Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

ROTEIRO TERRA DAS MARIÑAS 2015

roteiro-terra-das-mariñas2015

Fotos:

 

Tracks:

 

Un ano máis e xa van 11, o CCCambre Caeiro organizou o evento cicloturista máis importante da comarca coruñesa, un traballo de varios meses que rematamos o pasado domingo 25 de outubro, contando coa participación de preto de 450 ciclistas chegados desde toda Galicia e tamén mesmo de Asturias, Cantabria, Barcelona ou Madrid.

Este ano tiñamos o reto de recuperar a lixeira baixa de inscritos que tivemos o ano pasado e para iso preparamos un percorrido innovador, sempre centrado no monte Xalo, pero con alternativas que ían desde os 35 qm do percorrido curto ata os 70 do longo, cunha posibilidade intermedia duns 45 qm que contentaba así a todos os participantes de todos os niveis.

Ademáis disto, incentivamos no posible a inscripción con varios sorteos de agasallos doados polas entidades colaboradoras e utilizamos todos os recursos que nos dan as redes sociais para dar a coñecer o noso evento estrela a nivel cicloturista.

O resultado foi que superamos o noso record de 410 inscritos do ano 2013 e o que é máis importante, corriximos os erros doutros anos dentro do posible, deixando así satisfeitos a inmensa meirande parte dos participantes, que é do que se trata nun evento non competitivo no que a xente se inscribe para pasar un día de lecer practicando o deporte que lle gusta, cada quen á súa maneira.

Tivemos ademáis a sorte de que amenceu un día estupendo, aínda que xa se comenta por ahí que temos ata influencia divina neste asunto, polo que non quedaba outra que dalo todo para que a xente disfrutase do día.

As 9:30 en punto puxemos a andar o longo pelotón, pero xusto antes fixemos un sinxelo acto protocolario no que homenajeamos a dous ciclistas de elite locais, Eva Castro, campioa de España de Four Cross e Pablo Torres, ciclista profesional nas filas do Burgos BH Pro Cycling Team. Estiveron presentes no acto a Concelleira de Deportes do concello de Cambre, Elisa Pestonit e o Presidente do CCCambre, Antonio Carrodeguas, ademáis doutros membros da xunta directiva e do concello. Rematamos este sinxelo acto gardando un minuto de silencio na honra de Fernando Abad, presidente do Tambre Bike, recentemente falecido practicando este precioso deporte que hoxe nos xuntou a todos e a todas.

A nivel deportivo o máis destacable foi precisamente que non houbo incidencias que destacar, os participantes disfrutaron dunha mañán solleira, cada quen no seu percorrido que na versión máis longa pasaba nada menos que polos concellos de Cambre, Culleredo, Cerceda, Laracha e Carral, case todo él por camiños e sendeiros de monte, por veces chans e secos e por veces un pouco enlamados, con dúas subidas ao mítico Xalo que puxeron a dureza que a xente espera dunha proba deste tipo e con baixadas espectaculares nas que subía a adrenalina a tope para cargar as pilas de novo.

Ao remate os participantes disfrutaron dun animado coloquio mentres recuperaban líquidos cunha cervexa ben fresquita, facendo tempo a que fosen chegando todos para dar conta dun energético xantar que como sempre nos preparou con esmero Casa Celia.

O colofón do día ciclista foi a entrega de premios aos tres clubs máis numerosos, como é tradicional no noso Roteiro, resultando gañadores os Caimanes de Betanzos con 20 participantes, seguidos do Club Deportivo el Trastero con 17 e en terceiro lugar CC Irmandiños con 13. Tamén como ven sendo tradicional agasallamos cun ramo de frores a cada unha da 10 mulleres participantes.

E aínda que o XI Roteiro non era una proba competitiva, premiamos o esforzo do primeiro participante en completar o percorrido longo, agasallo doado por Hoko-Esport, consistente nun Culot Taka que neste caso foi a parar a mans de Bruno González Pastur que invirtiu algo menos de 4 horas en facer este esixente percorrido.

Quero rematar esta crónica lembrando a todos os colaboradores que dun xeito ou doutro axudaron a levar a diante o Roteiro con éxito, pero especialmente quero agradecer e suliñar o traballo feito polos meus fieis escudeiros, Alma Mater e imprescindibles para que isto saia adiante, que son Dani Bocija, Manu Segade, Nechi, José Tomé e Iván Joglar, este ano acompañados moi  directamente por Lisi, Bochi, Alvaro, Jose Abuín e Pedre, que aportaron ideas novas e moita vontade de traballar a prol de facer un evento cada vez máis atractivo para a meirande parte dos afeccionados ao BTT.

Graciñas a todos e vémonos no XII Roteiro.

Moncho Lestegás

2 respuestas a ROTEIRO TERRA DAS MARIÑAS

Deja un comentario

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca