Inicio   |   Características    |   Descripción   |   Puntos interese    |    Mapa   |  Tracks   |  Altimetría   |   Contacto
descrición do percorrido

Comeza buscando camiños de terra e no seu defecto vías ca menor cantidade de tráfego posible dende o Museo de Cambre, que fai tamén de Punto de Información, en dirección Suroeste pola Arrigada e de alí ós Campóns despois de cruzar a vía do trén e o Rio Mero, discorrendo corrente arriba, dirección sur, po-las bellas corredoiras que levan ós prados do Rego de S. Bieito, sube paralelo a un lado e a outro do pequeño cauce, ata a fonte e a capela que lle dan nome, atravesa a autovía A-9 po-la pasarela metálica e coincide co Camiño Inglés de Santiago en Anceis, onde cambia a terra por unha pista asfaltada que nos conduce en direción Leste a Sergude.

Ou ben cruza a estrada nacional 550 en Tabeaio e dirixenos a Celas de Peiro por Vinxeira pasando por detrás da Torre para circundando a ladeira, encaramarnos ó Monte Xalo, punto máis alto do percorrido, que baixará po-la vertente oposta, dirección a Folgueira ata a Fraga, acarón do rego da Uceira, que sigue ata os Muiños de Vilaverde donde nos desvia cara ó Norte pasando por Vilaverde ata Vilamouro para virar ó Leste e cruzar por primeira vez o Rio Brexa antes de chegar a Tabeaio de novo, pero esta vez por Cambelo, de onde baixa dirixíndose a Sergude para enlazar de novo co Camiño Inglés.

O percorrido, remonta cara ó Norte dende o Mato da Veiga, atravesando por segunda vez o Rio Brexa e comenza a subir por A Grela cara a Folgueira en Santa María de Vigo e de alí a Andeiro, despois de cruzar por terceira o Rio Brexa e a A-9 por un nivel inferior.

Continua co sube-baixa disfrutándo das ladeiras do Monte Meán primeiro en Brexo e logo en San Lourenzo de Meixigo. E baixa outra vez, que aínda non será a derradeira, ó rego de San Bieito no Bimbieiro. Buscando os camiños máis próximos da ribeira dereita vai abanza ata A Aldea e por debaixo Do Pinar Grande, para pasar á marxen esquerda no lugar de As Rexas acompaña ó rego ata o rio Mero que cruza antes que a vía do tren, guiándonos á sombra de Castiñeiros, piñeiros e vidueras a Socampo, de donde sube definitivamente ó Campo da feira de Cambre  pasando a carón da Igrexa Románica de Santa María, onde pecha o percorrido.

Club Ciclista Cambre
Concello de Cambre
Sinalizado no ano 2007