Solutem
 
Máis saúde Fisioterapia
 
Ciclos Roca

[ Crónica ]

[ Regulamento ]
  [ Clasificación Xalo] [ Clasificación Chegada ]  

CRONICA DO ROTEIRO 2011


O domingo 23 de outubro rematamos o longo proceso que comezamos alá polo mes de febreiro, para elaborar e sacar adiante o VII Roteiro / II Maratón BTT Terra das Mariñas.

 

Ahora nun só día deberiamos comprobar o resultado do noso traballo e abofé que non se pode dicir que o comenzo fose un camiño de rosas, xa que despois de varios meses con tempo de verán, sol e calor, xusto este domingo tiña que aparecer o primeiro temporal do outono para alegrarnos a festa.

 

Pero isto é pecata minuta para nós e cando daban as 8 da mañán estabamos xa diante do concello organizando o proceso de recollida de dorsais para os que non pasaron antes por Decathlon e dos chips de control para os participantes na Maratón, opción esta que montamos a última hora a título experimental e que resultou un éxito que aínda se pode mellorar con un pouco máis de tempo e elaboración.


Xa se notaba a chegada do vento cando puntuais puxemos a andar aos máis de 370 inscritos, todos impacientes por pedalear e buscando un oco preto da primeira fila, formando un tremendo pelotón amontoado no escaso espazo dispoñible. Nada máis sair, cando nin se levaba percorrido o primeiro qmt, un erro da moto que abría a marcha obrigalles a facer un bucle de propina aos que ían en cabeza do pelotón. Entre algúns cabreos, moitas risas e tremendas doses de pacencia, enfocaron esta vez sí o camiño correcto deixando a vila en poucos minutos para enfrentarse cada un ao percorrido elixido segundo das súas posibilidades, mesturando o pracer de pedalear co sofrimento do esforzo físico indudable que representaba calqueira das tres opcións dispoñibles.


Xusto despois da saída, o vento que subía de intensidade por momentos arrancou unha tella que caiu xusto donde facía uns minutos estaba a mesa de inscrición, librándonos así dunha seria desgraza que sen dúbida teriamos que ter lamentado de ter ocorrido.


Polas impresións expresadas polo noso persoal e polos participantes, todo o percorrido estivo dentro da normalidade, con moi poucos erros e incidencias mecánicas e con un só percance físico, atendido con dilixencia polos servizos médicos en ruta e con consecuencias leves para o participante afectado.


En xeral a sinalización foi considerada como correcta e abondosa, o control nos cruces perfecto, a asistencia en ruta rápida e eficiente e o avituallamento suficiente, aínda que houbo bastantes opinións no senso de que estaba un pouco lonxe e que a xente chegaba alí xa bastante tocada.


A chegada de volta a Cambre foi moi espallada tal e como estaba previsto, polo que non houbo aglomeracións no lavado de bicicletas nin nos vestiarios, puidendo disfrutar todos os participantes da merecida e non sempre posible ducha de auguiña quente.


Dos que chegaron da metade para atrás case se pode dicir que fixeron outra marcha distinta, porque pillaron de cheo a violencia do temporal e fixeron os últimos qmts baixo unha forte choiva e considerable vento, engadindo moitos deles unha marca de dureza ao seu palmarés BTTeiro.
A partir das 3 da tarde empezamos a repartir o xantar, momento para o relax xeralizado dos participantes e acompañantes, que según ían chegando engadíanse á festa para comentar as incidencias do día mentres daban boa conta dos callos, ensalada de pasta, larpeira, cervexa sen límites, viño, refrescos e café.


O fin de festa estivo estivo amenizado por Xoni, o noso speaker particular, ademáis de bo ciclista, que despois de facer o percorrido enriba da bicicleta puxo o traxe de faena e micrófono en man presentou o reparto de agasallos e trofeos previstos no regulamento da marcha e tamén o sorteo de regalos entre os participantes.

 

Os merecidos afortunados foron os seguintes que reflectimos neste CADRO DE HONRA:

1º clasificado segundo da orde de chegada na maratón: Trofeo Asador Coruña e maillot térmico doado por Ciclos Quintena para: JORGE NOVOA PÉREZ do club PENA TREVINCA.

2º clasificado segundo da orde de chegada na maratón: Trofeo Asador Coruña e 4 vales regalo de Bici Total para: RUBÉN RODRÍGUEZ SUÁREZ do CC NAVIEGO.

3º clasificado segundo da orde de chegada na maratón: Trofeo Asador Coruña e 3 vales regalo de Bici Total para: PABLO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ do RUTA DE TARNAS/BICLETAS DAVID.

Participante máis novo, agasallo doado por Fisioterapia Máis Saúde, para:

Santiago González Rodríguez, 15 anos, independente.

Participante máis veterán, agasallo doado por Fisioterapia Máis Saúde, para: Julio Abelleira Souto, 62 anos, da PC LEBOREIRA.

Club máis numeroso, con 25 participantes, para: C.C. CAIMANES DE BETANZOS, premiado cun xamón doado por Exclusivas Dialgava.

E para todas as 15 MULLERES PARTICIPANTES, como ven sendo habitual na nosa marcha, un ramo de frores para cada unha, agasallo especial do C.C. Cambre- Caeiro.

Tamén se sortearon varios vales regalo doados por Bici Total e un excepcional rodillo interactivo de última xeneración, doado por BKOOL.

Presidiron a entrega de premios o Concelleiro de Deportes do concello de Cambre, D. Fernando Caride, o Presidente do CCCambre, D. Antonio Carrodeguas e varios membros da xunta directiva.

Remato esta crónica co apartado de agradecementos, imprescindible neste caso cando o éxito depende de moitísimas persoas.


En primeiro lugar, grazas a todos os participantes por vir desde sitios tan lonxanos tales como Euskadi, Asturias e por suposto das catro provincias Galegas, polo excelente comportamento de todos e todas e pola comprensión que tiveron diante os nosos fallos.


Despois persoalmente e de corazón agradecemento especial para Abuin, Alberto, Dani, Javi, Jesús, Karina e Manu, porque sen eles non se tivese feito nada nin parecido.


Todos os demáis cicloturistas que colaborastes no evento tedes o meu agradecemento, Arturo, David, Docal, Fermín, Iván, Julio, Liébana, Marco, María, Monky, Niko, Oscar, Roel, Tomé, Vasco e Vicente.


Alvaro, Bochi e Xoni, xente que leva toda a vida no club e por algo será.


Ana, Carmen , Tita e Susi , sempre dispostas a botar unha man sen pedir nada a cambio. Carlos, ilusión infinita.


Tamén para os patrocinadores e colaboradores que aportastes en maior ou menor medida algúns dos medios económicos necesarios para montar un evento tan complexo coma este nos tempos que corren.


De especial importancia foi a colaboración desinteresada de Alberto (EA1AQE) e José Luís (EB1HSH), da Sección Local da Unión de Radioaficionados Españoles da Coruña, que puxeron á nosa disposición unha rede de radio que permitiu unha áxil e constante comunicación entre os membros da organización.


E por último agradecer os apoios institucionais imprescindibles neste caso, Concellos de Cambre, Culleredo, Carral e Abegondo, Policías Locais, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.


No caso de Cambre, o alcalde D. Manuel Rivas e o Concelleiro de Deportes D. Fernando Caride estiveron boa parte da mañán baixo da choiva, admirando o esforzo dos participantes que cansos pero felices ían chegando á meta, moitos deles soportando un fortísimo temporal de vento e choiva.


Como vedes, hai moito que agradecer e agardo que non me esquecese de ninguén.


Moncho Lestegás
Coordinador de Cicloturismo

 
Concello de Cambre Concello de Culleredo Concello de Carral Concello de Abegondo
 
 
 
 
 
 
 
NutriSport
 
EumeBike
© Copyright C.C.Cambre 2011