|
MARCHA CICLOTURISTA ESTRADA PARDO DE CELA FOZ
(23-07-2011)
[ Fotos ]
En xeral e á vista do perfil, non é unha marcha que se poda considerar dura, pero a súa catalogación de velocidade libre fai que cando os participantes se poñen guerreiros hai que loitar moi duro para non ocupar o honroso posto de pechacancelas, sentindo o ronroneo do coche basoira pegado á roda traseira.
Participamos nesta edición Abuín, Dani, David, Moncho, Segade e Anxo, un rapaz do club que estaba por alí e que non sabemos moi ben a que sección pertenece. Tamén estiveron María e Lois coma sempre apoiando e disfrutando da Mariña luguesa.
A saída estaba programada para as 15:30 desde a polideportiva de Marzán e con uns 15 minutos de retraso puxémonos en marcha os algo máis de 50 ciclistas que formabamos o curto pero bravo pelotón de inscritos.
Cruzamos agrupados Foz e tiramos cara a San Martiño por unha estrada estreita pero con bo firme, pasando a carón da basílica románica do século IX, considerada como a más antiga de España. Nada máis chegar a Santacilla soltaron as bestas, aproveitando que a estrada picaba para arriba de xeito continuo, circunstancia que fixo que o pelotón se fose rompendo por mor do ritmo elevado que os de diante imprimían, ansiosos de dar caña sen tregua.
No alto da Rega comenzaba unha rápida baixada, sempre con moi bo firme, que remataba na primeira glorieta de San Acisclo, donde se xiraba á esquerda dirección Bacoi para facer un bucle que nos volvía a traer a San Acisclo para despois transitar pola interminable recta de 5 qmt dirección Ferreira.
Sen chegar a entrar na vila, xiro de 90º dirección a Alfóz, municipio da Seara e afrontar a subida ó alto do Pouso, cuns 3 qmts de rampas constantes dun 5-7%. Nada máis coroar, cambiamos de estrada dirección Oirán e A Cazolga, donde estaba situado o avituallamento. O ritmo era moi rápido, sobre todo para os que iamos máis rezagados, xa que a diferenza aquí era só de 12 minutos, cousa non moi habitual nas marchas cicloturistas, donde o nivel dos participantes vai case do branco ó negro. Unha curta parada para os que non iamos pola cabeza e seguimos cara a Lourenzá para coller despois dirección Masma cun duro repeito por medio.
Nada máis pasar Masma e atopar a estrada Mondoñedo – Viveiro, metéronnos por unha nova estrada, tamén recién arranxada, de volta a Oirán, pasando por unha revirada e bonita subida con rampas que podían chegar ó 8-10% nalgúns tramos, para acabar outra vez subindo o Pouso, esta vez pola cara norte, máis curta pero bastante máis dura que a tradicional.
Baixamos outra vez ata Alfoz e despois dun bucle de propina polo Valadouro chegamos de novo a Ferreira para afrontar o alto de Moucide dirección Cangas, donde xiramos cara a Foz pola estrada da costa para facer o último tramo da ruta. En Forxán, pouco antes de rematar, estaba sinalizada a opción da subida ó Pico da Lebre. Este é un monte que se ve moi pretiño da saída e que non aparenta dificultade algunha, xa que ten só uns escasos 250 metros de altitude, pero que non deixa a ninguén indiferente despois de tentar subilo. Por unha parte o mal estado do asfalto e por outra as durísimas rampas que superan o 20%, fixeron que máis de un dos que elixiron esta opción tivesen que rematar empurrando a bicicleta cara arriba.
Pola parte do noso persoal houbo de todo, desde o meu caso en que teño a sorte (ou non) de coñecer o percal e tirei recto para a casiña, ata David que ía un pouco acojonado despois de oir as historias dalgún participante do ano pasado, pero que rematou o reto contento, non sen antes deixar unha das súas frases lapidarias, adicada a un fotógrafo que estaba preto da cume: “neno, sácame a foto rápido antes de que caia da bicicleta”. Xenio e figura.
En xeral, baixo o meu punto de vista, nunca tiven que pedalear tan duro para poder ir na cola do pelotón.
Para os que ían diante, parece ser que se tiñan medo uns a outros e ninguén se decidia a tirar, polo que foron algo por debaixo das súas posibilidades e aínda así fixeron unha media superior ós 30 qmts/h.
Bo traballo feito polos colegas de Foz, que nos meteron por estradas de moi bo firme, asistiron moi ben en todos os cruces e remataron con pinchos, torta, café e agasallos, acadando o CCCambre- Caeiro o premio ó segundo club máis numeroso.
|
 |
|
Fotografías: ( + )
Crónica: ( + )
|
|
|
 |
|
 |
|
|
|
 |
|
 |
|
|