Web do Club Ciclista Cambre Renault Caeiro Concello de Cambre
ESTRADA ALEVÍNS: Martín González Gaña a Copa Lugo 2011> <ESTRADA XUVENÍS: Daniel López Gaña o G.P. Concello de Cambre> <ESTRADA SENIOR: Ramón Roel Subcampión Galego Sénior 2011> <ESTRADA CADETES: Alexandre Rodríguez Campión Galego 2011 Cadetes> <ELITE ESTRADA: Adolfo Vicente Gaña a Volta a Cancienes>><BTT: Adolfo Vicente Campión Galego BTT Sub23, Alejandro Mesías 3º Elite> <BTT OLEIROS: Víctor Domínguez 1º máster 30, Alejandro Mesías 2º elite> <TROFEO SAN JUAN LEON: Diego Maroño 2º> <BTT CAMBRE: Víctor Domínguez 2º máster 30 e Brais Chas 3º elite> <BTT TRANSGALAICA: o C.C.Cambre remata 2º por equipos> <CADETES ESTRADA BOIRO: Alexandre Rodriguez 1º>
Seccións
Servizos
Transgalaica 2011
Open Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
La Vuelta

III PORTOMARÍN TROPHY
27-10-2011

Xa lle viña dando voltas á idea de probar a experiencia de asistir a unha kedada cicloturista e escollín para estrearme a Portomarín Trophy, que xa vai pola súa terceira edición e que de xeito altruista e entusiasta promoven un grupo de cicloturistas desa vila e arredores, encabezados por Esteban, alias Portobike que ten enganchado a isto do BTT a media provincia de Lugo.

Esta vila que xurdiu da auga hai medio século para escapar do implacable progreso que remataría asolagando as súas terras para construir o encoro de Belesar, é un paso obrigado do Camiño Inglés que remata en Santiago e iso nótase na cantidade de peregrinos que por alí pasan e pernoctan todos os días e por iso está moi ben dotada de albergues, restaurantes e establecementos de alimentación necesarios para atender a semellante marea humana.
Un deses albergues, en concreto O Mirador, foi o elixido pola organización coma punto de saída e chegada da kedada, xa que dispón de bar, restaurante, duchas e posibilidade de lavado de bicicletas.

Despois dun bo madrugón cheguei aínda de noite a Portomarín, que me recibiu agachado no medio dunha espesa néboa e con só tres graos de temperatura, polo que a sensación de frío era moi forte. Por sorte o ánimo foi subindo a medida que se xuntaban alí os máis de 60 BTTeiros que pouco a pouco foron poñendo a punto as súas máquinas mentres a luz do día tentaba asomar no medio da néboa.

Bastaron só unhas poucas recomendacións por parte de Portobike, subido a un muro a xeito de mitin expontáneo, para que con puntualidade galega, ou sexa un pouco máis tarde do previsto, saísemos cara ó pantano de Belesar para facer unha das dúas opcións de ruta posibles.

O encoro ahora está case baleiro, polo que a primeira parte do percorrido pasaba por donde antes estaba asentada a primitiva vila e nós, como se fósemos una multicor Santa Compaña furando en silencio a néboa, sentiámonos invasores dun territorio sagrado, disfrutando tamén do privilexio de voltar ao pasado e contemplar aínda que fose en ruinas aquel explendor e riqueza que debía ter esa ribeira nos anos cincuenta.

Rematou o relax cando apareceron as primeiras rampas e comezamos a gañar altura sen tregua e de xeito constante durante hora e media, todo iso sen conseguir chegar a ver o agardado sol asomar polas cumes. O terreo era sinxelo, pouco técnico pero tanto tempo subindo facía moi lentos os qmts, que ata mesmo semellaban ser máis longos do habitual, pero como todo o que empeza ten que rematar, chegamos por fin arriba donde atopamos un castro celta que tivemos que atravesar polo medio, poñendo especial cuidado para non estragar ese patrimonio que nos deixaron os nosos antergos. Un anaco despois, xusto na metade do percorrido longo estaba situado un impresionante avituallamento, con líquidos, froita, torta de Ancano e chocolate quentiño, tan espeso que había que apretar o vaso para que saíse a quentar as nosas gorxas, todo de balde e perfectamente atendido por hospitalarias mulleres que mesmo poderían ser descendentes dos habitantes do devandito castro.

A partires de aquí comenzaba a segunda metade da ruta, ahora por terreo máis BTTeiro, aínda que ao principio moito máis rápido ata o punto que pensabamos en mellorar a escasa media que traiamos acumulada, pero só foi un espellismo xa que despois chegaron os sendeiros enlamados, con contínuas subidas e baixadas, terras de millo cortado e un descenso acarón do río que poñía os pelos de punta, pois había que ir por un sendeiro esbaradizo e estreito, ao mesmo tempo que mirando de reollo un precipicio de máis de dez metros que te levaría dereitiño á fría auga no caso de cometer un erro.

Nada máis cruzar o río atopamos o máis duro do día, unha sucesión de subidas moi empinadas e cheas de pedras molladas, agachadas no medio das follas de castiñeiro que alfombraban o chan. Subir montado non era tarea doada e subir andando tampouco, pero non quedaba outra que ir alternando as posturas ata que tanto cambio de ritmo unido á miña pouca actividade das últimas semanas doume un aviso a xeito de calambres nas dúas pernas. Ay miña madriña!!!, case quedo ali chantado na lama no medio de non sei donde. Menos mal que os amigos Suso Bao (Pedalini) e Cheobike, ámbolos dous do Arteixo MB3, baixaron o seu ritmo para que puidese seguilos e ter asistencia GPS, imprescindible nesta kedada. Se non fose por eles seguramente aínda hoxe andaría por alí xantando a base de cogumelos que abondaban por eses montes.

Por sorte coa cegada da tarde o sol xa asomaba tímido nas partes altas e tamén asomou ao lonxe Portomarín, donde nos estaba agardando unha ducha con auga quentiña e un xantar a base de cocido preparado con todas as da lei e acompañado dun tinto mencía dese que deixa manchado o vaso. Con torta caseira, café e chupito rematamos o xantar, todos xuntos nun soleado mirador con vistas ao ahora baleiro Belesar que deixaba ao descuberto as ruínas do antergo Portomarín.

A verdade é que volvín a disfrutar do auténtico cicloturismo, da xente entusiasta e solidaria á que lle gusta facer BTT, disfrutar da BTT, e que non son coxos nin mancos enriba da bicicleta, pero que lles gusta o cicloturismo. Só fai falta botar unha ollada no foromtb para darse conta diso.

Os meus parabéns e agradecementos a todos e que sexa así por moitos anos.

 

Síguenos en Facebook
Fotografías: ( + )
Crónica: ( + )
Implicadas no Desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento Libro Dixital
Actualizado 16 Enero, 2012                                     © Copyright C.C.Cambre 2007

Web subvencionada por:

Web subvencionada pola Xunta de Galicia