Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Por acordo da Xunta Directiva do Club Ciclista Cambre, convócase os señores socios da devandita entidade a Asemblea Xeral Anual que se vai celebrar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de A Barcala, (A Barcala – Cambre) o vindeiro día 20 de xaneiro de 2017, venres, ás 20.00 horas en primeira convocatoria, e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, co obxecto de deliberar e adoptar os acordos que procedan, segundo o seguinte orde do día:

– Apertura da Asemblea.
– Informe do Presidente.
– Lectura e aprobación das contas do exercicio 2016 (dispoñibles mediante solicitude ó mail admcccambre@hotmail.com a partir do día 10 de xaneiro de
2017).
– Lectura e aprobación do orzamento do exercicio 2016 (dispoñibles mediante solicitude ó mail admcccambre@hotmail.com a partir do día 10 de xaneiro de
2017).
– Renovación Xunta Directiva (comunicación ós socios).
– Exposición e aprobación das propostas do Presidente ou da Xunta Directiva, se é o caso.
– Exposición e aprobación das propostas formuladas polos socios, se é o caso.
– Rogos e preguntas.

Recórdase os señores socios, en relación ó dereito de asistencia e voto, o disposto no artigo 17º dos Estatutos do Club, que establece o devandito dereito para todos os socios de número (socios maiores de idade que se encontren ó corrente do pago da cota social).

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca