Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

BTT

 

En el Club Ciclista Cambre ya puedes federarte para el 2017, es básico estar federado para poder salir a disfrutar del ciclismo con total tranquilidad, no pierdas tiempo saca tu licencia Cicloturista o Máster para ir a las marchas o competir si es tu caso, si tienes cualquier duda, puedes consultarnos en:
admcccambre@hotmail.com

Por motivos burocráticos ajenos a nuestra voluntad, no podemos mantener la fecha prevista para nuestro XII Roteiro, el día 9 de octubre, ya que no contaremos con todos los permisos correspondientes antes de esa fecha.

Para evitar perjudicar a otras marchas ya programadas para las próximas semanas, tanto federadas como no federadas, nos vemos obligados a fijar como nueva fecha el domingo 13 de Noviembre, a las 9:30 horas.

Sentimos los inconvenientes que podamos causar a los participantes ya inscritos, por lo que les ofreceremos individualmente a cada uno la posibilidad de aceptar esta nueva fecha o en caso contrario a devolverles el dinero y cancelar su inscripción. Daremos un tiempo razonable para que lo piensen, por lo que la fecha tope para solicitar la baja será el 13 de Octubre de 2016.

cartelroteiro2016_a4_p

Ya estamos aquí de nuevo, esta vez para celebrar la XII edición de nuestro Roteiro BTT Terra das Mariñas, en Cambre, el domingo 13 de Noviembre de 2016 a las 9:30 horas .

Esta vez hemos preparado un recorrido largo de 71 km, con algo de todo, zonas técnicas, subidas duras, bajadas rápidas, zonas rodadoras…y otro alternativo de 35 km para los más tranquilos.

Cada semana sortearemos interesantes regalos de nuestros colaboradores, entre todos aquellos inscritos, así que cuanto antes lo hagáis más posibilidades tendréis de ganar alguno.

Inscripciones abiertas: https://championchipnorte.com

Marcha-BTT-UDC2015
Onte domingo 14 de xuño estivemos Alberto, David, Fran Dopico, Manu, Moncho, Nechi, Pablo Alvarez e Roberto, representando ao CCCambre-Caeiro na marcha I BTT da UDC, que conmemoraba os 25 anos da Universidade da Coruña, organizada pola sección de deportes da UDC coa colaboración do CC Abegondo.

A marcha tiña un percorrido de uns 42 qm, todos eles polo concello de Oleiros, con saída e chegada nas instalacións do INEF de Bastiagueiro.

Os organizadores prepararon un percorrido moi bonito e moi rápido, por sendeiros, camiños e pistas, con algunha zona técnica, destacando principalmente a parte costeira de Dexo ata o mesmo Seixo Branco, sobre todo polas incomparables vistas que se podían contemplar e disfrutar.

Ademáis tivemos a sorte de que a mañán tamén acompañou xa que estivo soleada e con boa temperatura para disfrutar do BTT con pouca roupa como procede nesta época do ano. A lixeira choiva da tarde do sábado máis que perxudicar,  axudou a que non houbese tanto pó como acostuma a haber no percorrido costeiro.

Moi bo o ambiente cicloturista, con máis de 200 participantes, con representación de todos os clubs da comarca e tamén xente de todo tipo de nivel ciclista, xa que o percorrido era apto para todos os públicos.

Para rematar quero darlle un aplauso aos organizadores, que con un prezo de inscripción de só 5€ montaron este gran evento cicloturista, con dous avituallamentos, bolsa de comida ao remate e regalo de unha bolsa bandoleira e unha camiseta técnica moi decente. Ademáis a posibilidade de participar indo “a tope” para chegar dos primeiros ou indo en plan tranquilo sabendo que é posible facer case todo percorrido montado na bici sen cargar con ela ao lombo, é algo que se está perdendo nas marchas cicloturistas modernas, nas que hai que ser case un superdotado para participar decentemente.

Chapó para a UDC e o CCAbegondo. Haberá que repetir en novas edicións.

101peregrinos2015Desde xa hai tres anos vimos tendo representación do CCambre nesta xa mítica proba no Bierzo, que vai pola sexta edición e que está aberta tanto á competición pura, estilo Brandán Márquez que acadou unha velocidade media de case 21 qm/h gañando a proba, coma ao auténtico cicloturismo do derradeiro clasificado no posto 1439, que non chegou nin aos 6 qm/h de media.
Ahí polo medio dos máis de 1700 inscritos estivemos pelexando no apartado MTB Dani, Moncho, Nechi, Tomé e Toñito, moi contentos porque todos rematamos correctamente o percorrido establecido e ademáis batendo amplamente as nosas marcas particulares acadadas un nas pasadas edicións.
Tamén houbo representación do club no esixente apartado de Duathlón Cross, xa que alí na liña de saída estiveron Bochi, Lucho e Pedre, os tres moi ben preparados con moitas horas de adestramento previo, coa idea de tentar de acadar moi bos resultados ou incluso mesmo podios. Sigue leyendo

Sábado intenso para o equipo de Btt, pola mañá presentación e pola tarde a 3ª proba de Btt-XC en Arteixo. Nun circuíto técnico e con moita pedra, que se complicou máis pola intensa choiva que acompañou a proba. Os corredores do club lograron bos postos:

Elite: Víctor Fernández 8°

Junior: Daniel Uzal 9°

Cadetes: Pablo Alvarez 1°, Martín Azpilcueta 9°

Máster 30: Blas Lamas 13°, Luciano Carretero 14°, Alejandro Sanchez 24

Máster 40: Manuel Pedre 8°, Javier Casanova 12°, Manuel Amado 15°, Manuel Segade 16°, Igor Mediavilla 18°

Féminas: Lorena Sanin 2ª

BTT_Arteixo2015_2 BTT_Arteixo2015_1

nocturna-estrelasEste pasado fin de semana foi Domingo de Ramos e como así está xa establecido tacitamente, esa noite xuntámonos varios grupos de ciclistas, para sair desde distintos sitios de Galicia e percorrer os distintos Camiños de Santiago, coa idea de xuntarnos todos na Praza do Obradoiro ás 7 da mañán, xusto antes do amencer do citado domingo festeiro.

Polo que ao CCCambre respecta, o noso punto de saída é a ponte do Burgo, xusto donde está a estatua do Peregrino. Este ano a nosa participación foi moi escasa e tan só asistimos á cita Fran Dopico e Moncho Lestegás, que xunto con outros 40 bikers da comarca saimos ás 11 da noite do sábado, unha hora antes do habitual para ter en conta que esa noite co cambio de horario ás dúas serían as tres. Sigue leyendo

O sábado inaugurouse o Open de Galicia de BTT-XC 2014 coa disputa do 4º Trofeo BTT Cidade de Ferrol, no cal o club estivo representado por 15 corredores das diferentes categorías, sendo os máis destacados os cadetes, onde Pablo Álvarez e Andrea Tomé lograban un 2º posto, en elite tamén obtivemos o mesmo posto en mozos e mozas ao acabar Víctor Fernández e Lorena Sanin no 4º posto, en máster -30 o máis destacado foi Carlos Candal 12º e en máster- 40 Manuel Pedre chegou a meta no 10º.

Fotos cortesía de Luz Iglesias ]

BTT-Ferrol2015 BTT-Ferrol2015

O domingo 8 comezou en Galicia a tempada de competición de BTT coa Transgalaica de Cotobade, aínda non sendo a especialidade dos compoñentes do club, desprazáronse á proba 10 corredores: Víctor Fernández, Manu Novo, Carlos Candal, Alvaro Rei, Alex Sánchez, Manuel Pedre, Blas Lamas, Manuel Amado, Igor Mediavilla e Ivan Joglar.

Nun circuíto con novo trazado situaron ao equipo oitavo, sendo os mais destacados Victor, Carlos e Novo que lograron clasificarse entre os 50 primeiros de mais de 400 participantes. Próxima cita Trasgalaica Porriño.

Marcha BTT da Merluza 2015Como non podía ser menos, o pasado domingo 1 de febreiro houbo representación amarela na II RUTA DA MERLUZA (CLUB CICLISTA BURELA), en Burela.
Esta vez participamos Alvaro Rey, Manu Novo, Moncho Lestegás e tamén andaba por alí Anxo Cao, aínda que non coincidimos con él pero vese nalgunhas fotos.
Percorrido curto, de só 36 qm, pero durísimo no aspecto técnico, aínda máis complicado polas tremendas condicións meteorolóxicas, con moito vento auga e treboadas antes e mesmo durante a proba.
Iso si, os colegas de Burela montaron un circuito moi atractivo, con algo de todo, subidas tendidas, subidas duras, trialeiras polo medio dos penedos, baixadas de vértigo, paisaxes encantados, moita auga e en xeral apto só para os verdadeiros amantes da BTT. Só por iso se entende que acadaran xuntar a máis de 350 participantes, algo impensable naquelas apartadas latitudes, sempre tan lonxe de todos os núcleos de poboación importantes.
Noraboa ao CCBurela pola organización, polo percorrido, polas sorpresas a xeito de druidas agachados nas sombras de Mordor e polo xantar ao remate da marcha.
No facebook do Club Ciclista Burela podedes atopar numerosas fotos do evento.

Os nosos veciños arteixáns prepararon para esta edición unha moi bonita marcha BTT polos montes que rodean o núcleo sureste da vila, con un percorrido equilibrado mistura de prolongadas subidas, terreo chan, algún tramo rompepernas, sendeiros estreitos moi revirados, baixadas rápidas e baixadas trialeiras, destacando a longa subida a Santa Leocadia e a baixada a Boedo como as máis representativas en canto a dificultade física e técnica desta marcha.

Os participantes tiñamos dous percorridos a elixir, un de 35 qm no que se pasaba pola meirande parte das subidas importantes e tamén pola baixada trialeira a Boedo e outro de 56 qm que engadía un certo grao de dificultade física na parte final, a partires do núcleo rural de Fortesende e pasando por Canzobre, Bregua e Morás, para xuntarse en Loureda co percorrido curto e regresar de novo xuntos a Arteixo polo paseo fluvial, mentres os paseantes domingueiros arteixáns disfrutaban dunha agradable mañán, na que tivemos algo de todo, fresco, algo de choiva e incluso un tímido sol que trouxo unha agradable temperatura cara ao mediodía.

A organización estivo moi correcta, con unha sinxela pero efectiva sinalización agás puntos moi concretos, boa asistencia nos cruces perigosos e uns abondosos pinchos variados ao remate, despois dunha ducha con auga digamos que fresquiña pero agradable. Iso si, botamos de menos algunha mangueira máis para lavar as máquinas e evitar así a longa ringleira que se montou na chegada.

Participamos polo CCCambre Alberto, Alex, Dani, Iván, Moncho, Nechi e Pedre e aínda que non gañamos o trofeo ao club máis numeroso como ocorría en tempos pretéritos, polo menos e como ven sendo xa bastante habitual, sí que gañamos o trofeo ao participante máis veterano, galardón que lle entregou Jessica, a presidenta do CCArteixo-MB3 a este cicloturista que escribe.

Boa acollida a que nos dan sempre aquí en Arteixo con precios moi populares, polo que haberá que volver no 2015 á X Edición, na que de seguro nos terán algo interesante preparado.

marcha-btt-arteixo2014a marcha-btt-arteixo2014b

CRONICA

Comenzou no ano 2005 a andadura do Roteiro BTT Terra das Mariñas, ao principio co engadido do Xalo e dos Sete Regos, que pouco a pouco fomos abandoando para deixar o nome definitivo como está ahora, aínda que xa é coñecido no ámbito cicloturista polo nome de Roteiro a secas.

Iso si, o mítico monte Xalo segue a ser o epicentro desta marcha e por iso nos últimos anos fomos incorporando cada vez máis Xalo, subindo e baixando por case todas as súas vertentes posibles, conscientes de que pedalear por este monte sempre é un reto ilusionante para case todos os cicloturistas. Sigue leyendo

desafiio-courel2014O sábado 27 do pasado mes de Setembro era outra data marcada en VERMELLO por algún dos compoñentes do club para disputar a 1ª Edición do DESAFIO DO COUREL. Ata alá desprazámosnos un nutrido grupo de representantes, (Nechi, Dani e o Gordito) o venres para hospedarnos no Albergue do pobo da proba, Quiroga, a escasos 100 m da saída e o sábado (Tomé acompañado do noso excompi Dani, agora enrolado nas filas do Betanzos) ademais por alí topámonos a Jose Ramón outro compoñente do noso club.

A noite foi tranquila e o sitio recomendable para quen queira ir outros anos, albergue súper limpo, económico e moi tranquilo para pasar unha noite relaxante antes do que nos esperaba o día seguinte. Boa cea e almorzo nun dos locais contratados pola organización, onde se respiraba BTT polos catro custados.

Ao día seguinte tocaba madrugar polo que ás 7:00 estabamos en pé e logo almorzo esperando aos nosos dous compis que chegaron co tempo xusto de café, foto de rigor e á saída que estaba no centro da praza ás 8:00h.

Algúns xa sabiamos que non ía ser un paseo e desde a saída xa foi todo subir, subir e subir ata chegar a acumular nos primeiros 12 km 1.110m. de desnivel acumulado pero aínda faltaban máis de 3.800, así que a cousa tomámonola con calma. Sigue leyendo

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca