Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Xuvenís

Por acordo da Xunta Directiva do Club Ciclista Cambre, convócase os señores socios da devandita entidade a Asemblea Xeral Anual que se vai celebrar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de A Barcala, (A Barcala – Cambre) o vindeiro día 15 de xaneiro de 2016, venres, ás 20.00 horas en primeira convocatoria, e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, co obxeto de deliberar e adoptar os acordos que procedan, segundo o seguinte orde do día:

  • Apertura da Asemblea.
  • Informe do Presidente.
  • Lectura e aprobación das contas do exercicio 2015 (a súa disposición en  admcccambre@hotmail.com a partir do día 9 de xaneiro de 2016).
  • Lectura e aprobación do orzamento do exercicio 2016 (a súa disposición en  admcccambre@hotmail.com a partir do día 9 de xaneiro de 2016).
  • Exposición do convenio de colaboración asinado co club deportivo Nosportlimit.
  • Exposición e aprobación das propostas do Presidente ou da Xunta Directiva, se é o caso.
  • Exposición e aprobación das propostas formuladas polos socios, se é o caso.
  • Rogos e preguntas.

Recórdase os señores socios, en relación ó dereito de asistencia e voto, o disposto no artigo 17º dos Estatutos do Club, que establece o devandito dereito para todos os socios de número (socios maiores de idade que se encontren ó corrente do pago da cota social).

O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo de Sandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 foron os ciclistas que participaron no campionato galego CRI disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández, o terceiro posto en júnior, e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.

En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un bo espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.

Campionato Galego CRI 2015c Campionato Galego CRI 2015b Campionato Galego CRI 2015a

Fonte: F.G.C.:
A Selección Galega Junior acada o segundo posto por detrás de Cantabria. Na primeira proba do Trofeo Federación disputado hoxe en Valladolid, a selección Galega de Ciclismo colocouse en segunda posición. O primeiro posto correspondeulle a Cantabria, en terceiro lugar está a selección Cántabra. A seguinte e definitiva proba será o 2 de maio coa disputa da Gipuzkoa Klasika. As cinco primeiras federacións clasificadas no ranking poderán levar ata 10 ciclistas nos campionatos Nacionais. O vencedor da proba foi o ciclista de Cantabria Miguel Ángel Fernández que chegou en solitario con 19 segundos de vantaxe sobre o pelotón principal.

A Selección Galega participou cos seguintes corredores:  Samuel Soto López, Diego González Barreiro e Manuel Barral Rodríguez do Ciudad de Lugo; Martín Bouzas Rey do Padronés; Jose Carlos Amil Férnandez do Club Ciclista Cambre e Víctor Fernández Alonso do Bembibre.

xuvenis2014Como premio á gran tempada que ven realizando, o equipo xuvenil foi invitado a participar na Clásica Premundial Junior que se disputará o vindeiro 30 de agosto na localidade guipuzcoana de Beasain.

Fonte Federación Guipuzcoana de Ciclismo:

La XXXIII Beasain Proba – IV Clásica Premundial volverá a acoger el próximo día 30 (sábado, 10.30 horas) a los mejores ciclistas del pelotón estatal. Con una participación que rondará el máximo de 200 corredores (sobre un total de 362 solicitudes de participación), está prevista la presencia de al menos 40 equipos de entre 4 y 6 unidades, incluidos todos los guipuzcoanos y también los mejores clasificados en el ranking de la Federación Española.

Bajo la organización de la Sociedad Ciclista Loinaz T.E. y la Federación Guipuzcoana de Ciclismo (GTxE), la prueba repetirá el recorrido de sus últimas ediciones, con 117,5 kilómetros y cuatro dificultades montañosas: Liernia (3ª categoría), que se subirá en dos ocasiones (km. 50 y km. 96), Atagoiti (2ª, km. 76) y Olaberria (2ª, km. 111,5), a solo seis kilómetros de la llegada, prevista sobre las 13.30 horas en la avenida de Navarra. Sigue leyendo

g-p-alvarino2014Dúas victorias en cadetes con Roberto Chas e Andrea Tomé e o segundo posto de Jon Ander Tomé en xuvenís, foron os podiums acadados polo C.C.Cambe en Cambados.

Crónica F.G.C.:

Festa ciclista en Cambados e record de participación no G.P. do Albariño con máis de 200 nenos e nenas nas ruas de Cambados. Victorias ao sprint de José Roberto Chas (C.C. Cambre) en cadetes e de Lois Rodríguez (C.C. Vigués) en Junior por diante de Jon Ander Tomé (Cambre) tamén ao sprint. Iván Muñiz en Principiantes daballe o triunfo o C. C. Barbanza.mentres en Alevins era Miguel Angel Mera (C.C. Compostelano) e en infantiles Roi (Domínguez (Fund. Öscar Pereiro). En Féminas Aida González (C.C. Maceda), Carla Fernández ( C.C. Vigués), Andrea Tomé (C.C. Cambre), Paula Sanmartín (C.C. Viguñes) e Chus Barros (C.C. Spol).

Clasificacións do club:

Alevíns: Diego Rodríguez 4º, Pablo Maceiras 35º.

Infantís: Rafael Ponte 22º, Ana Rodríguez 44ª.

Cadetes: Roberto Chas 1º, Martín González 8º, Pablo Alvarez 17º, Andrea Tomé 32ª (1ª fémina), Manuel Blanco 40º.

Xuvenís: Jon Ander Tomé 2º.

campionato-galego-cadetes2014Crónica F.G.C.:
Boiro foi o escenario do último Campionato de Galicia en Estrada do ano 2014, en esta ocasión para as categorías de Cadetes, Junior e Féminas coa organización do C. C Barbanza e o patrocinio do concello de Boiro. Moitismo calor e mañán agotadora para a organziación que dende as 9,30 h. ata as 15,05 mantivo a actividade competititva nas estradas do Barbanza.
A primeira das carreiras foi a de Féminas na que se xogaban o campionato nas tres categorías. O rápido ataque de Paula Sanmartín (C.C. Vigués), Chus Barros (C.C. Spol), Zaida González (C.C. O Rosal),.Irene Serrat (C.C. Vigués) e Andrea Tomé (C.C. Cambre) poñia clara a carreira, e os maillots para Paula, Chus e Andrea coma líderes en cadansúa categoría máxime cando Irene Serrat e Zaida Gonzñlez foron perdendo comba co paso dos Kilómetros. Por detrás quedou un grupo reducido para disputar as poucas medallas que quedaban en xogo.
A proba dos junior foi máis competida con alternativas na cabeza e con sorpresa ata certo punto porque Xoel Días (C.C. Compostelano) que sufrira unha caída nas primeiras pedaladas foi quen de remontar o mal momento e despois de unha boita loita entre os favoritos ó triunfo final atacóu na subida ó alto do Palleiro para coller unha ventaxe que mantivo en Espiñeira, para plantarse en solitario na meta de Boiro por diante de Jon Ander Tomé (C.C. Cambre) e Manuel Barral (C.C. Cidade de Lugo) que se adiantaron no sprint da loita polas medallas de prata e bronce.
A proba de cadetes foi a de máis calor de toda a xornada con temperaturas que alcanzaron os 35 grados. Aquí houbo un control inicial ata chegar ó alto do Palleiro, no que se produxo a primeira tentativa seria con 5 homes que se foron por diante e outros cinco que formaron un grupo de contraataque. Se embargo os homes de Marcos Serrano (E.C. Redondela) non perderon a oportunidade que lle daba a maioría numérica para levar a carreira ó seu terreo con triunfo final para Daniel Rodríguez (recente medalla de prata nos nacionales de Deporte Escolar), e escoltado no podio por dous corredores da Fundación Óscar Pereiro, Aitor Bugarían e Iñigo Rodríguez.
Clasificacións do C.C.Cambre:
– Féminas Cadetes: Andrea Tomé 1ª.
– Féminas Elite: Lorena Senín 3ª, Tania Villasuso 4ª.
– Xuvenís: Jon Ander Tomé 2º, Diego González 11º.
– Cadetes: Roberto Chas 15º.

Crónica F.G.C.:

Grandes carreiras en Marín con importante presencia de público e moi boa organización a cargo do Club Ciclista Marín. A primeira das probas tiveron coma protagonistas aos cadetes e as féminas con triunfos de Paula Sanmartín (C.C. Vigués) e Daniel Rodríguez (E. C. Redondela). A carreira Junior contaba coa participación dos Sub 20 e de novo a victoria correspondeu por partida doble á Escola de Ciclismo Redondela que presentou na recta de meta a Samuel Soto e a Cristian Mota sen oposición a pesares de que os outros equipos trataron de impedilo ó longo de unha carreira que estivo moi competida e con distintas alternativas na cabeza cos equipos do Cambre e o Vigués moi activos ó longo de toda a a xornada.

Clasificacións do club:

Cadetes: Roberto Chas 9º (1º metas voantes), Pablo Alvarez 18º.

Féminas Elite: Lorena Sanín 2ª.

Xuvenís/sub21: Alejandro Rodríguez 3º, Daniel Lamas 12º (1º metas voantes), Diego Somoza 14º.

 

cronoescalada-san-roque2014Uns 150 ciclistas participaron na 31 da cronoescalada San Roque disputada na localidade de Viveiro. Os nosos corredores tiveron dóus podiums con Diego González 2º en xuvenís e Lorena Sanín 2º en féminas.

Cadetes: Martín González 16º, Manuel Blanco 19º.

Elite-Sub23: Alexandre Rodríguez 4º (2ºsub23), Adolfo Vicente 5º, Anxo Cao 6º, Emérito Fernández 8º, Justo González 9º, Diego Somoza 13º, Daniel Lamas 15º (8ºsub23), Miguel Arcay 16º, Carlos Jeria 21º (13ºsub23).

– Féminas: Lorena Sanín 2ª, 6ª Tania Villasuso ( 3ª elite).

Xuvenís: Diego González 2º, Jon Ander Tomé 4º, Miguel Montero 12º,

negreira-xuvenis2014Celebrouse a segunda edición do Trofeo Concello de Negreira para xuvenís-escolas-cadetes e o noso club tivo unha destacada participación cas victorias de Jon Ander Tomé (xuvenís) e Roberto Chas (cadetes) pero merece a pena destacar o equipo xuvenil con unha carreira impresionante 1º Jon Ander Tomé, 2º Diego Gonzalez e 4º Miguel Montero. Resto de resultados:

Cadetes: Roberto Chas 1º, Martín González 12º, Manuel Blanco 29º.

Infantís: Ana Rodríguez 31ª (3ª fémina), Rafael Ponte 47º.

Alevíns: Diego Rodríguez 4º.

 

Triptico Ruta do Alvariño 2014Crónica F.G.C:

O ciclista do Mutua de Levante Delikia, Carlos Cobos impúxose finalmente na xeral final da Ruta do Albariño para corredores junior e sub 20 que se celebrou ao longo do fin de semana nas localidades do Salnés de Meaño e Cambados. Cobos tomoulle gusto a esta proba na que xa en 2013 quedara en segunda posición coas cores do Leon – Arte en Transfer.

A etapa do domingo en Cambados partía con Cobos confiado na renda de segundos sobre os seus oponentes, pero vixiante co seu equipo de que a etapa discutísese ao sprint para que non houbese diferenzas na clasificación final. Os intentos de cortar o grupo foron constantes a cargo de grupos nos que sempre había homes dos primeiros postos na xeral que motivarían o control do pelotón a cargo da totalidade do Mutua de Levante – Delikia. Cando se formou diante o grupo máis numeroso con 13 unidades, Cobos púxose alerta e el mesmo, en compañía de catro homes integráronse na cabeza, o que motivou o final da loita e a relajación e resignación dos seus opoñentes para loitar só pola victoria parcial da etapa en Cambados, onde de novo, o equipo de Alcoy presentou a súa superioridade con Boronat e Martín, primeiro e segundo por diante de Kevin Gómez (Rias Baixas). Sigue leyendo

cicuito-teense2014O equipo xunil segue demostrando todo o seu potencial nesta tempada, esta vez foi no Circuito Teense, onde os nosos representantes conseguiron o primeiro posto con Miguel Montero pero además,  Jon Ander Tomé 3º e Diego González 4º completaron unha magnífica carreira.

la-calzada2014Seguen os bos resultados de Jon Ander por Asturias, hoxe tocoulle ser terceiro en Xixón como colofón final dun gran fin de semana. O XIII Gran Premio Ciclista La Calzada, organizado polo G. C. Buenavista, saíu do barrio xixonés da Calzada para realizar un duro circuíto duns 20 km. polas zonas de Veriña, Bateao e Serín, co Alto de Picún e os seus rampas nos metros finais con picos do 14% que afrontaron en tres ocasións para finalizar no Alto de La Campa de Torres tras percorrer un total de 78 qm.

Clasificacións do club: 3º Jon Ander Tomé, 14º Miguel Montero,

candas2014Gran 2º posto de Jon Ander Tomei en Asturias, no Gran Premio Vicente López Carril. A proba era a quinta do Trofeo Asturcántabro e disputouse en Candás, con 75 qm. de distancia e un esixente circuíto de pouco máis de 24 km. ao que deron tres voltas, para finalizar no Mirador da Formiga, un repeito de 500 metros ao 8%. Entre medias, o Alto de Tabaza, e o Alto de Alabandi, puntuable só este último, onde estivo situado o premio da montaña e que subiron en tres ocasións. A saída tivo lugar no Paseo Marítimo de Candás e a proba foi organizada pola E. C. Carreño.

Clasificacións do club: 2º Jon Ander Tomé, 20º Diego González, 35º Miguel Montero.

xuvenis-carballo2014Fonte La Voz de Galicia:

Jon Ander Tomé, do Club Ciclista Cambre, confirmou os prognósticos ao vencer na carreira ciclista júnior Concello de Carballo que organizou perfectamente o club local e na que tomaron parte 260 deportistas nas súas diferentes categorías.

Tras o vencedor da proba reina quedaron Joaquín Gonzalo (Bembibre-León) e Mauricio Eduardo (Bembibre). Mario Eduardo gañou a meta voante e Jon Ander, o premio da montaña. O pelotón estivo formado por 43 ciclistas, que percorreron 79 quilómetros dende Carballo, pasando por Coristanco e Rus e novamente Carballo.

Na categoría cadete, os primeiros foron Eloy Mota (Redondela), José Carlos Amil (Ponteareas) e José Roberto Chas (Cambre), entre 49 participantes, que correu 32 quilómetros. A meta voante foi para José Carlos Amil. Sigue leyendo

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca