|
MARCHA PEDRO DELGADO
14-08-2011
Este ano retomouse o percorrido tradicional, que arrancando de Segovia, incluía a subida de 4 portos de 1ª categoría: Navafría, Canencia, La Morcuera e Navacerrada por Cotos, para terminar completando un total de 155 qm con remate no pabillón Pedro Delgado, onde o organizador nos demostrou que aparte de ser todo un campión, é unha gran persoa, que estivo o pé do cañón ate o remate dos actos, firmando autógrafos e fotografándose con todo aquel que o desexara, sen perder en ningun momento a compostura, nin a eterna sonrisa que o acompaña. Para aqueles que nos iniciamos no cilcismo, baixo a influencia dos triunfos de Perico, este foi un momento que dificilmente poderemos esquecer.
A pesar de ser unha das marchas cicloturistas mais duras do calendario, non só polo percorrido, senón pola calor reinante en estas datas, mais de 2000 ciclistas se diron cita en este evento, enchendo de cor, a xá de por sí, marabillosa cidade de Segovia. Foi unha xornada feliz para todolos integrantes do Cambre, pois non sufrimos ningún percance físico, e rematamos os 6 integrantes a proba sen ningún incidente. No apartado negativo, hai que dicir que houbo moitas caídas, algunha de elas, bastante grave, polo que hai que incidir de novo en que hai que extremar as medidas de seguridade, e non arriscar mais do que se debe, pois non se trata de ningunha proba competitiva, e o que se trata é de non convertir un día de lecer, nun de desgracia.
Tamén por de relieve, que a pesar das multiples chamadas da organización, para que a xente tivera moito coidado, tamén se fixo fincapé, en que non se tirara ningún tipo de lixo na estrada, algo que por desgraza moitos "seudoprofesionais" do cicloturismo se salta a torera, e terminan convertendo un fermoso entorno, nunha escombreira. Dende o Cambre tamén facemos un chamamento a todolos cicloturistas, para que erradiquen ese costume, pois non custa nada, levar o envoltorio da barriña ou similar no peto, ata unha papeleira, e poder dar un exemplo de civismo os rapaces que empezan no mundo da bicicleta, aparte de por suposto, conservar a natureza.
Para rematar, dicir que a Perico debería ser a Meca de todo cicloturista, alomenos unha vez na vida hai que participar sí ou sí.
Palabra de Arenke.
Pd:-) O do cochinillo, xá é un tema aparte, o que o queira, que se "molle".
|
 |
|
Fotografías: ( + )
Crónica: ( + )
|
|
|
 |
|
 |
|
|
|
 |
|
 |
|
|