Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

SEGURO FEDERATIVO 2016

a) ACCIDENTE DEPORTIVO: URXENCIA

  • NEN@S ENTRE 6 E 16 ANOS

Están amparados polo plan XOGADE. Non é necesario trámite previo para acudir ós centros médicos concertados de dito plan tanto para urxencias como para atencións non urxentes

Centros médicos concertados Plan XOGADE

  • RESTO DE IDADES

No caso de urxencias (atención sanitaria, que de demorarse poda comportar un agravamento da lesión, dolor extremo ou necesidad de acudir inmediatamente no momento posterior ó accidente), sempre cando esta asistencia sexa Obxeto do Seguro, e dentro das 24 horas posteriores o accidente, deberás chamar o seguinte número 24 horas, no que se coordinará a asistencia de urxencia no centro concertado: 902.108.509

Centros médicos concertados de URXENCIAS


CONDICIÓNS XERAIS E RESTO DE ATENCIÓNS COPAGO

O deportista con licencia federativa en vigor non terá que facerse cargo dun copago de 40€ nos casos nos que a atención sanitaria, sexa consecuencia exclusivamente da práctica do ciclismo; este feito deberá de xustificarse de forma escrita á Federación Galega de Ciclismo. Para cumprir dito requisito, aceptaranse:

  1. As derivacións indicadas polo persoal médico da proba durante o desenvolvemento de eventos federados (reflectidas no acta…)
  2. Os traslados en ambulancia do deportista motivados por incidentes ocorridos durante a práctica do ciclismo.
  3. Os traslados indicados pola Central de Coordinación de Emerxencias 061 tras unha chamada por un incidente relacionado coa práctica do ciclismo.
  4. Outras derivacións médicas diferidas nos días posteriores ó incidente onde o federado deberá aportar a indicación médica por escrito, onde conste a relación entre a posible lesión e o suceso agudo durante a práctica do ciclismo. Estarán excluídas deste punto as lesións crónicas.
  5. Os partes de accidente xerados polas Forzas e Corpos de Seguridade (Garda Civil, Policía) nos que se reflicta a implicación do deportista no accidente que xerou a necesidade de asistencia sanitaria.

En calquera caso, exclúense dos anteriores supostos, todas aquelas lesións consecuencia da participación do deportista federado en eventos non federados, nos cales será responsable da totalidade da asistencia sanitaria, a compañía aseguradora contratada para dito evento.

 

b) ACCIDENTE DEPORTIVO  NON URXENTE

A continuación no seguinte enlace, pódese acceder ó protocolo completo de actuación en caso de accidente que non precise atención urxente, e ó listado completo de tódolos centros e especialistas concertados. Ler detidamente o protocolo antes de acudir ós centros.

Protocolo completo de actuación en caso de accidente (Resto de Idades)

Listado de tódolos centros médicos concertados e especialistas

 

POLIZAS:

 

 

 

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca