Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Cadetes

O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo de Sandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 foron os ciclistas que participaron no campionato galego CRI disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández, o terceiro posto en júnior, e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.

En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un bo espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.

Campionato Galego CRI 2015c Campionato Galego CRI 2015b Campionato Galego CRI 2015a

Trofeo-Ria-Marin-FeminasO sábado disputouse o I Trofeo Ría de Marín de Féminas, cuarta proba da copa de España- Cofidis, nesta proba estiveron presentes, xunto ás mellores ciclistas españolas as nosas corredoras Lorena Sanín, en Elite, e Andrea Tome 6ª en cadetes.

g-p-cidade-vigo2014Cadetes: Roberto Chas 2º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 1ª.

Elite Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Elite: Adolfo Vicente 13º.

Crónica C.C.Vigués:

Luis Mariño, del Froiz, se adjudicó el 41 Gran Premio Cidade de Vigo. El padronés mandó de principio a fin la carrera de fondo, con una fuga en solitario que inicio en la tercera vuelta al exigente circuito de O Castro, cuando quedaban todavía doce por delante; y fue segundo en la cronoescalada de 3,5 kilómetros desde la Porta do Sol, para totalizar 27 puntos.   Sigue leyendo

campionato-galego-cadetes2014Crónica F.G.C.:
Boiro foi o escenario do último Campionato de Galicia en Estrada do ano 2014, en esta ocasión para as categorías de Cadetes, Junior e Féminas coa organización do C. C Barbanza e o patrocinio do concello de Boiro. Moitismo calor e mañán agotadora para a organziación que dende as 9,30 h. ata as 15,05 mantivo a actividade competititva nas estradas do Barbanza.
A primeira das carreiras foi a de Féminas na que se xogaban o campionato nas tres categorías. O rápido ataque de Paula Sanmartín (C.C. Vigués), Chus Barros (C.C. Spol), Zaida González (C.C. O Rosal),.Irene Serrat (C.C. Vigués) e Andrea Tomé (C.C. Cambre) poñia clara a carreira, e os maillots para Paula, Chus e Andrea coma líderes en cadansúa categoría máxime cando Irene Serrat e Zaida Gonzñlez foron perdendo comba co paso dos Kilómetros. Por detrás quedou un grupo reducido para disputar as poucas medallas que quedaban en xogo.
A proba dos junior foi máis competida con alternativas na cabeza e con sorpresa ata certo punto porque Xoel Días (C.C. Compostelano) que sufrira unha caída nas primeiras pedaladas foi quen de remontar o mal momento e despois de unha boita loita entre os favoritos ó triunfo final atacóu na subida ó alto do Palleiro para coller unha ventaxe que mantivo en Espiñeira, para plantarse en solitario na meta de Boiro por diante de Jon Ander Tomé (C.C. Cambre) e Manuel Barral (C.C. Cidade de Lugo) que se adiantaron no sprint da loita polas medallas de prata e bronce.
A proba de cadetes foi a de máis calor de toda a xornada con temperaturas que alcanzaron os 35 grados. Aquí houbo un control inicial ata chegar ó alto do Palleiro, no que se produxo a primeira tentativa seria con 5 homes que se foron por diante e outros cinco que formaron un grupo de contraataque. Se embargo os homes de Marcos Serrano (E.C. Redondela) non perderon a oportunidade que lle daba a maioría numérica para levar a carreira ó seu terreo con triunfo final para Daniel Rodríguez (recente medalla de prata nos nacionales de Deporte Escolar), e escoltado no podio por dous corredores da Fundación Óscar Pereiro, Aitor Bugarían e Iñigo Rodríguez.
Clasificacións do C.C.Cambre:
– Féminas Cadetes: Andrea Tomé 1ª.
– Féminas Elite: Lorena Senín 3ª, Tania Villasuso 4ª.
– Xuvenís: Jon Ander Tomé 2º, Diego González 11º.
– Cadetes: Roberto Chas 15º.

Crónica F.G.C.:

Grandes carreiras en Marín con importante presencia de público e moi boa organización a cargo do Club Ciclista Marín. A primeira das probas tiveron coma protagonistas aos cadetes e as féminas con triunfos de Paula Sanmartín (C.C. Vigués) e Daniel Rodríguez (E. C. Redondela). A carreira Junior contaba coa participación dos Sub 20 e de novo a victoria correspondeu por partida doble á Escola de Ciclismo Redondela que presentou na recta de meta a Samuel Soto e a Cristian Mota sen oposición a pesares de que os outros equipos trataron de impedilo ó longo de unha carreira que estivo moi competida e con distintas alternativas na cabeza cos equipos do Cambre e o Vigués moi activos ó longo de toda a a xornada.

Clasificacións do club:

Cadetes: Roberto Chas 9º (1º metas voantes), Pablo Alvarez 18º.

Féminas Elite: Lorena Sanín 2ª.

Xuvenís/sub21: Alejandro Rodríguez 3º, Daniel Lamas 12º (1º metas voantes), Diego Somoza 14º.

 

Campionato Galego C.R.I. 2014Moi bos resultados do club nos Campionatos Galego do C.R.I  2014, con Adolfo Vicente 2º en elite, Lorena Sanín 2ª elite féminas, Andrea Tomé 2ª en cadete féminas e a destacar novamente a sección de xuvenís co campionato para Jon Ander Tomé e o segundo posto de Diego González.

Crónicia F.G.C:

O Campionato de Galicia de Contra-Reloxo individual celebrado en O Rosal pasará á historia por ser unha das maiores concentracións de participantes en competición do ciclismo galego e por ser, os ciclistas, os primeiros en utilizar o vial que une Goian con A Guarda, inaugurado na tarde do venres polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e tamén serán os últimos, xa que a partir do último ciclista en chegar a meta será un vial pechado á circulación de bicicletas. Espectáculo ao grande cos mellores especialistas nacionais da disciplina e catro horas e media de incertidume que deu once novos campións ao longo de toda a tarde.

Sigue leyendo

btt-castro-barbudoFonte F.G.C.:

Penúltima proba de BTT do II Circuito Deputación da Coruña e octava do Open de Galicia en Castro Barbudo (Taragoña) organizado polo club ciclista local. Moito calor e vento que dificultou as maniobras e que, engadido á dureza do circuito, fixo que aproba fose máis espectacular.
O coñecemento do percorrido dalgún dos participantes propiciou sorpresas, mesmo Mauro González (Salvaterra) mentres estivo en carreira tivo que rendirse ante o bo facer de Manuel Parada (Gomistar), vencedor absoluto da carreira con máis de tres minutos de vantaxe sobre o seu compañeiro de filas Alex Trasbach.
En outras categorías Sara Trigo (Salvaterra) e Pablo Álvarez (Cambre) vencían en cadetes mentres Samuel González (Salvaterra) se impoñía en junior. En Senior foi Brais Pérez (Ponte Vella) e en Máster o local José Miguel Eiras (Castro Barbudo) gañaba en M-30, Gómez Bestilleiro estreaba maillot do Gomistar con victoria en M-40 e Óscar Lorenzo (Bici Verde) vencía en M-50.
 
Clasificacións club:
– Cadetes: Pablo Álvarez 1º.
– Elite: Víctor Fernández 5º.
– Máter 50: Antonio Fernández 5º.

xuvenis-carballo2014Fonte La Voz de Galicia:

Jon Ander Tomé, do Club Ciclista Cambre, confirmou os prognósticos ao vencer na carreira ciclista júnior Concello de Carballo que organizou perfectamente o club local e na que tomaron parte 260 deportistas nas súas diferentes categorías.

Tras o vencedor da proba reina quedaron Joaquín Gonzalo (Bembibre-León) e Mauricio Eduardo (Bembibre). Mario Eduardo gañou a meta voante e Jon Ander, o premio da montaña. O pelotón estivo formado por 43 ciclistas, que percorreron 79 quilómetros dende Carballo, pasando por Coristanco e Rus e novamente Carballo.

Na categoría cadete, os primeiros foron Eloy Mota (Redondela), José Carlos Amil (Ponteareas) e José Roberto Chas (Cambre), entre 49 participantes, que correu 32 quilómetros. A meta voante foi para José Carlos Amil. Sigue leyendo

btt-dumbria2014Clasificacións do club:

Cadetes: Pablo Alvarez 2º, Daniel Uzal 11º.

Elite-Sub23: Víctor Fernández 7º, Alvaro Rey 17º.

Máster40: Antonio Rodríguez 15º, Manuel Segade 16º.

Máster50: Antonio Fernández 4º.

 

trofeo-esponsor2014Grande todo o equipo de cadetes encabezados pola victoria de Andrea Tomé en féminas e 2º posto de Roberto Chas no Trofeo Esponsor para escolas e cadetes disputado en Padrón.

Clasificacións do club:

– Cadetes: Roberto Chas 2º, Martín González 4º, Pablo Álvarez 6º, Andra Tomé 28º (1ª fémina).

– Infantís: Ana Rodríguez 29ª (5ª fémina).

– Alevíns: Diego Rodríguez 7º, Carlos Hermo 21º, Pablo Maceiras 23º.

Gala Deporte Base 2013O pasao día 24 de outubro celebrouse a 2ª Gala do Deporte Base da Coruña, onde o noso club foi galardoado coma o mellor club de base masculino. A continuación crónica de Aurea 5.o:

Un ambiente festivo preside la II Gala del Deporte Base de A Coruña

Aurea 5.0 y el Ayuntamiento de A Coruña organizaron esta segunda edición de los permios al deporte de base de A Coruña y consiguieron que el Centro Ágora se llenara de asistentes emoción y alegría. El alcalde del ayuntamiento herculino, Carlos Negreira, entregó uno de los galardones y clausuró el acto

A Coruña, 24 de octubre de 2013

La “II Gala Deporte Base de A Coruña” celebrada en la ciudad herculina reunió a grandes figuras del deporte de la contorna coruñesa. La fiesta del deporte de base reunió desde las 20.30 horas en el Centro Cultural para el Progreso Social “Ágora” a más de 400 personas para ver cómo se repartían 10 galardones en diferentes categorías.

Este evento, que tienen como objetivo fomentar, cuidar y hacer visibles los esfuerzos individuales y colectivos en el contexto del deporte de base y que va ya por la segunda edición, sirve como lugar de encuentro y reconocimiento a todas las personas que trabajan por y para el deporte en A Coruña. Sigue leyendo

Trofeo Concello de Oroso 2013Con podiums en todas a categorías saldouse a participación do C.C.Cambre no 1º Trofeo Concello de Oroso. A destacar o noso equipo elite-sub23 que segue a gran nivel esta tempada, esta vez Adolfo Vicente colleitou a victoria. Tamén en cadetes Diego González voltou a facer pódium cun 3º posto e en xuvenís Jon Ander Tomé tamén fixo 3º.

Crónica Federación Galega Ciclismo:
A que iba a ser derradeira carreira da tempada de estrada en Galicia para a categoría Élite e Sub 23 quedóu na penúitima por mor do aprazamento da de Porriño a causa das condicións climatolóxicas que aconsellaban a non celebración pola peligrosidade do firme. A situación mellorou algo en Sigüeiro, na primeira edición do Trofeo Concello de Oroso, patrocinada polo propio  Concello e orgaizada pola FGC, coa colaboración do C.C. Teo. Pero os ciclistas, e parte do público tamen sufriron as consecuencias do tempo. Sin embargo as carreiras celebráronse sen incidencias e con unha entrega total dos protagonistas en pos do espectáculo. Os cadetes iniciaban a competición con triunfo de Alejandro Regueiro (M.Compostela) que se impuxo con emoción a José Carlos Amil (Ponteareas) nos derradeiros metros. En féminas de novo Paula Sanmartín (Vigués) ante Míguez (Ponteareas) e Mera (M. Compostela). A carreira junior presentou alternativas en toda a competición pero ó final Portela (O Rosal) gañóu en solitario. Os Élite Sub 23 depararon un espectáculo entretenido con loita entre todos os equipos galegos.  Adolfo Vicente gañou esta carreira coa inestimable colaboración dos seus compañeiros do Cambre, especialmente Dani López nos metros finales.

Clasificacións do club:

– Cadetes: Diego González 3º, Roberto Chas 18º.

– Xuvenís: Jon Ander Tomé 3º, Alexandre Rodríguez 5º, Carlos Jeria 8º, Daniel Lama 20º.

– Féminas xuvenís: Lorena Sanín 2ª.

Impresionantes resultados para o C.C.Cambre no Díptico de Galicia ó facerse cas victorias en categoría elite con Dani López e en cadetes con Diego González, ademáis merece a pena destacar o gran nivel de todo o equipo.

O 40º G.P. Ciclista Cidade de Vigo – Díptico de Galicia disputouse nas rúas céntricas de Vigo, e ata alí desplazouse unha representación dos mellores corredores nacionáis e de Portugal para disputar esta prestixiora proba.

A categoría elite disputouse en dúas xornadas, a primeira cosistiu en unha carreira de sprints e outra de fondo de eliminación, e na segunda xornada disputouse unha cronoescalada e unha carreira de fondo, quedando no cómputo xeral dos dóus días como gañador Dani.

Mentres que os cadetes disputoron unha única xornada, onde primeiro fixeron unha cronoescalada e logo unha proba de fondo quedando como gañador final Diego cun 1º e un 2º posto respectivamente.

Diptico de Galicia 2013 EliteDiptico de Galicia 2013 Cadetes [ FotoS ElitE ]

 [ FotoS CadeteS ]

Unha boa cantidade de representantes do Cambre-Caeiro déronse cita no Trofeo Festas do Monte Santa Tegra 2013, onde disputaron duramente nas distintas categorías, dende xuvenís ata escolas e cadetes. Destacan os triunfos de dos hirmáns Tomé, Jon Ander en xuvenís e Andrea en infantís, tamén estivo no pódium novamente Lorena Sanín, nesta ocasión facendo 2ª en junior. A proba estivo organizada polo C.C.C. O Rosal e déronse cita case 200 corredores nunha boa xornada de ciclismo.

Alevíns: Diego Rodríguez 6º.

Infantís: Martín González 9º, Andrea Tomé 26ª (1ª fémina), Rafael Ponte 34º, Manuel Blanco 44º.

Cadetes: Diego González 6º, Roberto Chas 15º,

Junior: Jon Ander Tomé 1º, Alexandre Rodríguez 5º, Carlos Jeria 9º, Daniel Lamas 13º.

Junior Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Trofeo Festas Sta. Tegra Xuvenís 2013Trofeo Festas Sta. Tegra Infantís 2013[ FOTOS XUVENÍS ]

  [FOTOS CADETES-ESCOLAS ]

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca