Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Ciclocross

Luciano Carretero “Lucho” campeión galego e Andrés Calvete subcampión en Máster 30 e ademáis Pablo Alvarez 2º en xuvenís, noraboa a todos os corredores do CCCambre que participaron e/o axudaron na realización deste evento.

 

 

 

 

 

Fonte: Federación Galego de Ciclismo http://www.fgalegaciclismo.es/noticias/isabel-castro-e-samuel-gonzalez-proclamaronse-campions-de-galicia-de-ciclocross-en

O calendario galego de ciclocross 2016 pechouse por todo o alto na mañá do 31 de decembro. Once títulos puxéronse en xogo no circuíto de Acea da Ma en Culleredo na disputa do ‘Campionato de Galicia 2016 – I Trofeo A Laboral’ e os favoritos á vitoria nas dúas probas Elite e Sub23 cumpriron cos prognósticos. Isabel Castro (Fornelos) impúxose na feminina chegando da man da súa compañeira e filla Desirée Duarte, e Samuel González (Salvaterra) amosouse intratable na carreira masculina.

O Clube Ciclista Cambre, o BTT Caimanes Betanzos, a Peña Ciclista Monte Xalo e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) encargáronse da organización dun evento que rexistrou un gran ambiente e que supuxo un fin de festa ideal para a temporada de ciclocross autonómica. A cita en territorio coruñés congregou a 220 corredores e a un importante número de espectadores.

Desde o 2008, as instalacións de ‘A Laboral’ non acollían unha proba desta modalidade. O circuito de 2,5 kilómetros agradou aos participantes, un trazado moi completo cunha longa subida, na que os ciclistas víanse obrigados a botar pé a terra, e zonas de barro. Un esixente percorrido no que o tándem familiar do Fornelos non deu opcións ás súas rivais na competición Elite e Sub23 feminina.

Isabel Castro e Desirée Duarte firmaron o dobrete para o conxunto pontevedrés. Nai e filla presentáronse na liña de meta collidas da man e con máis dun minuto de vantaxe. A elite Castro ocupou a primeira posición e a sub23 Duarte a segunda cun tempo de 49 minutos e 12 segundos. O podio completouno María Jesús Barros (Spol). Sigue leyendo

ciclocross-laboral2016

  • Lugar: CULLEREDO, parque de Acea da Ma
  • Fecha Celebración: 31/12/2016
  • Hora Saida: 10:00
  • Fecha recollida de dorsáis: 31/12/2016 desde 8:00 hasta 9:30
  • Fecha Límite de Inscripción: 29/12/2016 22:00:00
  • Organizador: CAMBRE C.C.
  • Máis informacion:
     https://yosoyciclista.com/index.php/inscripciones/prueba/5965

 

 

 

 

 

 

No último día do ano chega a cita máis agardada do calendario galego de ciclocross. Este sábado 31 de decembro o Parque Deportivo de Acea da Ma, na localidade coruñesa de Cullerredo, acollerá o ‘Campionato de Galicia 2016 – I Trofeo La Laboral”. Agárdase a participación de máis de 200 corredores e en xogo estarán once maillots de campións autonómicos desta modalidade.

Esta proba marca o punto final da temporada de ciclocross en territorio galego, sete días despois do remate da Copa Galicia e na semana previa aos Campionatos de España que se celebrarán a partir do próximo venres en Valencia. Do mesmo xeito que o resto de eventos do calendario autonómico, tamén será puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

O Clube Ciclista Cambre, o BTT Caimanes Betanzos, a Peña Ciclista Monte Xalo e a Federación Galega de Ciclismo (FGC) encárganse da organización deste campionato co que o ciclocross regresa oito anos despois ás instalacións coñecidas como “A Laboral”. Este circuito de 2,5 kilómetros de lonxitude foi por última vez escenario dunha competición de ciclocross no 2008, cando se disputou unha xornada puntuable para a Copa de España.

Este sábado o programa de carreiras arrancará ás 09:45 horas coa proba de Promoción. Ás 10:00 tomarán a saída os rapaces e as rapazas cadetes, os Máster-40 e os Máster-50/60. Ás 11:00 entrarán en escena as mulleres Elite e Sub23, as juniors e os Master-30. O peche correrá a cargo dos Elite e Sub23 masculinos e os juniors a partir das 12:00 horas.

A pasada campaña Mauro González e Lucía Vázquez anotáronse os títulos Élite. O corredor do Salvaterra buscará revalidar a súa coroa en Culleredo, onde terá como principais rivais ao seu compañeiro de equipo Samuel González, gañador das últimas seis xornadas da Copa Galicia, a Raúl Fernández (Fornelos), a Adrian Valverde (Rías Baixas) e a Darío Otero (Compostelano). Outra das grandes atraccións nesta carreira será a presenza de Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia 2006.

Na carreira raíña feminina Isabel Castro (Fornelos) preséntase como principal candidata á vitoria despois de impoñerse con autoridade na xeral da Copa Galicia. A súa filla Desirée Duarte e Irene Trabazo (Meruelo) son as outras favoritas.

O acto de presentación tivo lugar este xoves no edificio de usos múltiples do Burgo, no concello de Culleredo, e contou coa asistencia de José Ramón Rioboo, tenente alcalde de Culleredo; Miguel Suárez, concelleiro de deportes; Antonio Carrodeguas, presidente do Cambre Renault Caeiro, e os corredores deste equipo Pablo Álvarez e Andrea García; Ramón Quintana, representante da empresa que xestiona as instalacións da Laboral e Jose Manuel Flores, vicepresidente da FGC.

Fonte: Federación Galega de Ciclismo: http://www.fgalegaciclismo.es/noticias/o-ciclocross-galego-despide-o-ano-co-campionato-autonomico-en-culleredo

Andrea Tomé Campeonato España Ciclocross 2015participará con Galicia no Campionato de España de Ciclo Cross 2015 na categoría de fémina cadete, gracias ó seu terceiro posto no Campionato Galego disputado recentemente en Maceda.

O Campionato de España de Ciclo Cross celebrarase do 9 ao 11 de xaneiro de 2015 no Parque dos Pericones de Xixón, organizado pola Escola de Ciclismo Coque Uría, coa colaboración da Federación de Ciclismo do Principado, o Concello de Xixón e o Goberno do Principado, ademais da propia RFEC.

 

Campionato Galego CiclocrosCelebrouse en Dumbría, baixo a organización do Club Ciclista local e o auspicio da Federación Galega de Ciclismo o Campionato de Galicia de Ciclocross cunha tregua a cargo da climatología que favoreceu o gran espectáculo vivido nesta xornada.
A proba reina de Élite e Sub 23 estivo condicionada, en positivo, pola participación do vigente Campión de España – Sub 23, Pablo Rodríguez (Sontour – BH) . A súa simple presenza significou un cambio táctico na formulación dos seus rivais de tal modo que Mauro González (CC Salvaterra), principal favorito, centrouse en tomar distancia con Pablo nas primeiras voltas e logo pagou o seu esforzo cun baixón e que tivo que a deixar a sobereanía ao macedán e logo recuperarse. Jaime Juncal (C. C. Rías Baixas), que se mantiña á espectativa en posicións cabeceras, foi recuperando terreo a José Manuel Alonso (Toti), e conservando o seu segundo posto absoluto ata que pouco antes do final unha avería mecánica de Pablo Rodríguez, sen posibilidade de reacción, lle dajaba o camiño franco para levantar os brazos en meta como vencedor absoluto. A Pablo quedáballe a satisfacción de demostrar unha excelente prestación neste campionato e de haber embellecido a loita , indirectamente, polos dous maillots Elite e Sub 23 que parecían ter os nomes escritos de antemán. Así pois, Jaime Juncal e Pablo Rodríguez alzáronse cos campionatos nas respectivas categorías nunha carreira vibrante.
Igual de vibrante estivo a loita polo cetro en Máster 30 co triunfo de Alejandro Mesías (P.C. Quintena) que foi o ganador final da categoría cunha remontada ante un ramillete de favoritos que demostraron unha enorme igualdade na categoría ao longo da tempada. Luciano Carretero (CC. Cambre) e Juan Belo (C.C. AGC) acompañáronlle no podio.
Noutras categorías os resultados foron os esperados cos triunfos de Antonio González (C.C. Salvaterra) en M-50, Vicente Alló (C.C. Cambre) en M-40, Isabel Castro (Aquagest) en Férminas Élite, Desirée Duarte (Aquagest) en Junior) e Irene Trabazo (CC. Marín) en cadetes. Raúl Fernández (C.C. Ou Rosal) non tivo problemas para impoñerse na categoría junior e Iván Feijóo (CC. Maceda) en Cadetes.
A entrega de premios estivo presidida polo Alcalde de Dumbría D. José Manuel Pequeno e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo D. Manuel Tallón. Antes do corte de cinta gardouse un minuto de silencio en memoria do pai das compoñentes do Comité Técnico de Árbitros , Begoña e Montse Alonso.
Fonte Federación Galega Ciclismo.

Trofeo Horacio Barros 2013Outra vez voltou Vicente a gañar en Máster 40, agora en en Porriño no Trofeo Horacio Barros nunha xélida mañá na parroquia de Mosende. Tamén tivemos podiums en féminas cadetes con Andrea Tomé 2ª, féminas elite con Lorena Sanín 3ª.

Cadetes: Roberto Chas 5º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 2ª.

Xuvenís: Diego González 8º, Miguel Montero 9º.

Elite: Alvaro Rey 11º.

Elite Féminas: Lorena Sanín 3ª.

Máster 30: Luciano Carretero 4º.

Máster 40: Vicente Alló 1º, Javier Casanova 12º.

[ FOTOS ]

Ciclocross Boiro 2013Nunha fría pero soleada mañá celebrouse na Praia Xardín de Boiro unha nova edición desta xa clásica proba organizada polo C.C.Barbanza. Coma ven sendo normal a nosa representación estivo a gran altura destacando o triunfo de Luciano Carretero en Máster 30, o segundo posto de Lorena Sanín en elite féminas, ademais dos 3º posto de Vicente Alló en Máster 40 e de Andera Tomé en féminas cadetes.

Cadetes: Roberto Chas 4º, Martín González 9º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 4ª.

Xuvenís: Jon Ander Tomé 5º, Diego González 6º.

Elite Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Elite: Alvaro Rey 6º.

Sub 23: Daniel López 7º.

Máster 30: Luciano Carretero 1º, Pablo Valcarcel 15º, David Perille 19º.

Máster 40: Vicente Alló 3º, Javier Casanova 11º, Julio Cela 19º, Manuel Segade 22º, Antonio Rodríguez 28º.

[ FOTOS ]

 

 

[ FOTOS ]

Cadetes: Roberto Chas 5º, Martín González 12º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 3ª.

Elite: Alvaro Rey 10º.

Elite Féminas: Lorena Sanín 3ª.

Sub23: Daniel López 4º.

Xuvenís: Diego González 9º, Jon Ander Tomé 10º.

Máster 40: Vicente Alló 2º, Javier Casanova 13º, Manuel Segade 17º.

Máster 30: Luciano Carretero 2º.

Ciclocross Santiago 2013Na Granxa do Xesto en Santiago, tivo lugar a segunda proba da tempada galega de Ciclocross, onde a representación do C.C.Cambre voltou a facer moi bo papel en todas a categorías destacando a victoria de Vicente Alló en máster 40, o terceiro posto de Luciano Carretero en máster 30 e os segundos postos de Andrea Tomé en féminas cadetes e de Lorena Sanín en féminas elite. A vindeira cita será en Dumbría.

[ FOTOS ]

Cadetes: Roberto Chas 4º, Martín González 13º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 2ª.

Elite Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Xuvenís: Jon Ander Tomé 8º, Diego González 9º, Miguel Montero 10º.

Máster 30: Luciano Carretero 3º, David Perillé 18º, David Gestal 21º.

Máster 40: Vicente Alló 1º, Javier Casanova 19º, Julio Cela 25º, Manuel Segade 29º.

Elite: Alvaro Rey 9º.

Chegou a primeira proba da tempada do ciclocross galego co Trofeo Comunidade de Montes de Eiras organizado polo C.C.O Rosal, onde os nosos ciclistas comenzaron con gañas facendo tres podiums por parte de Vicente Alló 1º en máster 40, Luciano Carretero 2º en máster 30 e de Andrea Tomé 3ª no seu debut en cadetes féminas. O resto de rapaces tamén estiveron a gran altura no duro circuito da Praia das Eiras.

Elite: Alvaro Rey 7º.

Sub23: Daniel López 5º.

Xuvenís: Miguel Monteo 12º, Jon Ander Tomé 14º.

Cadetes: Roberto Chas 4º, Martín González 13º.

Cadetes Féminas: Andra Tomé 3ª.

Máster 30: Luciano Carretero 2º.

Máster 40: Vicente Alló 1º, Javier Casanova 11º, Julio Cela 24º, Manuel Segade 26º.

O Rosal 3 O Rosal 2 O Rosal 1

4º posto en máster 40 Vicente Alló, nesta ocasión en Vilarcayo, demostrando que está nun gran nivel de forma logo de rematar a tempada ciclista en estrada. O segundo acto do Circuíto Diputación de Burgos tivo o seu escenario un ano máis no clásico circuíto do Parque Natural do Soto en Villarcayo. Con case 500 participantes e cun circuíto de case tres quilómetros, chan, seco e moi rápido o XI Ciclocross Vila de Villarcayo tivo como  denominador común a emoción e a incerteza en case todas as categorías en liza.

 

Ciclocross Medina Pomar 2013Xa en plena tempada de ciclocross chegou o primeiro podium para o club  en Medina Pomar por parte de Vicente Alló cun 3º posto en máster 40. A grande cantidade de participantes (entre todas as categorías con 550 ciclistas) xunto cas boas condicións climatolóxicas axudaron a ter un gran día de ciclocross esta primeira proba do Circuito Diputación de Burgos.

– Elite-Sub23: Alvaro Rey 43º.

– Máster 40: Vicente Alló 3º, Javier Casanova 57º.

12 xaneiro  [ Fotos ]

Clasificacións do club:
–  Elite: 38 Álvaro Rey.
– Sub23: 28º Adrián Valverde.
– Máster30: David Gestal 64º, 75º Pablo Valcarcel.
– Master40: 42º Juán Romero, 62º Manuel Segade, 66º Julio Cela.
– Xuvenís: 37º Jon Ander Tomé.
– Cadetes: 29º Diego González.
ciclo-boiro06 decembro [ Fotos ]
Clasificacións:
– Cadetes: 5º Diego González, 9º Roberto Chas.
– Xuvenís: 8º Jon Ander Tomé.
– Máster30: 12º David Gestal, 23º Benjamín Rúa.
– Máster40: 10º Juán Romero.
– Elite-Sub23: 9º Alvaro Rey.
– Féminas Xuvenís: 1ª Lorena Sanín.
Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca