Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

1ª VOLTA VAL DO TÁMEGA

(04-07-2010)
[ Fotos ]

De aí en diante todo un rompe pernas, sobe-baixa, pon prato quita prato, co alto da Gudiña 892m polo medio, que a máis dalgún lle fixo dano. Logo segimos rodando ata o Alto de Fumaces con 855m, xa algo tocados para logo empezar o longo descenso ata Verín. Chegamos con 113km nas patas, na meta tamén había control por chip.

Como comentei ao principio a organización espectacular, auga prácticamente en todas as subidas, as motos super cordinadas (E NON ERAN DEMASIADAS) iso sí tamén levaban auga, barritas etc.

Ao entregar o chip déronnos unha bolsa con 2 bocadillos, empanada e 1 natilla. De bebida o que se quixese, coca cola, auga, acuarios, etc, e de sobremesas aparte da natilla ofrecéronnos tamén froita e biscoito, todo a fartar.

Logo da comida hohubo entrega de agasallos, onde as rapazas foron agasalladas cuns trofeos super chulos. Despois sorteo de viño e biscoitos, onde a un sevidor tocáronlle 3 botellas de viño branco. Logo sortearon unha bolsa chea de cubertas, cámaras, xeles etc, bo material que lle tocou a Karina, agora coñecida como KARI-NA BIKES, vamos que con todo monta unha tenda de repostos.

Como comentario persoal dicir que os que acudimos alí fixemos un moi moi bo papel tanto eles como elas.

 

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 31 Agosto, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007