Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

I ROTA BTT REI CINTOLO

20-06-2010

Da gastronomía que dicir, pois a terra por alí da de todo e moi bo. Mesmo o propio Cunqueiro se encargou de difundir polo mundo as virtudes culinarias de Mondoñedo.

Pero imos ó noso, xa que a alguén se lle tiña que ocorrer que este podía ser un bo sitio para facer BTT e así os integrantes do Espeleoclub Rei Cintolo con poucos medios pero moita ilusión e ánimo, decidíronse a organizar a I Rota BTT Rei Cintolo por estes rexos montes.
Estamos en época de marchas BTT e Estrada por tódolos lados así que esta vez aínda que había 3 apuntados, só acudín eu na representación do CCCambre-Caeiro á chamada dos mindonienses. Cheguei alí a iso das 9 da mañán e había moi pouco ambiente, unha mesa de inscripción mesmo na rúa, preto da polideportiva dos Remedios e unha ducia de BTTeiros por alí preparando e montando as máquinas.

Pouco a pouco a cousa foise animando e chegaron ciclistas de Viveiro, Burela, Foz, Mondoñedo, Meira, Vilalba, Asturias, Culleredo, etc, xuntándonos no momento da saída uns 70 ou 80 ciclistas, donde había moitas caras coñecidas do ambiente BTTeiro e outros que coñecín en vivo despois de telos visto a miudo no foro MTB.

Comenzamos cun pequeño retraso facendo unha xira pola vila, ata chegar á praza da Catedral donde estaba situado o arco de saída oficial. Despois das fotos de rigor saímos prontiño xa cara ó monte, por uns sendeiros estreitos e preciosos, gañando altura pouco a pouco ata atoparnos de fronte coa muralla montañosa que non había máis remedio que subir pacientemente tirando de desarrollo e por veces de molinillo, por camiños de terra, de herba e incluso algun tramo de pista, pero sempre duro, cara ás covas do Rei Cintolo.

Arriba, moi pretiño xa dos eólicos atopamos unha baixada trialeira moi empinada e bastante perigosa, donde había que baixar con moito tino para non sair por enriba do manillar, para rematar cruzando dous rios por donde non daba pereza ningunha mollarse, xa que estaban tan limpos que mesmo apetecía beber neles.

E volta a subir de novo por unhas pistas anchas pero durechas ata atoparse coa estrada nacional nas Sasdónigas, donde estaba o avituallamento.

Parada breve para repoñer enerxías e despois de cruzar a nacional por debaixo, volta a subir ata atopar dúas alternativas, a longa e a curta. A longa era unha subida preciosa ata a Pena de Rodas, gañando altura sen descanso e aproveitando para admirar a paisaxe inmensa que se albiscaba desde alí.

Despois unha baixada longa, rápida e técnica, toda por camiños, con algún repeito de vez en cando que nos lembraba que aínda non rematara a cousa. Con moita auga por todos os lados, algo de lama tamén e pouco a pouco chegamos a Mondoñedo de volta despois de 35 qmts, en 3 horas de auténtico BTT en estado puro e de disfrutar de verdade do día, da paisaxe e do bo ambiente BTTeiro en xeral.

E ahora tocaba disfrutar da gastronomía, así que despois de ducharnos en auga quentiña e mentres agardabamos a chegada dos rezagados (algúns chegaron pasadas as dúas), fomos facer unha visita de inspección polos bares da vila. Para rematar, os preto de 30 ciclistas que nos quedamos a xantar, disfrutamos dun menú abondoso a base de ensaladilla, mexillóns, orella de porco con pemento e carne asada, todo elo a repetir e regado con viño branco, tinto, cervexa, refrescos etc. Rematamos con brazo de xitano, café e copas de augardente, herbas e crema de oruxo. Todo elo comodamente sentados e servidos por camareiros/as profesionais. Buaaaa tíos, que fomos quen de recuperar de sobra as enerxias gastadas por moi dura que fose a marcha, que o foi!!!.
Recomendable. Palabra de abó.

 

Roteiro Terra das Mariñas 2010
Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 7 Septiembre, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007