Arquivo Novas

Seguro Licencia Ciclista 2016

De conformidade co previsto nos nosos Estatutos e co acordado na última Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 18 de novembro de 2011, convoco eleccións á Presidencia do Club Ciclista Cambre.

Convocadas eleccións no día de hoxe, 23 de setembro de 2015, queda publicada tamén no local social do club, a lista co Censo Electoral (listado de electores e elixibles). Serán electores e elixibles todos os socios de número que se encontren ó corrente de pago das cotas sociais establecidas. Establécese un
prazo de 7 días hábiles, ata o 30 de setembro de 2015, para presentar calquera reclamación sobre o censo (mediante mail a admcccambre@hotmail.com) . Resoltas estas reclamaciones e firme o Censo Electoral, non se poderán realizar impugnacións de ningún tipo referidas ó mesmo.

O prazo para presentar candidaturas será dende o día 1 de outubro ata o día 30 do mesmo mes. Para poder presentar unha candidatura a Presidente, débese formar parte do Censo Electoral. As candidaturas a Presidente incluirán tamén os compoñentes da súa primeira Xunta Directiva; ésta deberá incluir en todo
caso un secretario e un tesoureiro. Poderáse facer a comunicación da candidatura mediante escrito dirixido á actual Directiva (envío postal ó domicilio social do club ou mediante mail a admcccambre@hotmail.com ), quen procederá a súa publicación na páxina web do club, para poñela en coñecemento de todos os membros do club.

As eleccións terán lugar o venres 6 de novembro de 2015, na Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará en primeira convocatoria ás 20.00h e, en segunda convocatoria, ás 20.30h, no salón de actos do centro socio-cultural da Barcala, Urb. A Barcala, Cambre.

No caso de existir unha soa candidatura, non será preciso celebrar votacións, proclamándose Presidente o candidato único o día fixado para a votación.
Dende este mesmo momento, a Xunta Directiva actual exercerá os seus cargos en funcións ata a elección do novo Presidente. As accións da Xunta Directiva estarán limitadas ós actos necesarios e imprescindibles para o mantemento das actividades normais do club e ó cumprimento das obrigas económicas do mesmo.

En Cambre, a 23 de setembro de 2015
O Presidente
Antonio Carrodeguas Barbosa

minibtt-tuy2015O comezo do curso escolar fíxose notar na carreira celebrada o pasado sábado 19 de setembro en A Macoca, Tui (Pontevedra), con un total de 144 participantes cando noutras probas ten chegado a 250 corredores.

Ainda que inicialmente esta proba non foi calendada no marco do Open Galego de Mini BTT, o certo é que xa vai pola cuarta edición, sendo a formación Avanza A.D. a encargada da súa organización, que coma en anos anteriores escolleu as inmediacións do Monte Aloia (lugar moi recomendable para os amantes do sendeirismo), sendo o circuito similar as oturas edicións: zig-zag no campo de fútbol para logo saír a zona de monte e regresar de novo ó campo de fútbol.

Os corredores do Club Ciclista Cambre xa nos teñen amosado que son grandes deportistas, pero nesta ocasión superáronse acadando todos eles podio:

Promesas: Xian Quintela 5º.

Principiantes: Tomás Pombo 2º; Hugo Gómez 4º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 2º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 1ª.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Excelente carreira, moi bo traballo rapaces!!

volta galicia 2015Os vindeiros días 18, 19 e 20 os nosos corredores do Equipo Élite competirán na magnífica proba da XIV Volta a Galicia. A primeira etapa será en Lugo-Lugo, a segunda Esgos-Manzaneda e a derradeira Pontevedra-Pontevedra, serán tres días de competición espectaculares. (consultar libro de ruta en www.fgalegaciclismo.es) O noso equipo contará para esta proba coa alineación de Jon Ander, David Montero, Diego Somoza, Brandon, Xusto González, Vicente Alló, Carlos Jeria e Marcos Xurado (cedido do Seguros Bilbao), baixo a dirección técnica de Tino Ares e Nico.

Previamente este martes 15 de setembro os nosos corredores estarán en Villaviciosa, onde se disputará a 79ª Edición do Circuíto Ciclista Nosa Señora del Portal, unha proba histórica dentro do calendario nacional, para a que este ano rediseñouse o circuíto por completo, dotándoo de máis subidas e menos rodador.

SORTE EQUIPO ¡¡¡

minibtt-marin2015Poucos foron os corredores do Club Ciclista Cambre que acudiron a esta cita, a decimocuarta carreira no marco do Open Galego de Mini BTT, celebrado en Chans de Xaxán, Marín (Pontevedra), o pasado domingo día 13 de setembro. As 10:00 h. estaba previsto o comezo da proba, demorándose o inicio ata pasadas as 10:30 h. debido á metereoloxía. A choiva e a néboa sumadas á baixada de temperaturas, obrigaron ó club ciclista de Marín a reducir a carreira a unha única manga para todas as categorías.

O trazado diseñado polos anfitrións, moi técnico xa de inicio, endureceuse pola auga acumulada que deu lugar a grandes lameiras, obrigando ós corredores a ser cautos enriba da bicicleta (máis de un foise ó chan). Non foi o caso dos nosos xóvenes ciclistas que fixeron unha fantástica carreira, quedando a clasificación así:

Promesas: Xian Quintela 4º.

Principiantes: Tomás Pombo 5º; Hugo Gómez 9º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 1º.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Ben feito !!

luto-cccambreToda a familia do Club Ciclista Cambre esta profundamente afectada pola traxedia acontecida en Carral na disputa do Rally da Coruña e quere transmitirlle as condolencias a todas as familias dos falecidos, varios deles de Cambre, e tamén desexamos unha pronta recuperacion de todos os feridos.

Tampouco nos queremos olvidar do piloto e copiloto do coche accidentado e damoslle moitos animos.

E chegou a proba da casa! O pasado sábado 5 de setembro, as 16:00 horas, tiña lugar a décimo terceira proba de Open Galego de Mini BTT.

A cita tiña lugar nas inmediacións do campo de fútbol Dani Mallo en Cambre, un novo enclave próximo tamén á pista de Skate do concello de Cambre na que mais de un cativo disfrutou lanzándose coas bicicletas polas “rampas” e demais obstáculos.

O trazado diseñado polo veterano entrenador Tino Ares, dividíase en tres circuitos: pequeno, mediano e grande. Tras a saída en subida, os corredores tiñan que facer un zig-zag nunha finca anexa para logo pasar a outra finca e adentrarse nun monte de grandes eucaliptos, agás o os máis pequenos. Os Prebenxamíns daban  unha soa volta ó circuito pequeno, os Promesas unha volta ó circuito mediano, os Principiantes duas voltas tamén ó mediano, os Alevíns tres voltas ó circuito grande e os Infantís seis voltas ó grande.

Destacado papel o realizado polos xóvenes ciclistas de Cambre, que acadaron podio en case tódalas categorías, alentados por un excepcional “speaker” (Xoni) que non cesou no seu afán de facer pasar unha animada velada ao público asistente.

A clasificación dos corredores do Club Ciclista Cambre foi a seguinte:

Promesas: Xian Quintela 3º; Pablo Bocija 13º; Roberto Casal 24º; Adrián Cacheiro 25º.

Promesas Féminas: Laura Rúa 6ª.

Principiantes: Tomás Pombo 3º; Daniel Rúa 17º; Antonio Casal 24º; Manuel García 37º; Alejandro Botana 42º.

Principiantes Féminas: Marta Galiñanes 13ª.

Alevíns: Fabián Rodríguez 2º; Andrés Casal 19º; Pablo Maceiras 25º; Daniel Seoane 27º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 1ª; Sofía Alvarez 4ª.

Infantís: Javier Galiñanes 12º; Carlos Hermo 13º; David García 16º.

Infantís Féminas: Andrea García 1ª.

Fenomenal carreira. Moi bo traballo!!

O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo de Sandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 foron os ciclistas que participaron no campionato galego CRI disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández, o terceiro posto en júnior, e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.

En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un bo espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.

Campionato Galego CRI 2015c Campionato Galego CRI 2015b Campionato Galego CRI 2015a

Primeira proba organizada polo clube 2.0 Sport Team dentro do Open Galego de Mini BTT. O escenario escollido por este xoven clube foi o Parque Forestal do Vixiador, nas inmediacións de Vigo (Pontevedra). As 10:30 horas do pasado domingo 23 de agosto, daba comenzo a carreira coa categoría de prebenxamíns.

A pesares de que o tempo non invitaba a estar a intemperie (parecía que estiveramos no inverno debido a choiva e á baixada de temperaturas), os rapaces disfrutaron igualmente do circuito trazado entre centenarios árbores que permitían unha amplia visión do recorrido.

Como en outras competicións, os ciclistas do noso clube acadaron importantes posicións, conseguindo  podio nalgunhas das categorías:

Promesas: Xian Quintela 3º.

Principiantes: Tomás Pombo 5º; Hugo Gómez 6º; Vicente Alló 14º; Daniel Rúa 28º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 2º; Daniel Seoane 26º.

Bo traballo!!

minibtt-maceda2015Moi esperada esta cita en Maceda (Ourense), que concentra gran número de participantes por ser a proba que ademais do atractivo da carreira que discorre por un fantástico entorno natural á beira do rio, os corredores e acompañantes poden disfrutar dunha divertida e refrescante tarde de baño nas piscinas ao aire libre, ademais da posibilidade de acampar. Cabe destacar a fabulosa organización que sempre ofrece o Maceda C.C. que nesta ocasión superouse, ó habilitar unha finca anexa para a zona de acampada delimitando parcelas para cada clube, ofrecendo unas “veladas nocturnas “ moi marchosas!!.

A proba deu comenzo as 11 da mañá do pasado sábado día 15 de agosto, cunha agradable temperatura de 20 grados e algo de nubosidade (o que de seguro agradeceron os corredores), discurrindo polo mesmo trazado que o ano anterior

Os ciclistas cambreses fixeron unha excelente carreira en tódalas categorías dando lugar a varios pódiums, resultando a clasificación como sigue:

Promesas: Xian Quintela 3º; Pablo Bocija 13º.

Principiantes: Tomás Pombo 4º; Hugo Gómez 6º.

Principiantes Féminas: Marta Galiñanes 5ª.

Alevíns: Fabián Rodríguez 2º; Daniel Seoane 27º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 2ª; Sofía Alvarez 5ª.

Infantís: Javier Galiñanes 12º; Carlos Hermo 14º.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Disfrutamos moito con todos vos!!

A décima cita do Open Galego de Mini BTT tivo lugar o pasado sábado 8 de agosto, no Parque Pernas Peón de Viveiro (Lugo). As 16:00 horas comenzaron a competición os máis cativos, nun circuito diseñado polo Viveiro C.C, organizador da proba, conservando o trazado das anteriores edicións, agás unha pequena modificación para deleite dos saltadores.

A clasificación dos corredores do C.C. Cambre, quedou así:

Promesas: Xian Quintela 3º; Pablo Bocija 13º.

Promesas Féminas: Laura Rua 3ª.

Principiantes: Tomás Pombo 4º; Hugo Gómez 6º; Daniel Rúa 20º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 11º; Daniel Seoane 21º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 1ª; Sofía Alvarez 4ª.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Ben feito, seguide así rapaces!

 

Novena proba do Open Galego de Mini BTT, nesta ocasión organizada polo C.C. Ponteareas no habitual Parque da Visoureira en Gulans (Pontevedra). Con excelente puntualidade, a proba deu comezo as 10:30 horas, co mesmo trazado das edicións anteriores, agas unha pequena variante para as categorías Alevín e Infantil.

Os corredores do C.C.Cambre, novamente acadaron podio en case todas as categorías nas que participa, quedando así a clasificación:

Promesas: Xian Quintela 3º.

Promesas Féminas: Laura Rua 7ª.

Principiantes: Tomás Pombo 2º; Hugo Gómez 26º; Daniel Rúa 27º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 5º; Pablo Maceiras 25º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 2ª.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Moi bo traballo nen@s!!! Seguide así!!.

minibtt-sansenxo2015
E xa vamos pola octava proba do Open Galego de Mini BTT. A diferencia das edicións precedentes, o enclave elexido nesta ocasión polo C.C. Corbelo foi a Praia de Montalvo, a pouco máis de dous kilómetros de Portonovo. Como xa é habitual en horario de mañá, a proba comezou as 10:30 horas nun pinar próximo a praia, circuito moi zigzageante e longo, con estreitas zonas entre as árbores que provocaron mais de un atasco, poñendo a proba a destreza dos participantes.

Os nosos fieles ciclistas de Mini BTT novamente acadaron pódium en case todas as categorías nas que o C.C.Cambre ten representación, amosando así que os de Cambre son corredores de gran calidade. A clasificación foi a seguinte:

Promesas: Xian Quintela 3º; Adrián Cacheiro 30º.

Principiantes: Tomás Pombo 4º; Hugo Gómez 5º; Daniel Rúa 24º.

Principiantes Féminas: Marta Galiñanes 6ª.

Alevíns: Fabián Rodríguez 3º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 3ª; Sofía Alvarez 4ª.

Infantís Féminas: Andrea García 3ª.

Finalizada a proba o baño na praia foi innegociable!

Fantástico traballo nen@s!!! Continuade con ese ánimo!!.

minibtt-betanzos2015Séptima proba do Open Galego de Mini BTT organizada polo C.C. Caimanes Betanzos, que tivo lugar o pasado domingo 28 de xuño no Parque do Pasatempo de Betanzos (A Coruña). Co mesmo trazado que a edición anterior as 10:30 horas daba saída a categoría dos mais pequeniños, os prebenxamíns, nunha soleada e calurosa mañá na que facíase necesario mollarse para refrescarse.

Tras a entrega de trofeos, o club Caimanes Betanzos preparou un apetitoso churrasco para aqueles que quixeran quedarse a comer.

De novo os corredores do Club Ciclista Cambre acadaron importantes postos subindo ao podium en case todas as categorías, sendo a clasificación a seguinte:

Promesas: Xian Quintela 2º; Pablo Bocija 20º; Adrián Cacheiro 40º.

Promesas Féminas: Laura Rúa 6ª.

Principiantes: Tomás Pombo 3º; Antonio Casal 24º; Daniel Rúa 25º.

Principiantes Féminas: Marta Galiñanes 5º.

Alevíns: Fabián Rodríguez 8º; Daniel Seoane 21º; Pablo Maceiras 23º.

Alevíns Féminas: Sofía Alvarez 3ª.

Infantís Féminas: Andrea García 3ª.

Esupendo traballo nen@s!!! Seguide así!!.

minibtt-poio2015Sexta proba do Open Galego de Mini BTT organizada polo C.C. Corbelo o pasado domingo 14 de xuño, por vez primeira nas inmediacións da praia de Lourido en Poio (Pontevedra). Debido as condicións metereolóxicas , xa que o día anterior chovera, o circuito tiña zonas de bastante lameira que dificultaban o pedaleo dos xóvenes ciclistas.

Nesta ocasión, o Club Ciclista Cambre tivo representación no podium nas categorías promesa, alevín e infantil, resultando a clasificación dos nosos ciclistas como sigue:

Promesas: Xian Quintela 3º; Pablo Bocija 30º; Adrián Cacheiro 36º.

Promesas Féminas: Laura Rúa 6ª.

Principiantes: Tomás Pombo 8º; Hugo Gómez 10º.

Alevíns: Pablo Maceiras 28º.

Alevíns Féminas: Aroa Mediavilla 2ª; Sofía Alvarez 3ª.

Infantís Féminas: Andrea García 4ª.

Gran esforzo nen@s!!! A seguir loitando!!.

Marcha-BTT-UDC2015
Onte domingo 14 de xuño estivemos Alberto, David, Fran Dopico, Manu, Moncho, Nechi, Pablo Alvarez e Roberto, representando ao CCCambre-Caeiro na marcha I BTT da UDC, que conmemoraba os 25 anos da Universidade da Coruña, organizada pola sección de deportes da UDC coa colaboración do CC Abegondo.

A marcha tiña un percorrido de uns 42 qm, todos eles polo concello de Oleiros, con saída e chegada nas instalacións do INEF de Bastiagueiro.

Os organizadores prepararon un percorrido moi bonito e moi rápido, por sendeiros, camiños e pistas, con algunha zona técnica, destacando principalmente a parte costeira de Dexo ata o mesmo Seixo Branco, sobre todo polas incomparables vistas que se podían contemplar e disfrutar.

Ademáis tivemos a sorte de que a mañán tamén acompañou xa que estivo soleada e con boa temperatura para disfrutar do BTT con pouca roupa como procede nesta época do ano. A lixeira choiva da tarde do sábado máis que perxudicar,  axudou a que non houbese tanto pó como acostuma a haber no percorrido costeiro.

Moi bo o ambiente cicloturista, con máis de 200 participantes, con representación de todos os clubs da comarca e tamén xente de todo tipo de nivel ciclista, xa que o percorrido era apto para todos os públicos.

Para rematar quero darlle un aplauso aos organizadores, que con un prezo de inscripción de só 5€ montaron este gran evento cicloturista, con dous avituallamentos, bolsa de comida ao remate e regalo de unha bolsa bandoleira e unha camiseta técnica moi decente. Ademáis a posibilidade de participar indo “a tope” para chegar dos primeiros ou indo en plan tranquilo sabendo que é posible facer case todo percorrido montado na bici sen cargar con ela ao lombo, é algo que se está perdendo nas marchas cicloturistas modernas, nas que hai que ser case un superdotado para participar decentemente.

Chapó para a UDC e o CCAbegondo. Haberá que repetir en novas edicións.

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca