Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Este sábado 25 de abril tivo lugar na Finca El Cenador (Cambre) a posta de longo dos equipos de competición do C.C.Cambre-Caeiro. A escuadra cambresa afronta esta tempada, na que alcanza a maioría de idade, con representación en todas as categorías do ciclismo e cun renovado equipo Elite Sub-23. Durante este 2017, máis de 100 corredores/as lucirán a camisola amarela e negro do Cambre polas estradas españolas e portuguesas.

Acompañaron aos ciclistas neste 18º acto de presentación do club, o Excelentísimo Alcalde de Cambre, Óscar García Patiño; xunto a Roberto García, representante da Xunta de Galicia; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Luís Pereira, Xerente de Caeiro, entre outros. O presidente do Club Ciclista Cambre, Antonio Carrodeguas, expresou o seu agradecemento a todos os patrocinadores, corredores e familiares.

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca