Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Elite-Sub23

A temporada 2017 está a piques de comezar para os #ridersCambre Elite e Sub23. Un total de dezaséis corredores defenderán as cores deste conxunto por toda a xeografía española e portuguesa. Continuando coa súa filosofía de coidar a canteira, renovaron os seguintes ciclistas: Eloy Bravo, Justo González, Carlos Jeria, Jose Antonio Pardiñas, David Pérez, Alexandre Rodriguez, David Vázquez, Martín Fariña, Miguel Montero, Sergio Búa e Brandon Freire. Do equipo júnior sobe Roberto Chas e incorpóranse a este clube Eduardo Pérez, Raúl Fernández, David Seage e Luis Mariño.

O equipo combina experiencia e mocidade con ambición e modestia, e baixo a dirección deportiva de Agustín Ares están seguros que darán moito que falar este ano dentro do pelotón amateur.

O Cambre segue sentando as bases dun sólido proxecto, que inclúe todas as categorías do ciclismo, encabezado por un equipo Elite Sub-23 que ademais de ampliar o seu persoal de corredores, amplía o seu corpo técnico coa contratación de J.Carlos Candal como Team Manager.

Un año mas confiamos algo tan importante como las bicis de a Ciclos Roca y Giant España.

Aquí tenéis las GiantTCR que llevaran este año los Elite Sub-23.

 

volta galicia 2015Os vindeiros días 18, 19 e 20 os nosos corredores do Equipo Élite competirán na magnífica proba da XIV Volta a Galicia. A primeira etapa será en Lugo-Lugo, a segunda Esgos-Manzaneda e a derradeira Pontevedra-Pontevedra, serán tres días de competición espectaculares. (consultar libro de ruta en www.fgalegaciclismo.es) O noso equipo contará para esta proba coa alineación de Jon Ander, David Montero, Diego Somoza, Brandon, Xusto González, Vicente Alló, Carlos Jeria e Marcos Xurado (cedido do Seguros Bilbao), baixo a dirección técnica de Tino Ares e Nico.

Previamente este martes 15 de setembro os nosos corredores estarán en Villaviciosa, onde se disputará a 79ª Edición do Circuíto Ciclista Nosa Señora del Portal, unha proba histórica dentro do calendario nacional, para a que este ano rediseñouse o circuíto por completo, dotándoo de máis subidas e menos rodador.

SORTE EQUIPO ¡¡¡

O Campionato Galego de Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo de Sandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 foron os ciclistas que participaron no campionato galego CRI disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández, o terceiro posto en júnior, e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.

En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un bo espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.

Campionato Galego CRI 2015c Campionato Galego CRI 2015b Campionato Galego CRI 2015a

Trofeo-Ria-Marin-FeminasO sábado disputouse o I Trofeo Ría de Marín de Féminas, cuarta proba da copa de España- Cofidis, nesta proba estiveron presentes, xunto ás mellores ciclistas españolas as nosas corredoras Lorena Sanín, en Elite, e Andrea Tome 6ª en cadetes.

Este domingo o equipo elite de estrada desprazouse ata a localidade de Markina, no País Vasco, para disputar o XXV Memorial Sabin Foruria do torneo Lehendakari. Nun día chuvioso os corredores realizaron un grandisimo papel, sendo o mais destacado Xandre Rodríguez que chegou no grupo que disputou a vitoria da proba

Memorial_Sabin_ Foruria_Markina2015Elite-Sub23_2015

volta-galicia-equipo2014O Club Ciclista Cambre Renault Caeiro participará este fin de semana na Volta a Galcia 2014. A ronda consta de tres etapas en Santiago, A Coruña e Sanxenxo que con perfiles moi quebrados e xunto ó gran nivel dos participantes converten esta proba nunha das mellores voltas do calendario nacional. O noso club alineará ós seguintes corredores: Adolfo Domínguez, Justo González, Vicente Alló, Anxo Cao, Alex Rodríguez, Diego Somoza, acompañados do importante reforzo como en outras ocasións do triatleta Iván Raña. Todos eles estarán sabiamente dirixidos Tino e Nico.

g-p-cidade-vigo2014Cadetes: Roberto Chas 2º.

Cadetes Féminas: Andrea Tomé 1ª.

Elite Féminas: Lorena Sanín 2ª.

Elite: Adolfo Vicente 13º.

Crónica C.C.Vigués:

Luis Mariño, del Froiz, se adjudicó el 41 Gran Premio Cidade de Vigo. El padronés mandó de principio a fin la carrera de fondo, con una fuga en solitario que inicio en la tercera vuelta al exigente circuito de O Castro, cuando quedaban todavía doce por delante; y fue segundo en la cronoescalada de 3,5 kilómetros desde la Porta do Sol, para totalizar 27 puntos.   Sigue leyendo

Crónica F.G.C.:

Grandes carreiras en Marín con importante presencia de público e moi boa organización a cargo do Club Ciclista Marín. A primeira das probas tiveron coma protagonistas aos cadetes e as féminas con triunfos de Paula Sanmartín (C.C. Vigués) e Daniel Rodríguez (E. C. Redondela). A carreira Junior contaba coa participación dos Sub 20 e de novo a victoria correspondeu por partida doble á Escola de Ciclismo Redondela que presentou na recta de meta a Samuel Soto e a Cristian Mota sen oposición a pesares de que os outros equipos trataron de impedilo ó longo de unha carreira que estivo moi competida e con distintas alternativas na cabeza cos equipos do Cambre e o Vigués moi activos ó longo de toda a a xornada.

Clasificacións do club:

Cadetes: Roberto Chas 9º (1º metas voantes), Pablo Alvarez 18º.

Féminas Elite: Lorena Sanín 2ª.

Xuvenís/sub21: Alejandro Rodríguez 3º, Daniel Lamas 12º (1º metas voantes), Diego Somoza 14º.

 

Campionato Galego C.R.I. 2014Moi bos resultados do club nos Campionatos Galego do C.R.I  2014, con Adolfo Vicente 2º en elite, Lorena Sanín 2ª elite féminas, Andrea Tomé 2ª en cadete féminas e a destacar novamente a sección de xuvenís co campionato para Jon Ander Tomé e o segundo posto de Diego González.

Crónicia F.G.C:

O Campionato de Galicia de Contra-Reloxo individual celebrado en O Rosal pasará á historia por ser unha das maiores concentracións de participantes en competición do ciclismo galego e por ser, os ciclistas, os primeiros en utilizar o vial que une Goian con A Guarda, inaugurado na tarde do venres polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e tamén serán os últimos, xa que a partir do último ciclista en chegar a meta será un vial pechado á circulación de bicicletas. Espectáculo ao grande cos mellores especialistas nacionais da disciplina e catro horas e media de incertidume que deu once novos campións ao longo de toda a tarde.

Sigue leyendo

cronoescalada-san-roque2014Uns 150 ciclistas participaron na 31 da cronoescalada San Roque disputada na localidade de Viveiro. Os nosos corredores tiveron dóus podiums con Diego González 2º en xuvenís e Lorena Sanín 2º en féminas.

Cadetes: Martín González 16º, Manuel Blanco 19º.

Elite-Sub23: Alexandre Rodríguez 4º (2ºsub23), Adolfo Vicente 5º, Anxo Cao 6º, Emérito Fernández 8º, Justo González 9º, Diego Somoza 13º, Daniel Lamas 15º (8ºsub23), Miguel Arcay 16º, Carlos Jeria 21º (13ºsub23).

– Féminas: Lorena Sanín 2ª, 6ª Tania Villasuso ( 3ª elite).

Xuvenís: Diego González 2º, Jon Ander Tomé 4º, Miguel Montero 12º,

san-antonio-villasana2014Crónica ciclo21.com:

Marcos Jurado, do equipo Seguros Bilbao, foi o ganador do 32º Gran Premio San Antonio, disputado na localidade burgalesa de Villasana de Mena sobre un percorrido de 131 kms. O pelotón de corredores élite e sub-23 protagonizou numerosos ataques desde os primeiros quilómetros, sen que ningún lograse fructificar. Foi a partir do km. 80 cando se formou na cabeza un grupo composto por unha quincena de corredores que foi sumando tempo ata chegar a meta con máis de dous minutos sobre o resto do pelotón. No sprint final, Jurado foi máis rápido que Antonio Pedrero (Lizarte) e Juan José Tamayo (Caixa Rural), segundo e terceiro, respectivamente. Imanol Díaz (Ibaigane) levouse o premio da montaña, e Sebastián Rodas (Telco’m), o das metas voantes. O mellor equipo da xornada foi o Gomur-Cantabria Deporte.

Clasificacións do club: Adolfo Vicente 5º, Javier García 29º, Emérito Fernández 37º, Diego Somoza 63º, Alexandre Rodríguez 88º, Rubén Castro 100º.

campionato-galego-fondo-elite2014Noraboa a Daniel López, novo campión galego de ciclimo en ruta, agora defende as cores do Caja Rural pero estivo toda a vida no Club Ciclista Cambre ata fai só uns meses.
Crónica FGC:
O ciclista do Caia Rural, Daniel López foi o vencedor absoluto do Campionato de Galicia de fondo en Estrada para a categoría Elite-Sub 23 que se disputou hoxe en Baiona (Pontevedra), con pasos polas localidades de NIgrán e Gondomar. A carreira cumpriu perfectamente ás espectativas de dureza e competitividade practicamente dende os seus primeiros compases.

Tomaron a saída 62 participantes, a práctica totalidade do pelotón galego incluído nos 7 equipos autonómicos e algunhas inscricións individuais de clubs galegos non constituídos como equipo e outras de equipos foráneos. Sigue leyendo

vicente-alloEste pasado domingo na disputa do Trofeo Luso Galaico tivemos un susto importante ca grave caida de Vicente Alló contra un quitamedos, por sorte logo dun rápido traslado e unha intervención quirúrxica todo saiu ben e o brazo de Vicente “xa está para outra”.

Dende aquí queremos agradecer a tod@s as persoas e clubes que mostraron a súa preocupación polo estado do noso corredor, así como desexarlle unha pronta recuperación a Vicente.

Clasificacións do club: Adolfo Vicente 12º, Justo González 26º, Emerito Fernández 27º, Alexandre Rodríguez 38º, Javier García 59º, Diego Somoza 60º, Rubén Castro 70º.

Fonte: Que Pasa Na Costa

ezaroComo dicimos, a Costa da Morte segue afianzándose no panorama ciclista nacional. As imaxes da Vuelta polo Ézaro atravesaron o mundo, e a colleita xa a podemos ver e paladear. Esta fin de semana era o II Trofeo Luso Galaico o que circulaba polas nosas estradas, partindo de Camariñas e rematando nese pico, xa sacro para o ciclismo galego, o Mirador do Ézaro.

Finalmente foi o portugués Joaquim Silva o primeiro en conquistar o Mirador de Ézaro, sendo Óscar González (Froiz) terceiro e primeiro galego.

A carreira dun día que centraba máis espectativas da tempada Élite-Sub 23 en Galicia respondeu plenamente ao esperado cun espectáculo digno das mellores probas do calendario nacional. Cunha participación de 130 ciclistas procedentes dos equipos galegos, portugueses, asturianos e de Castilla León e tralo corte de cinta a cargo dos alcaldes de Camariñas e Dumbría, dábase a saída, ás 10 da mañá do II Trofeo Luso Galaico. Sigue leyendo

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca