Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

MARCHA CICLOTURISTA VILA DE ASPONTES

(04-07-2010)

[ Fotos]

Como anécdota dicir que Julio e Monky sairon co dorsal nº 11 e 13 respectivamente, se cadra polo evidente parecido físico que temos cos mismos que levan ese dorsal no Tour: Andy Schleck e un tal Fabian Cancellara...calcadiños, calcadiños.

A marcha dende As Pontes ata Ortigueira, da que nos quedamos as portas, foi unha baixada contínua con algún pequeno repeito que outro, na que a bon seguro algún cicloturata de un afamado Asador coruñés houbera demostrado as súas habilidades como puro "descender". A organización permitiu que a xente baixara o seu aire, a pesar de tratarse de un tramo controlado, e as velocidades rondaron os 80 qm/h, sendo particularmente espectacular o descenso que fixo un ciclista que se presentou con unha máquina de estas estrañas que levan os pedais por diante do manillar. O paisano púxose de primeiro poñendo o pelotón en fila india, e non había maneira de pasarlle, logo no avituallamento nos desvelou un dos segredos de tan espectacular baixada, que non era outro que o peso da súa máquina que rondaba os 14 quilos, no obstante e tendo en conta que o tipo mais parecía ir nunha tumbona de praia que nunha bicicleta, a cousa non deixaba de ter moito mérito, porque non debe ser moi fácil manter o equilibrio en semellantes aparellos.

Despois de un abondoso avituallamento, pero que non se alargou no tempo (apenas durou 20 minutos), transitamos un par de quilómetros ata Cuiña, punto no que empezaba o tramo libre, que tería o seu remate no Alto do Caxado tras 21 quilómetros que cada un subiu como puido. No cume estaba previsto un reagrupamento, pero a organización con bon criterio deixou baixar a os ciclistas segundo ían chegando, habida conta de que o tempo non acompañaba, non porque chovera, pero o vento e a néboa facían que a temperatura fora mais ben baixa, algo que cambiou apenas levabas baixado medio quilómetro onde Lorenzo xa voltou a facer acto de presenza, aunque eso sí con pouquiña forza igual que pasou en todo o camiño.

En total saíron 85 quilómetros a unha media moi superior a que a organización tiña prevista, rondando os 27 por hora, algo fácil de acadar si temos en conta que no propio Caxado había tramos de baixada nos que se podían acadar os 50 qm/h.
Como fín de festa tivemos unha Cea nun restaurante da localidade, do que non vou por o seu nome, porque non nos puxeron o partido da selección a pesar de que contaban con unha pantalla de 500 pulgadas alomenos. Eso sí, os espaguettis e a carne asada estaban estupendos, así como o postre que era un pedazo de helado que a bon seguro o propio David pasaría apuros para dalo roído. A cousa tiña mais pinta do xantar de unha boda, que de unha cea de ciclistas porque o restaurante tiña mesas redondas, que estaban cheas de pratos, culleres e coitelos por todas partes, como nos sitios finos, si señor.


Como reflexión final direi que é unha marcha moi recomendable para "pros" (exprimindose no Caxadao) e "paquetillos" polo seu escaso quilometraxe e os abondosos tramos de descensos. Esquencíame dicir que nunha das poucas localidades que atravesamos, Somozas, non vimos nin unha soa moza, a partir de agora teran que trocarlle o nome e porlle So-mozos (e broma, que non se cabree nadie).
Palabra de Arenque. 

 

 

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 31 Agosto, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007