Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Carretera

 

En el Club Ciclista Cambre ya puedes federarte para el 2017, es básico estar federado para poder salir a disfrutar del ciclismo con total tranquilidad, no pierdas tiempo saca tu licencia Cicloturista o Máster para ir a las marchas o competir si es tu caso, si tienes cualquier duda, puedes consultarnos en:
admcccambre@hotmail.com

O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo de Sandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 foron os ciclistas que participaron no campionato galego CRI disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández, o terceiro posto en júnior, e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.

En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un bo espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.

Campionato Galego CRI 2015c Campionato Galego CRI 2015b Campionato Galego CRI 2015a

Este domingo o equipo elite de estrada desprazouse ata a localidade de Markina, no País Vasco, para disputar o XXV Memorial Sabin Foruria do torneo Lehendakari. Nun día chuvioso os corredores realizaron un grandisimo papel, sendo o mais destacado Xandre Rodríguez que chegou no grupo que disputou a vitoria da proba

Memorial_Sabin_ Foruria_Markina2015Elite-Sub23_2015

Fonte: F.G.C.:
A Selección Galega Junior acada o segundo posto por detrás de Cantabria. Na primeira proba do Trofeo Federación disputado hoxe en Valladolid, a selección Galega de Ciclismo colocouse en segunda posición. O primeiro posto correspondeulle a Cantabria, en terceiro lugar está a selección Cántabra. A seguinte e definitiva proba será o 2 de maio coa disputa da Gipuzkoa Klasika. As cinco primeiras federacións clasificadas no ranking poderán levar ata 10 ciclistas nos campionatos Nacionais. O vencedor da proba foi o ciclista de Cantabria Miguel Ángel Fernández que chegou en solitario con 19 segundos de vantaxe sobre o pelotón principal.

A Selección Galega participou cos seguintes corredores:  Samuel Soto López, Diego González Barreiro e Manuel Barral Rodríguez do Ciudad de Lugo; Martín Bouzas Rey do Padronés; Jose Carlos Amil Férnandez do Club Ciclista Cambre e Víctor Fernández Alonso do Bembibre.

volta-galicia-equipo2014O Club Ciclista Cambre Renault Caeiro participará este fin de semana na Volta a Galcia 2014. A ronda consta de tres etapas en Santiago, A Coruña e Sanxenxo que con perfiles moi quebrados e xunto ó gran nivel dos participantes converten esta proba nunha das mellores voltas do calendario nacional. O noso club alineará ós seguintes corredores: Adolfo Domínguez, Justo González, Vicente Alló, Anxo Cao, Alex Rodríguez, Diego Somoza, acompañados do importante reforzo como en outras ocasións do triatleta Iván Raña. Todos eles estarán sabiamente dirixidos Tino e Nico.

g-p-cidade-vigo2014Cadetes: Roberto Chas 2º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 1ª.

Elite Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Elite: Adolfo Vicente 13º.

Crónica C.C.Vigués:

Luis Mariño, del Froiz, se adjudicó el 41 Gran Premio Cidade de Vigo. El padronés mandó de principio a fin la carrera de fondo, con una fuga en solitario que inicio en la tercera vuelta al exigente circuito de O Castro, cuando quedaban todavía doce por delante; y fue segundo en la cronoescalada de 3,5 kilómetros desde la Porta do Sol, para totalizar 27 puntos.   Sigue leyendo

g-p-milagrosa-2014Cadetes: Roberto Chas 2º, Martín González 6º, Andrea Tomé 27ª (2ª fémina).

Infantís: Rafael Ponte 15º, Ana Rodríguez 23ª.

Alevíns: Diego Rodríguez 3º, Javier Galiñanes 15º, Andrés Casal 18º, Carlos Hermo 23º, Aroa Mediavilla 25ª (3ª fémina), Pablo Maceiras 28º.

xuvenis2014Como premio á gran tempada que ven realizando, o equipo xuvenil foi invitado a participar na Clásica Premundial Junior que se disputará o vindeiro 30 de agosto na localidade guipuzcoana de Beasain.

Fonte Federación Guipuzcoana de Ciclismo:

La XXXIII Beasain Proba – IV Clásica Premundial volverá a acoger el próximo día 30 (sábado, 10.30 horas) a los mejores ciclistas del pelotón estatal. Con una participación que rondará el máximo de 200 corredores (sobre un total de 362 solicitudes de participación), está prevista la presencia de al menos 40 equipos de entre 4 y 6 unidades, incluidos todos los guipuzcoanos y también los mejores clasificados en el ranking de la Federación Española.

Bajo la organización de la Sociedad Ciclista Loinaz T.E. y la Federación Guipuzcoana de Ciclismo (GTxE), la prueba repetirá el recorrido de sus últimas ediciones, con 117,5 kilómetros y cuatro dificultades montañosas: Liernia (3ª categoría), que se subirá en dos ocasiones (km. 50 y km. 96), Atagoiti (2ª, km. 76) y Olaberria (2ª, km. 111,5), a solo seis kilómetros de la llegada, prevista sobre las 13.30 horas en la avenida de Navarra. Sigue leyendo

g-p-alvarino2014Dúas victorias en cadetes con Roberto Chas e Andrea Tomé e o segundo posto de Jon Ander Tomé en xuvenís, foron os podiums acadados polo C.C.Cambe en Cambados.

Crónica F.G.C.:

Festa ciclista en Cambados e record de participación no G.P. do Albariño con máis de 200 nenos e nenas nas ruas de Cambados. Victorias ao sprint de José Roberto Chas (C.C. Cambre) en cadetes e de Lois Rodríguez (C.C. Vigués) en Junior por diante de Jon Ander Tomé (Cambre) tamén ao sprint. Iván Muñiz en Principiantes daballe o triunfo o C. C. Barbanza.mentres en Alevins era Miguel Angel Mera (C.C. Compostelano) e en infantiles Roi (Domínguez (Fund. Öscar Pereiro). En Féminas Aida González (C.C. Maceda), Carla Fernández ( C.C. Vigués), Andrea Tomé (C.C. Cambre), Paula Sanmartín (C.C. Viguñes) e Chus Barros (C.C. Spol).

Clasificacións do club:

Alevíns: Diego Rodríguez 4º, Pablo Maceiras 35º.

Infantís: Rafael Ponte 22º, Ana Rodríguez 44ª.

Cadetes: Roberto Chas 1º, Martín González 8º, Pablo Alvarez 17º, Andrea Tomé 32ª (1ª fémina), Manuel Blanco 40º.

Xuvenís: Jon Ander Tomé 2º.

campionato-galego-cadetes2014Crónica F.G.C.:
Boiro foi o escenario do último Campionato de Galicia en Estrada do ano 2014, en esta ocasión para as categorías de Cadetes, Junior e Féminas coa organización do C. C Barbanza e o patrocinio do concello de Boiro. Moitismo calor e mañán agotadora para a organziación que dende as 9,30 h. ata as 15,05 mantivo a actividade competititva nas estradas do Barbanza.
A primeira das carreiras foi a de Féminas na que se xogaban o campionato nas tres categorías. O rápido ataque de Paula Sanmartín (C.C. Vigués), Chus Barros (C.C. Spol), Zaida González (C.C. O Rosal),.Irene Serrat (C.C. Vigués) e Andrea Tomé (C.C. Cambre) poñia clara a carreira, e os maillots para Paula, Chus e Andrea coma líderes en cadansúa categoría máxime cando Irene Serrat e Zaida Gonzñlez foron perdendo comba co paso dos Kilómetros. Por detrás quedou un grupo reducido para disputar as poucas medallas que quedaban en xogo.
A proba dos junior foi máis competida con alternativas na cabeza e con sorpresa ata certo punto porque Xoel Días (C.C. Compostelano) que sufrira unha caída nas primeiras pedaladas foi quen de remontar o mal momento e despois de unha boita loita entre os favoritos ó triunfo final atacóu na subida ó alto do Palleiro para coller unha ventaxe que mantivo en Espiñeira, para plantarse en solitario na meta de Boiro por diante de Jon Ander Tomé (C.C. Cambre) e Manuel Barral (C.C. Cidade de Lugo) que se adiantaron no sprint da loita polas medallas de prata e bronce.
A proba de cadetes foi a de máis calor de toda a xornada con temperaturas que alcanzaron os 35 grados. Aquí houbo un control inicial ata chegar ó alto do Palleiro, no que se produxo a primeira tentativa seria con 5 homes que se foron por diante e outros cinco que formaron un grupo de contraataque. Se embargo os homes de Marcos Serrano (E.C. Redondela) non perderon a oportunidade que lle daba a maioría numérica para levar a carreira ó seu terreo con triunfo final para Daniel Rodríguez (recente medalla de prata nos nacionales de Deporte Escolar), e escoltado no podio por dous corredores da Fundación Óscar Pereiro, Aitor Bugarían e Iñigo Rodríguez.
Clasificacións do C.C.Cambre:
– Féminas Cadetes: Andrea Tomé 1ª.
– Féminas Elite: Lorena Senín 3ª, Tania Villasuso 4ª.
– Xuvenís: Jon Ander Tomé 2º, Diego González 11º.
– Cadetes: Roberto Chas 15º.

Campionato Galego C.R.I. 2014Moi bos resultados do club nos Campionatos Galego do C.R.I  2014, con Adolfo Vicente 2º en elite, Lorena Sanín 2ª elite féminas, Andrea Tomé 2ª en cadete féminas e a destacar novamente a sección de xuvenís co campionato para Jon Ander Tomé e o segundo posto de Diego González.

Crónicia F.G.C:

O Campionato de Galicia de Contra-Reloxo individual celebrado en O Rosal pasará á historia por ser unha das maiores concentracións de participantes en competición do ciclismo galego e por ser, os ciclistas, os primeiros en utilizar o vial que une Goian con A Guarda, inaugurado na tarde do venres polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e tamén serán os últimos, xa que a partir do último ciclista en chegar a meta será un vial pechado á circulación de bicicletas. Espectáculo ao grande cos mellores especialistas nacionais da disciplina e catro horas e media de incertidume que deu once novos campións ao longo de toda a tarde.

Sigue leyendo

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca