Arquivo Novas
Seguro Licencia Ciclista 2016

Cicloturismo

 

En el Club Ciclista Cambre ya puedes federarte para el 2017, es básico estar federado para poder salir a disfrutar del ciclismo con total tranquilidad, no pierdas tiempo saca tu licencia Cicloturista o Máster para ir a las marchas o competir si es tu caso, si tienes cualquier duda, puedes consultarnos en:
admcccambre@hotmail.com

Por motivos burocráticos ajenos a nuestra voluntad, no podemos mantener la fecha prevista para nuestro XII Roteiro, el día 9 de octubre, ya que no contaremos con todos los permisos correspondientes antes de esa fecha.

Para evitar perjudicar a otras marchas ya programadas para las próximas semanas, tanto federadas como no federadas, nos vemos obligados a fijar como nueva fecha el domingo 13 de Noviembre, a las 9:30 horas.

Sentimos los inconvenientes que podamos causar a los participantes ya inscritos, por lo que les ofreceremos individualmente a cada uno la posibilidad de aceptar esta nueva fecha o en caso contrario a devolverles el dinero y cancelar su inscripción. Daremos un tiempo razonable para que lo piensen, por lo que la fecha tope para solicitar la baja será el 13 de Octubre de 2016.

cartelroteiro2016_a4_p

Ya estamos aquí de nuevo, esta vez para celebrar la XII edición de nuestro Roteiro BTT Terra das Mariñas, en Cambre, el domingo 13 de Noviembre de 2016 a las 9:30 horas .

Esta vez hemos preparado un recorrido largo de 71 km, con algo de todo, zonas técnicas, subidas duras, bajadas rápidas, zonas rodadoras…y otro alternativo de 35 km para los más tranquilos.

Cada semana sortearemos interesantes regalos de nuestros colaboradores, entre todos aquellos inscritos, así que cuanto antes lo hagáis más posibilidades tendréis de ganar alguno.

Inscripciones abiertas: https://championchipnorte.com

Marcha-BTT-UDC2015
Onte domingo 14 de xuño estivemos Alberto, David, Fran Dopico, Manu, Moncho, Nechi, Pablo Alvarez e Roberto, representando ao CCCambre-Caeiro na marcha I BTT da UDC, que conmemoraba os 25 anos da Universidade da Coruña, organizada pola sección de deportes da UDC coa colaboración do CC Abegondo.

A marcha tiña un percorrido de uns 42 qm, todos eles polo concello de Oleiros, con saída e chegada nas instalacións do INEF de Bastiagueiro.

Os organizadores prepararon un percorrido moi bonito e moi rápido, por sendeiros, camiños e pistas, con algunha zona técnica, destacando principalmente a parte costeira de Dexo ata o mesmo Seixo Branco, sobre todo polas incomparables vistas que se podían contemplar e disfrutar.

Ademáis tivemos a sorte de que a mañán tamén acompañou xa que estivo soleada e con boa temperatura para disfrutar do BTT con pouca roupa como procede nesta época do ano. A lixeira choiva da tarde do sábado máis que perxudicar,  axudou a que non houbese tanto pó como acostuma a haber no percorrido costeiro.

Moi bo o ambiente cicloturista, con máis de 200 participantes, con representación de todos os clubs da comarca e tamén xente de todo tipo de nivel ciclista, xa que o percorrido era apto para todos os públicos.

Para rematar quero darlle un aplauso aos organizadores, que con un prezo de inscripción de só 5€ montaron este gran evento cicloturista, con dous avituallamentos, bolsa de comida ao remate e regalo de unha bolsa bandoleira e unha camiseta técnica moi decente. Ademáis a posibilidade de participar indo “a tope” para chegar dos primeiros ou indo en plan tranquilo sabendo que é posible facer case todo percorrido montado na bici sen cargar con ela ao lombo, é algo que se está perdendo nas marchas cicloturistas modernas, nas que hai que ser case un superdotado para participar decentemente.

Chapó para a UDC e o CCAbegondo. Haberá que repetir en novas edicións.

101peregrinos2015Desde xa hai tres anos vimos tendo representación do CCambre nesta xa mítica proba no Bierzo, que vai pola sexta edición e que está aberta tanto á competición pura, estilo Brandán Márquez que acadou unha velocidade media de case 21 qm/h gañando a proba, coma ao auténtico cicloturismo do derradeiro clasificado no posto 1439, que non chegou nin aos 6 qm/h de media.
Ahí polo medio dos máis de 1700 inscritos estivemos pelexando no apartado MTB Dani, Moncho, Nechi, Tomé e Toñito, moi contentos porque todos rematamos correctamente o percorrido establecido e ademáis batendo amplamente as nosas marcas particulares acadadas un nas pasadas edicións.
Tamén houbo representación do club no esixente apartado de Duathlón Cross, xa que alí na liña de saída estiveron Bochi, Lucho e Pedre, os tres moi ben preparados con moitas horas de adestramento previo, coa idea de tentar de acadar moi bos resultados ou incluso mesmo podios. Sigue leyendo

nocturna-estrelasEste pasado fin de semana foi Domingo de Ramos e como así está xa establecido tacitamente, esa noite xuntámonos varios grupos de ciclistas, para sair desde distintos sitios de Galicia e percorrer os distintos Camiños de Santiago, coa idea de xuntarnos todos na Praza do Obradoiro ás 7 da mañán, xusto antes do amencer do citado domingo festeiro.

Polo que ao CCCambre respecta, o noso punto de saída é a ponte do Burgo, xusto donde está a estatua do Peregrino. Este ano a nosa participación foi moi escasa e tan só asistimos á cita Fran Dopico e Moncho Lestegás, que xunto con outros 40 bikers da comarca saimos ás 11 da noite do sábado, unha hora antes do habitual para ter en conta que esa noite co cambio de horario ás dúas serían as tres. Sigue leyendo

Marcha BTT da Merluza 2015Como non podía ser menos, o pasado domingo 1 de febreiro houbo representación amarela na II RUTA DA MERLUZA (CLUB CICLISTA BURELA), en Burela.
Esta vez participamos Alvaro Rey, Manu Novo, Moncho Lestegás e tamén andaba por alí Anxo Cao, aínda que non coincidimos con él pero vese nalgunhas fotos.
Percorrido curto, de só 36 qm, pero durísimo no aspecto técnico, aínda máis complicado polas tremendas condicións meteorolóxicas, con moito vento auga e treboadas antes e mesmo durante a proba.
Iso si, os colegas de Burela montaron un circuito moi atractivo, con algo de todo, subidas tendidas, subidas duras, trialeiras polo medio dos penedos, baixadas de vértigo, paisaxes encantados, moita auga e en xeral apto só para os verdadeiros amantes da BTT. Só por iso se entende que acadaran xuntar a máis de 350 participantes, algo impensable naquelas apartadas latitudes, sempre tan lonxe de todos os núcleos de poboación importantes.
Noraboa ao CCBurela pola organización, polo percorrido, polas sorpresas a xeito de druidas agachados nas sombras de Mordor e polo xantar ao remate da marcha.
No facebook do Club Ciclista Burela podedes atopar numerosas fotos do evento.

Os nosos veciños arteixáns prepararon para esta edición unha moi bonita marcha BTT polos montes que rodean o núcleo sureste da vila, con un percorrido equilibrado mistura de prolongadas subidas, terreo chan, algún tramo rompepernas, sendeiros estreitos moi revirados, baixadas rápidas e baixadas trialeiras, destacando a longa subida a Santa Leocadia e a baixada a Boedo como as máis representativas en canto a dificultade física e técnica desta marcha.

Os participantes tiñamos dous percorridos a elixir, un de 35 qm no que se pasaba pola meirande parte das subidas importantes e tamén pola baixada trialeira a Boedo e outro de 56 qm que engadía un certo grao de dificultade física na parte final, a partires do núcleo rural de Fortesende e pasando por Canzobre, Bregua e Morás, para xuntarse en Loureda co percorrido curto e regresar de novo xuntos a Arteixo polo paseo fluvial, mentres os paseantes domingueiros arteixáns disfrutaban dunha agradable mañán, na que tivemos algo de todo, fresco, algo de choiva e incluso un tímido sol que trouxo unha agradable temperatura cara ao mediodía.

A organización estivo moi correcta, con unha sinxela pero efectiva sinalización agás puntos moi concretos, boa asistencia nos cruces perigosos e uns abondosos pinchos variados ao remate, despois dunha ducha con auga digamos que fresquiña pero agradable. Iso si, botamos de menos algunha mangueira máis para lavar as máquinas e evitar así a longa ringleira que se montou na chegada.

Participamos polo CCCambre Alberto, Alex, Dani, Iván, Moncho, Nechi e Pedre e aínda que non gañamos o trofeo ao club máis numeroso como ocorría en tempos pretéritos, polo menos e como ven sendo xa bastante habitual, sí que gañamos o trofeo ao participante máis veterano, galardón que lle entregou Jessica, a presidenta do CCArteixo-MB3 a este cicloturista que escribe.

Boa acollida a que nos dan sempre aquí en Arteixo con precios moi populares, polo que haberá que volver no 2015 á X Edición, na que de seguro nos terán algo interesante preparado.

marcha-btt-arteixo2014a marcha-btt-arteixo2014b

CRONICA

Comenzou no ano 2005 a andadura do Roteiro BTT Terra das Mariñas, ao principio co engadido do Xalo e dos Sete Regos, que pouco a pouco fomos abandoando para deixar o nome definitivo como está ahora, aínda que xa é coñecido no ámbito cicloturista polo nome de Roteiro a secas.

Iso si, o mítico monte Xalo segue a ser o epicentro desta marcha e por iso nos últimos anos fomos incorporando cada vez máis Xalo, subindo e baixando por case todas as súas vertentes posibles, conscientes de que pedalear por este monte sempre é un reto ilusionante para case todos os cicloturistas. Sigue leyendo

desafiio-courel2014O sábado 27 do pasado mes de Setembro era outra data marcada en VERMELLO por algún dos compoñentes do club para disputar a 1ª Edición do DESAFIO DO COUREL. Ata alá desprazámosnos un nutrido grupo de representantes, (Nechi, Dani e o Gordito) o venres para hospedarnos no Albergue do pobo da proba, Quiroga, a escasos 100 m da saída e o sábado (Tomé acompañado do noso excompi Dani, agora enrolado nas filas do Betanzos) ademais por alí topámonos a Jose Ramón outro compoñente do noso club.

A noite foi tranquila e o sitio recomendable para quen queira ir outros anos, albergue súper limpo, económico e moi tranquilo para pasar unha noite relaxante antes do que nos esperaba o día seguinte. Boa cea e almorzo nun dos locais contratados pola organización, onde se respiraba BTT polos catro custados.

Ao día seguinte tocaba madrugar polo que ás 7:00 estabamos en pé e logo almorzo esperando aos nosos dous compis que chegaron co tempo xusto de café, foto de rigor e á saída que estaba no centro da praza ás 8:00h.

Algúns xa sabiamos que non ía ser un paseo e desde a saída xa foi todo subir, subir e subir ata chegar a acumular nos primeiros 12 km 1.110m. de desnivel acumulado pero aínda faltaban máis de 3.800, así que a cousa tomámonola con calma. Sigue leyendo

marcha-btt-anllons2014O domingo 21 de Setembro desplazámonos á veciña Laracha para participar nesta marcha organizada polo club ciclista Laracha en Dúas Rodas, que desde hai xa uns cantos anos é unha das fixas no noso calendario Btteiro.

Alí estivemos na liña de saída ás 9 da mañán, Alberto, Dani, Manu, Moncho e Pedre, representando ao CCCambre, xunto con outros 260 inscritos, dispostos a disfrutar dunha fermosa mañán e do atractivo percorrido que nos tiñan preparado os colegas Larachenses, que este ano tiña unha lonxitude de 48 qm, un desnivel positivo de 1.100 m e unha dificultade técnica media-alta.

En xeral o percorrido era moi rápido tanto nas zonas chas como nas baixadas, pero tamén tiña dous esixentes tramos de subida, sinalizadas para os “stravenses”, unha delas con unha lonxitude de 400 m, con unha pendente media do 10,9% e bastante trialeira e outro de 1 qm, máis ciclable e con unha pendente media do 10,2%.

A condición de ser en xeral unha marcha rápida, fixo que con ese desnivel en principio non demasiado esixente, pasasen a poñer a dureza os propios participantes, polo que dependendo do ritmo de cada un así se podía facer máis ou menos dura. Sigue leyendo

Por Iván Joglar:

Quebrantahuesos-2014Cruzar o arco de meta e saber que todo a pasado sen ningún percance, que o obxectivo realista que nos marcamos estaba superado. Atrás quedaban 4 portos, cada cal distinto ao outro e no que miles de persoas soñan cada Xuño en como afrontar para lograr a conquista da meta final.

Toca madrugar dado que a saída dáse ás 7:30, xente nerviosa que vai de aquí cara alá para acougar o tremor das pernas e o nó do estómago. A calma está presente no grupo do Caeiro, cada cal ten os seus obxectivos. Toñito e o seu ouro, Alberto deixar atrás a Toñito, Nechi non sufrir moito cos desenrolos da bicicleta, Vicente terminar malia adestrar case menos que nada por cuestións laborais, e o que escribe facer que todos terminen.

O primeiro porto chegaba logo de 25 qm de avenidas e autovías repletas de espectadores que madrugaron para ver a caravana de loitadores sobre as súas monturas. Somport levaranos ao país veciño con estrada ancha de pouca inclinación. 20 qm de ascensión onde é imposible mirar o percorrido da montaña e non ver parte da serpe multicolor que forma o pelotón. Toñito marcha xa diante e o resto seguimos a un bo ritmo. Sigue leyendo

ruta-btt-ferrolterra2014Domingo 9 de xuño foi o día elixido polo CC Ferrol para organizar súa marcha BTT, con saída e chegada nas instalacións deportivas da Malata e cun percorrido de 44 qm eminentemente costeiro que en varias ocasións permitía contemplar unhas preciosas vistas da ría Ferrolana, do golfo ártabro e tamén do bravo litoral atlántico e as súas preciosas praias surfeiras.

Moitas coincidencias houbo coa ruta do ano pasado, xa que o percorrido era moi parecido pero feito xusto ao revés e tamén a climatoloxía foi semellante, xa que tamén soportamos varias chuvieiras ao longo da mañán, aínda que por sorte a temperatura era agradable.

A verdade é que o percorrido era moi técnico xa que tiña algunhas subidas e baixadas moi radicais, sendeiros estreitos nos que cabía xusto a roda e sobre todo moita pedra por todos os sitios, polo que non se podía apartar a vista nin un segundo do que había por diante a risco de afuciñar ás primeiras de cambio. Sigue leyendo

pardo-cela2014O pasado domingo día 11 de maio, organizada polo CCFoz, celebrouse esta xa tradicional marcha cicloturista de estrada. Despois dun paréntese de dous anos por mor de dificultades de calendario, este ano por fin poideron celebrar a súa XXV edición e para iso subiron un anaco o nivel de dificultade da mesma, se o comparamos co dos anos anteriores, con 110 qm de percorrido e 2300 m de desnivel acumulado.

A saída para os 124 inscritos foi ás 9:30 da mañán desde o mesmo porto de Foz, para ir ata Fazouro durante uns 5 qm neutralizados pero a ritmo alegre. Aquí deixamos a estrada da costa para tirar xa libres cara a Ferreira do Valadouro pasando por S. Acisclo. Era o momento para que os máis fortes rompesen as hostilidades, polo que aproveitando que o terreo era case chan os qmts voaban moi rápido e non se baixaba case nunca dos 40 qm/h. Sigue leyendo

Deporte Galego
Galicia Saudable
Abanca