Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

A temporada 2017 está a piques de comezar para os #ridersCambre Elite e Sub23. Un total de dezaséis corredores defenderán as cores deste conxunto por toda a xeografía española e portuguesa. Continuando coa súa filosofía de coidar a canteira, renovaron os seguintes ciclistas: Eloy Bravo, Justo González, Carlos Jeria, Jose Antonio Pardiñas, David Pérez, Alexandre Rodriguez, David Vázquez, Martín Fariña, Miguel Montero, Sergio Búa e Brandon Freire. Do equipo júnior sobe Roberto Chas e incorpóranse a este clube Eduardo Pérez, Raúl Fernández, David Seage e Luis Mariño.

O equipo combina experiencia e mocidade con ambición e modestia, e baixo a dirección deportiva de Agustín Ares están seguros que darán moito que falar este ano dentro do pelotón amateur.

O Cambre segue sentando as bases dun sólido proxecto, que inclúe todas as categorías do ciclismo, encabezado por un equipo Elite Sub-23 que ademais de ampliar o seu persoal de corredores, amplía o seu corpo técnico coa contratación de J.Carlos Candal como Team Manager.

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca