|
XIV Clásica Puertos Esmeralda
20-09-09
[ Fotos ]
Do CCCambre desprazámos doce participantes: Abuín, Dani, David, Estíbaliz, Javitrón, Karina, Manuel, Marante, Monky, Julio, Novás e Susana. Tamén nos acompañaron Sandra, Nico, Eva, Carmen coa súa cámara, Mª José, Abraham, María e a súa prima Ana, Carlos e Ana, Jorge, Marco, Diego e a nosa fotografa e co-equipier María.
O sábado mentres parte dos nosos acompañantes decidiron ir, sin éxito, a probar as corbatas de Unquera, Abuín, David, Javitrón, Marante e Monky fumos ata Nava a polos dorsais, cando a metade do camiño sorprendeunos a auga, no que pensabamos sería o preludio do tempo que faría o Domingo a tenor das previsions meteorolóxicas.
Sin embargo o día da proba amenceu soleado, aunque pouco a pouco o ceo iríase cubrindo, chegando en algún momento a ameazar a choiva, pero sin facer ésta acto de presencia. A marcha e de caracter líbre en casi a súa totalidade, facendo un reagrupamento no avituallamento de Anayo, ata onde Manuel e Monky chegaron como cabeza de carreira no que o CCCambre se refire, pero todo ten a súa explicación, antes de chegar o alto de Carrandi, David sentiu unha indisposición de tipo gástrico e tanto Abuín como Dani, quedaronse a esperalo, e tendo en conta que a ese contratempo se sumaba a falta de papel hixiénico, estos tres "pros" perderon moito tempo en relación a os xa mencionados.
Despois de Anayo, voltou o caracter libre da proba e cada un puxo o pedaleo que mais lle interesaba, quedando claro quen son os "pros" e quen os "paquetillos". Xusto antes de chegar a Nava faltaba a derradeira dificultade montañosa do día, a Collá de Pandenes, de 9 quilómetros, con unhos 2 finales onde a pendiente media superaba o 9%, e que se mostrou un terreno propicio para que os arenques demostrasen as súas cualidades escaladoras.
E por fín Nava, punto final para este ano estradense, onde temos que suliñar o 3º posto non oficial, pois como boa marcha cicloturista non hai clasificacións, do representante do Cambre José Antonio Abuín, un dos nosos "xefes de filas", con permiso de Dani, que chegaría un pouco mais tarde, así como David, que superadas as doenzas gástricas, mais parecía ir en moto, que en bicicleta. E por fín os "paquetillos" Manuel e Monky, fixeron acto de presenza xuntos, tal e como estiveron todo o camiño, entrando coas mans xuntas, como xa fixeran un ano antes en Navia. Logo chegou a ex-paquetilla Karina, que arrancou voces de admiración na súa escalada a Pandenes, que como xa mencionei anteriormente, era un porto propio para arenques e arenquinas.

E por fín Novás, Marante, Susana, Julío e mais Estíbaliz completaron a representación do CCCambre, eso sí de un xeito mais tranquilo, pero que non deixa de ter o seu mérito, porque a dureza do percorrido e mais os 110 quilómetros de que constaba a proba, non eran ningunha broma. Non me esquenzo de Javitrón, que por mor de problemas físicos, tivo que abandoar no qm. 96, moi pretiño de Nava, pero o que os compañeiros adicamos un aplauso cando cruzou a meta de forma simbólica montado na súa máquina, porque somos conscientes do inmenso mérito que ten este campión, que non se arruga diante de nada a pesares do pouco tempo de que dispón para entrenar. ¡¡¡ Bravo por tí, Javi !!!
O resto, xa foi encherse de sidrina, bollus preñaos e diversos pinchos que degustamos na abondosa espicha, toda vez que este ano non fumos agaraciados con ningún regalo dos que sorteaban, pero sí con un recordo de grupo numeroso, e tamén nos retratamos co homenaxeado da proba o "triki" Beltrán.
Por último dicir que a organización do Clube Nava 2000 foi prácticamente perfecta, aunque na miña opinión persoal o reagrupamento sobraba, porque cando paras tanto tempo, costa un mundo volver a coller o ritmo de pedalada. Ainda así, felicitamos a organización a que lle otorgamos un 9.9 de puntuación e como castigo por facernos parar, o vindeiro ano, non lles quedará outra que aturarnos os do Cambre, porque esta marcha xa está marcada como fixa no calendario. Amén.
|