º Alexandre Rodriguez, 11º Pablo Placer, 13º Jon Ander Tomé, 14º Pablo Varela.
Victor Domínguez Gaña en Master 30 no Trofeo BTT Decathlon Oleiros
25 Xuño. [ Fotos ]

Nas inmediacións da praia de Bastiagueiro de Oleiros celebrouse o 1º Trofeo BTT Decathlon Oleiros, o día moi caluroso e o percorrido cun contínuo sube e baixa por carreiros fixeron estragos en moitos corredores. Con todo os representantes do Cambre tiveron unha destacada actuación destacando o 1º posto de Victor Domínguez en máster 30 o 2º de Alejandro Mesías en elite e o 3º de Luciano Carretero en senior.
Resultados do club:
Máster 30: Víctor Domínguez 1º, Pedro Dapena 4º, Manuel Pedre 7º, Juan Carlos Candal 13º, David Gestal 25º.
Máster 40: José Ramón López 8º, Manuel Segade 13º.
Senior: Luciano Carretero 3º.
Elite: Alejandro Mesías 2º, Brais Chas 5º (2ºsub23), Daniel Gómez 7º, Diego Maroño 10º, Alejandro Sánchez 13º.
Trofeo San Juan Diego Maroño 2º
24 Xuño.
 Disputouse en León o tradicional Trofeo San Juan para a categoría élite-sub 23, nun circuito urbán de 36 km., con moitos xiros e contínuos cambios de ritmo, donde Diego Maroño do Cambre-Caeiro logrou o 2º posto nun esprint co corredor arxentino do Ciudad de Oviedo
Nacho Pérez, quen a falta de 8 km. para o final, lanzou un ataque ó que so puido responder, Moroño.
2ª Mostra Intercultural Solidaria Cambre 2011
18, 19 Xuño.
 O CCCambre – Renault Caeiro estivo presente na II Mostra Intercultural Solidaria que se celebrou os días 18 e 19 de xuño na polideportiva do Graxal.
Como entidade deportiva que temos como obxectivo principal manter ocupados facendo deporte a nenos, xóvenes e maiores, ademáis de levar o nome de Cambre por todo o estado español, acudimos sempre gustosamente a este tipo de eventos, para amosar de xeito sinxelo e moi gráfico o que facemos, mediante unha completa exposición fotográfica de todas as seccións do club, memorias de actividade anual e tamén algunhas das bicicletas que veñen sendo os nosos instrumentos principais de traballo ao longo do ano... [ Máis ]
Convocatoira Campionatos de España Ciclismo
12 Xuño.
Os corredores do Club Ciclista Cambre-Caeiro, Adolfo Vicente e Oscar González, foron covocados polo seleccionador galego para disputar o Campionato de España Sub23 que se vai a disputar entre os días 23 e 25 de xuño en Castellón.
Volta a Valdeorras 2011
12 Xuño.
Magnífica organización da XIII edición da Volta a Valdeorras, que se celebrou nun día cunha expléndida temperatura para o ciclismo e cunha participación de 280 corredores, destacando a presencia do ex-Xacobeo Gustavo Cesar Veloso.
O percorrido partindo dende O Barco, foi prácticamente chan nos primeiros 37qm. ata chegar a Quiroga onde empezaba a dura subida ó Alto da Moá de 9qm. cun desnivel de 700mts. Logo baixada ata Pobla de Trives, subida ó Alto da Hermida, pasando por A Rúa, e chegada ó Barco. Facendo así 114qm. en total.
Estes foron o postos do club:
José Abuín 8º, Daniel Gómez 31º, José R. López 50º, Fernándo Paz 64º, Jesús López 142º.
Copa de Lugo Concello de Rábade Martín González 1º Alevíns
11 Xuño. [ Fotos ]

Este pasado sábado celebbrouse na localidade lucense de Rábade, a segunda proba da Copa de Lugo, na que competiron as escolas de ciclismo de Galicia. A nosa escola desprazouse ata a carreira e conseguiu uns bos resultados, destacando a victoria de Martín en alevíns e o segundo posto de Diego en principiantes.
Principiantes: 2º Diego Rodriguez, 16º Iago Chas.
Alevíns: 1º Martín González, 5º Pablo Suárez, 10º Andrea Tomé, 13º Aitor Mediavilla, 24º Rafael Ponte.
Infantís: 8º Roberto Chas, 11º Pedro Álvarez.
G.P Concello de Cambre BTT Brais Chas 3º e Vítor Domínguez 2º
28 Maio. [ Fotos ]
 Boa actuación do BTTeiros do C.C.Cambre na carrreira na que xogaban na casa. Nunha tarde de sábado bastante calurosa dispuouse a proba no xa clásico circuito de Cambre. Os resultados do club foron:
Senior: Luciano Carretero 4º.
Cadetes: Jon Ander Tomé 5º, Daniel Lamas 6º, Pablo Varela 9º, Alexandre Rodríguez 10º.
Elite: Brais Chas 3º (1º sub23), Álvaro Rey 9º, Alejandro Sánchez 10º, Alejandor Mesías 12º, Lucas Freire 14º.
Xuvenís: Daniel López 4º.
Máster 30: Víctor Domíguez 2º, Manuel Pedre 9º, Pedro Dapena 12º, Carlos Candal 19º, Martín Neira 24º, Juán Romero 27º.
Máster 40: Manuel Segade 16º, J.M. Tomé 19º.
Clásica Lagos de Covadonga 2011
22 Maio. [ Fotos ]
 O sábado 21 de Maio celebrouse a Clásica Lagos de Covadonga, evento cicloturista de estrada no que a todo ciclista lle apetece participar polo menos unha vez na vida.
Unha boa parte dos cicloturistas do CCCambre-Caeiro pasan case todo o inverno e metade da primavera adestrando duro para participar dignamente nesta proba, que aínda non sendo oficialmente competitiva, na práctica resulta que sí...e moito. Ademáis, asistir ós Lagos significa tamén un bo esforzo físico e económico, xa que a viaxe é longa e pesada e para disfrutar un pouco da natureza e do resto das cousas que nos brinda Asturies hai que pasar alí dúas noites, co conseguinte gasto que isto supón.
[ Máis ]
O C.C.Cambre Remata 2º Por Equipos Na Transgalaica 2011
17 Maio.
No día das letras galegas disputouse en Sansenxo a derradeira proba da Transgalaica 2011. O circuto galego de BTT maratón estivo dividido este ano en 3 probas, nas que os diferentes representantes do noso club en case todas as categorías, acadaron ó final un gran 2º posto por equipos.
Mini BTT Montes de Coruxo
15 Maio. [ Fotos ]
 Comenzou a tempada das escolas de BTT coa disputa este pasado domingo do II Trofeo Montes de Coruxo, preto de Vigo. Foi una mañá moi soleada e calurosa onde as escolas de toda Galicia se xuntaron, competiron, e o mais importante, os rapaces o pasaron moi ben. A nosa escola consegiu moi bos resultados, destacando os pódiums acadados por Iago, Aroa e Andrea. Ao final da proba o Club Ciclista Coruxo convidou a todos os asistentes á proba a un xantar nunha carpa amenizada con un grupo musical, dende aquí queremos darlle as gracias.
Resultados do noso club:
Prebenxamíns: 2º Iago Chas, 11º Daniel Rua.
Promesas: 8º Fabian Rodríguez, 9º Aroa Mediavilla (1ªfémina).
Principiantes: 21º Diego Rodríguez.
Alevíns: 17º Andrea Tomé (2ª fémina), 29º Aitor Mediavilla, 39º Rafael Ponte.
Alexandre Rodríguez Gaña en Boiro
14 Maio. [ Fotos ]
 Este sábado, día 14 de Maio, celebrouse unha carreira máis do calendario galego de escolas e cadetes, nesta ocasión na localidade de Boiro e organizada polo Club Ciclista Barbanza. O noso club desplazou una parte dos nosos corredores que conseguiron moi bos resultados, destacando o 2º posto de Martín en alevíns e sobre todo a gran victoria de Alexandre en cadetes, nunha proba de 51Kms en estrada. Clasificacións do club:
Alevíns: 2º Martín González, 4º Pablo Suárez.
Infantís: 4º Roberto Chas, 5º Pedro Álvarez, 9º Diego González.
Cadetes: 1º Alexandre Rodríguez, 7º Jon Ander Tomé, 8º Pablo Varela, 13º Daniel Lamas, 15º Carlos Jeria, 16º Pablo Placer.
Volta ás Mariñas Estrada
08 Maio. [ Fotos ]
O domingo disputouse a 17ª edición da Volta ás Mariñas de estrada, tamén chamada a "rompepernas", proba organizada con éxito polo C.C.Riazor. Este ano tratábase da edición máis dura das realizadas ata agora, con 120 qm. de percorrido, unha ascendión acumulada de 2.326 mts, e con varias ramplas superando o 20%, a todo isto sumouse a choiva e o forte vento. A pesares de todo presentáronse na liña de saída sobre 150 ciclistas de toda Galicia, dos cales 8 corredores eran do noso club, que ademáis lograron rematar con éxito.
Este foi a orde de paso polo Monte Xalo:
José A. Abuín 2º (3h 24' 5''), Daniel Gómez 5º (3h 24' 55''), David Gestal 12º (3h 34' 19'', Iván Joglar 51º (3h 54' 43''), Nicolas Amor 69º (4h 1' 52'').
Xuvenís en Teo e Rois
07, 08 Maio.
Fin de semana intenso para os xuvenís do club, ca disputa o Sábado do 2º Circuito Teense, onde Florencio Regueiro foi 3º e Daniel López 4º. Logo o domingo disputouse o Trofeo San Isidro en Rois onde Daniel López rematou no 6º posto.
Gran Premio Deputación de Pontevedra Estrada
07 Maio.
O sábado pola tarde disputouse en Porriño o G.P. Deputación de Pontevedra, segunda proba da tempada galega. O percorrido foi de 134 qm con tres subidas ó Alto de Abelenda e cruzando os concellos de Salceda de Caselas, Tui e Porriño. A proba contou ca participanción dos cinco equipos galegos máis formacións portuguesas e asturianas. Por parte do C.C.Cambre estas foron ás clasificacións:
Vicente Alló 17º, Javier García 22º, Ramón García 25º, Adolfo Vicente 27º, Diego Maroño 32º, J. Fco. Mourón 40º,
Busto González 45º, Rubén Gálvez 52º, Adán Fra 70º.
Trofeo Concello de Gondomar BTT
07 Maio. [ Fotos ]
Disputouse en Gondomar unha proba máis do calendario gallego de BTT organizada polo C.C.Bici Verde. O percorrido duro e con algún salto espectacular, onde a climatoloxía tamén acompañou.
Elite-Sub23: Brais Chas 5º (3ºsub23), Álvaro Rey 10º, Alejandro Mesías 11º.
Master 30: Pedro Dapena 13º, Manuel Pedre 14º.
Master 40: J. Ramón López 11º, Manuel Segade 15º.
Trofeo Concello Santiago Escolas Cadetes
07Maio. [ Fotos ]
 Nunha mañá bastante pasada por auga, celebrouse o 13º Trofeo Concello de Santiago, na que o noso club desprazou a case a totalidade dos equipos das escolas e dos cadetes. Os principiantes participaron nunha gincana que tivo que ser suspendida por mor da climatoloxía, mentras que as outras categorías daban voltas a o clásico circuito de San Lazaro. Hai que destacar na categoría alevín o 2º posto de Martín e o terceiro de Pablo.
Cadetes: Alexandre Rodríguez 4º, Pablo Varela 8º, Daniel Lamas 9º, Pablo Placer 12º.
Infantís: Diego González 4º, Roberto Chas 5º, Pedro Álvarez 7º.
Alevíns: Martín González 2º, Pablo Suárez 3º, Andrea Tomé 25º, Rafael Ponte 30º.
Principiantes: Diego Rodríguez 14º, Aroa Mediavilla 23º, Iago Chas 24º.
Trofeo Vila de Louro Escolas-Cadetes
01Maio. [ Fotos ]
 Como cada ano, o un de Maio significa que comenza a tempada de ciclismo en Galicia para as escolas e cadetes. O noso club foi a localidade de Porriño con una representación para disputar o 33 Trofeo Vila de Louro. Os infantís tiveron que dar 10 voltas á pista de ciclismo de Torneiros, mentras que os cadetes fixeron unha proba por eliminación na mesma pista. Clasificacións:
Infantís:
5º Roberto Chas.
Cadetes: 8º Pablo Placer,
9º Daniel Lamas,
10º Alexandre Rodriguez,
15º Jon Ander Tome,
19º Carlos Alberto Jeria,
24º Pablo Varela
.
Marcha BTT Os Esfola Arrós Brion
17 Abril.
 Comentarvos un pouco como foi a marcha de hoxe de Brión, para se algún non a coñecía ou non sabía nada dela, que se anime para a próxima. Nós disfrutámola José e Fernando e había outro máis do club que só vimos na saída. Un saudo para el.
Bueno, o tempo estupendo, igual que en Cambre imaxino e o trazado ben marcado (difícil perderse), por pistas amplas na súa maioría, algunha trialeira estreita e cun desnivel "curioso", co único problema de que o tempo nestas datas deixounos os camiños moi secos, polo que o pó tiñeunos o corpo e a roupa de marrón. Moi boa organización.
Bueno, imos ó turrón. Os primeiros qmts acarón do río, con fresco e sen problemas e despois do primeiro avituallamento no qmt 10 (líquido e froita), empezou o camiño a poñerse costa arriba, por pistas amplas e de bo firme, sen problemas. Despois unha trialeria duns 200 mts para volver a subir outra vez ata o qmt 18 donde estaba o segundo avituallamento (liquidos, froita e barritas) e a partir de aquí subida forte e continua, na que a pedra solta dificultaba en parte o ascenso (entre isto e o sol deixounos temblando), ata o qmt 23, cota máis alta da marcha, donde estaba o terceiro avituallamento con sólidos e líquidos varios. Despois unha trialeira non moi esixente e un descenso para disfrutar, subidas e baixadas continuas e para rematar "unha trialeira das que se disfrutan" seguida dunha baixada rápida e divertida. VAMOS, PARA REPETIR A MARCHA!!!.
Para ducharse, dous sitios sen aglomeracións e reparto de un montón de agasallos.
|