Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
ESTRADA ALEVÍNS: Martín González Gaña a Copa Lugo 2011> <ESTRADA XUVENÍS: Daniel López Gaña o G.P. Concello de Cambre> <ESTRADA SENIOR: Ramón Roel Subcampión Galego Sénior 2011> <ESTRADA CADETES: Alexandre Rodríguez Campión Galego 2011 Cadetes> <ELITE ESTRADA: Adolfo Vicente Gaña a Volta a Cancienes>><BTT: Adolfo Vicente Campión Galego BTT Sub23, Alejandro Mesías 3º Elite> <BTT OLEIROS: Víctor Domínguez 1º máster 30, Alejandro Mesías 2º elite> <TROFEO SAN JUAN LEON: Diego Maroño 2º> <BTT CAMBRE: Víctor Domínguez 2º máster 30 e Brais Chas 3º elite> <BTT TRANSGALAICA: o C.C.Cambre remata 2º por equipos> <CADETES ESTRADA BOIRO: Alexandre Rodriguez 1º>
Seccións
Servizos
Transgalaica 2011
Open Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
La Vuelta

3ª SUBIDA NOCTURNA XALO EN BTT

Comenzamos ás 20:30 facendo un quencemento pola zona de Sueiro e Vinseira, bastante rápido e con algunhas rampas curtas e intensas, para voltar de novo a Celas e tirar cara ó Xalo pasando polos muíños, que se ven doutro xeito cando é noite pechada e corres o risco de rematar no río ou clavarse nalgún lameiro como lle pasou a Segade e case hai que buscar o guindastre para sacalo.

Subimos o Xalo polo sitio habitual e ó chegar á bifurcación tiramos cara arriba para seguir o percorrido actual do Roteiro. Nas últimas rampas antes da cume arranxaron o camiño, de xeito que perdeu bastante técnica a cambio de volverse máis pestoso por mor da terra solta e area que quedou no chan.

Con un par de necesarias paradas de agrupamento chegamos ó punto máis alto preto da antena, no medio dunha lixeira néboa que impedía ver a paisaxe nocturna e tamén mollaba un pouco, o que engadido á brisa que corría non era cuestión de deterse a arrefriar e deseguido decidimos baixar facendo primeiro uns qmts de cresteo ata dar coa pista principal que pillamos xa ata abaixo furando a obscuridade e o pó que levantaban os que ían diante.

Xa en Celas, unha ducha en seco e cambio de roupa para rematar case todos ceando no Canteiro un merecido churrasco. Acompañáronnos nesta lúdica tarea Ana, Karina, Susi e Carlos e botamos moito de menos a Javitrón, que estaba apuntado e non puido asistir por mor dunha inoportuna afección de gorxa.
O ano que ven máis.

 

Síguenos en Facebook
Fotografías: ( + )
Crónica: ( + )
Implicadas no Desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento Libro Dixital
Actualizado 26 Octubre, 2011                                     © Copyright C.C.Cambre 2007

Web subvencionada por:

Web subvencionada pola Xunta de Galicia