Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Running

Carreira Popular Concello de Cambre 2013Un ano máis celebrouse na casa a XIV Carreira Popular Concello de Cambre, e como non podía ser menos alí estivo en C.C.Cambre, tanto colaborando na organización como participando na propia carreira. O percorrido de 7,5 km con saída e chegada no centro da vila, discorría en case a súa totalidade polo inmellorable marco para correr do paseo fluvial do río Mero, finalizando cunha dura subida de algo máis dun quilómetro, que unida á forte calor, a humidade e o elevado ritmo da carreira fixeron que fose unha proba bastante dura cun final asfixiante.
A participación de atletas estivo sobre os 800 cun gran nivel, sobre todo entre os 20 primeiros, para mostra o tempo do vencedor, Abdelkader Boudguerroudj 25:23.
Resultados do club:
– José Antonio Abuín 17º (7º veterano1) (28:38)
– Luciano Carretero 26º (11º senior) (29:12)
– Juan Carlos Candal 57º(23º senior) (31:05)
– David Gestal 175º (76º veterano1) (35:32)
– Vicente Amado 192º (87º veterano1) (36:17)
– Karina Callón 204ª (5ª sénior fémina) (36:42)
– Manuel Segade 228º (98º veterano1) (37:35)
– Alberto Méndez 231º (100º veterano1) (37:37)
– Antonio Rodríguez 382º (144º veterano1) (44:17)
– J.M. Tomé 462º (166º veterano1) (01:01:43)

Maratón Coruña 42Varios integrantes do C.C.Cambre-Caeiro tamén estiveron presentes na proba atlética de 10km paralela á celebración do 2º Maratón Coruña 42.

O día estivo espléndido, o percorrido precioso pola Coruña e a organización a gran nivel,  polo que a carreira estivo de nota. A participación foi alta, con máis de 1000 corredores no maratón e tamén outros mil e pico nos 10km, con xente que se achegou de todo  o país, pois na proba dos 42km estaban en xogo os Campionatos de España e Galego de Maratón.

Por parte do club participaron:
Karina: (Tempo 44:11) (Posto Senior Fem: 9ª) (Posto Xeral: 251ª).
Vicente: (Tempo 45:14) (Posto Veterán2: 75º) (Posto Xeral: 318º).
Jose: (Tempo 36:32) (Posto Vererán1: 10º) (Posot Xeral: 32º).

Marató Barcelona 2013Vouvos a deixar a miña do MARATÓ BARCELONA 2013 que aínda que será un pouco   longa merecerá a pena lela toda e faréivolo por capitulos para que vos sexa máis   fácil…
O DIA ANTERIOR DA PROBA
En verdade tería para contarvos un libro enteiro   dunha proba organizada polos mismísimos que organizan probas do calibre do TOUR   DE FRANCIA ou da mismísima VOLTA A ESPAÑA, polo que da organización   dareivos só darvos algunha pincelada para que vexades a diferenza entre unha   proba deste calibre e as que estamos afeitos a acudir havitualmente. Sigue leyendo
17 marzo
Este domingo disputouse unha das mellores carreiras de Galicia, a media maratón de Vigo, a Vig-Bay 2013. Con máis de 4000 participantes de toda España e Portugal. O día que nos tocou foi expléndido en canto sol e temperatura polo que poidemos disfrutar plenamente do fantástico percorrido a carón do mar cas illas Cies de fondo. A todo isto hai que engadirlle unha inmellorable organización, para repetir.   Resultados dos participates do C.C.Cambre-Caeiro:
Jose A.Abuin: Posto 143º__Posto VetB 28º__Tempo 1:21:13
Carlos Candal: Posto 1575º__Posto Senior 454º__Tempo 1:39:19
Karina Callón: Posto 1721ª__Posto Senior F 17º__Tempo 1:42:10
Vicente Amado: Posto 1828º__Posto VetB 389º__Tempo 1:41:35
Juán Romero: Posto 3671º__Posto VetB: 729º__Tempo 2:2:38

carrera-torre03 febreiro

Celebrouse a terceira carreria do circuito A Coruña Corre, a Carreira Popular Torre de Hércules, cunha distancia sobre 7qm e cunha participación de case 900 corredores. Alí estiveron Karina, Alberto, Jesús e Jose. A saída foi moi rápida costa a baixo ata Adormideras para logo subir ó paseo marítimo onde xa se espallou o grupo, tomando dirección cara o Castelo de San Antón, donde se daba a volta, volvendo outra vez ata Adormideras onde daba comezo a subida final rematando ós pes da Torre de Hércules. O final durísimo, case agónico, da rampa final ben vale a pena polo monumento patrimonio da humanidade.
– Jose:  24º_Tempo 24’36”_Ritmo 3’31” (8º vet.1).
– Jesús: 190º_Tempo 28’56”_Ritmo 4’08” (37º vet.2).
– Alberto: 224º_Tempo 29’36”_Ritmo 4’14” (47º vet.2).
– Karina: 333º_Tempo 31’12”_Ritmo 4’28” (6ª senior F).

13 xaneiro

Deu comezo a tempada de duatlón cross en Galicia ca celebración do I Duatlón Cross Ribadumia no que remataron 121 corredores e no que estiveron presentes por parte do club:
– Manuel Pedre: 29º
– Carlos Candal:    31º

13 xaneiro

O pasado domingo tivo lugar unha nova edición da Carreira Popular San Xiao en Ferrol. Sobre un percorrido de 10.000 mts. con bastantes subidas, déronse cita sobre 600 corredores e no que a presencia de público foi bastate alta ó discorrer polo centro da cidade. O gañador desta magnífica carreira foi o triatleta Brais Canosa.
Por parte do C.C.Cambre participou Jose rematando no posto 30º (13º vet.A) cun tempo de 36:38.
cross-menhires22 decembro [ Fotos ]
Clasificación dos nosos “ciclo-atletas” neste durísimo cross celebrado o pasado sábado día 22 na inmediacións da Torre de Hercules:
– Karina Callón 4ª SENIOR  26:53 (8º xeneral)
– Jose Abuin 8º VETERANO  30:19 (15º xeneral)
– Carlos Candal 14º SENIOR  35:15 (52º xeneral)
– Manuel Pedre 34º VETERANO  37:26 (78ª xeneral
hipica-malawi25 novembro
O C.C.Cambre estivo presente nesta carreira benéfica celebrada nas inmediacións da S.D. Hipica da Coruña, polo paseo marítimo, sobre unha distancia de 7.400mts. Clasificacións do club:

Corredor Tempo Posto Xeral Posto Cat. Ritmo Qm.
Karina Callón 33:15 142ª 4ª Fém.Senior 4:30
José A. Abuín 27:02 21º 15º Veterán 1 3:40
Alberto Méndez 34:11 157º 4:38
carrera-novo-mesoiro04 novembro
Máis de 1.000 corredores participaron na 2ª Carreira Popular Novo Mesoiro, pertencente ó circuito Coruña Corre. Por parte do C.C.Cambre estiveron Karina, Bochi e Jose que poideron disfrutar dunha bonita maná de atletismo nun percorrido duro de 7.200mts. no que ou ben se subía, ou ben se baixaba. Cabe destacar o 3º posto en féminas senior de Karina.

Corredor Tempo Posto Xeral Posto Cat. Ritmo Qm.
Karina Callón 33:07 224ª 3ª Fém. Senior 4:36
José A. Abuín 26:50 34º 10º Veterán 1 3:43
Carlos Candal 31:23 163º 57º Senior 4:21
09 setembro.
O Barrio da Gaiteira, na Coruña, volveu a contar cunha Carreira Popular organizada pola Asociación de Veciños cun percorrido con moita subida de perto 8 qm. participaron case 200 corredores. Alí estiveron Karina e Jose.

Corredor Tempo Posto Posto Cat. Ritmo Qm.
Karina Callón 36:40 92ª 2ª Fém.Senior 4:46
José A. Abuín 29:11 14º 7º Veterán A 3:44

02 setembro.

cross-bronaNas inmediacións da praia de Broña en Serra de Outes, disputouse unha nova edición desde cross no que participaron 190 corredores. A proba discurreu por un circuito de 7qm. moi duro pero tamén no marco incomparable da ría de Muros. Ata alí foron Karina e Jose que sofriron o seu para rematar pero cumpliron:

  • Karina Callón: tempo 36:05__Posto 80ª 1ª Fémina Senior__Ritmo 5:13
  • José A. Abuín: tempo: 27:09__Posto 11º 5º Veterán__Ritmo 3:54
Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca