Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

MARCHA TEA PONTEAREAS
11-07-2010

[ Fotos ]

A proba comenzou puntual, para completar un total de 116 quilómetros nos que se subirían os Altos de Festín, Caritel, Verducido, Estacas, Piñeiro, Moncelos e Fontefría. A destacar a participación de Veloso e Álvaro Pino, ciclista e director técnico do Xacobeo respectivamente.

A marcha era de caracter libre prácticamente na súa totalidade, polo que se formaron un feixe de pelotons, onde cada un podía buscar acomodo as súas posibilidades. Rodouse bastante rápido, proba de elo é que se chegou a Ponteareas con unha media cercana a os 29 qm/h no pelotón que ía eu, que non era dos de diante, onde ían Abuín e David. Julio quedouse facendo labores de gregario de luxo, tirando de mín para poder acadar a mención de ouro no diploma, cousa que conseguimos. 

A estrada era un contínuo sube e baixa, perfectamente sinalizado pola organización, que de novo rozou a perfección, con un firme mais que aceptable, que tan só un tramo de tres quilómetros mais propio do btt quitoulle un pouco de lustre a tan magnífico paisaxe. Os Altos eran bastante levadeiros, sin grandes porcentaxes, pero que pouco a pouco ían facendo mella nas pernas, ata chegar a Moncelos no quilómetro 80 (aprox.) que cos seus 9 de lonxitude e con un nivel de porcentaxe cercano a o 6% de media, xa poñía de relieve as forzas que lle quedaban a cada ún (as famosas "pilas").

No descenso de Moncelos sucedeu o único suceso triste do día con unha escalofriante caída de un cilcoturista, o que esperamos que non lle pasase nada (as asistencias médicas actuaron inmediatamente), e que se recupere o mais axiña posible. Logo veu a derradeira subida do día, francamente sinxela e un rapidísimo descenso de uns 20 quilómetros que te levaban o pé mismo do Ponteares, onde tanto Julio como Monky tivemola honra de entrar man a man co mismísimo Pino, auténtica lenda do ciclismo galego (seguramente nós íamos a "lume", e Pino paseando).

Finalmente ducha reparadora, pinchos abondosísimos e premio para as nosas dúas féminas, que siguen deixando ben alto o pabillón do noso clube. Feo detalle o de un cicloturista que foi no descenso chupando roda das rapazas os 20 qm e despois lles esprintou na chegada, un cero en educación para este individuo.

Non podo deixar de facer mención a cantidade de "profesionais" que cada día encontramos en maior número nas marchas, que tiran envoltorios, botellas de plástico (e non lles vale a cuneta, sinón que fan forza para que chegue o monte ¡¡¡), e demais avalorios que ben gardadiños no maillot, podrían ser un lastre importante que lles faría perder uns segundos preciosos que probablemente lles custaría pasar do posto 150 o 153 ou incluso mais... para eles a misma nota que para o "esprinter" que logrou clasificarse no posto 300 (aprox): un CERO en educación e civismo... se cadra trátase da herdanza que queren deixar os seus fillos.

E despois de estos feos detalles que non lograron empañar un día espléndido de ciclismo, cafelillo en Ponteareas e vía para Cambre que urxía ver a Selección Española alzarse co Campionato do Mundo de Fútbol. Mágoa que non se celebren así as victorias de Nadal (nº1 do mundo) ou de Contador (a día de hoxe o mellor ciclista do planeta) ou da selección de baloncesto, que tamén foi campiona de mundo, entre outros deportistas de élite españois.
Campiones, oe, campiones, oe ¡¡¡

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 31 Agosto, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007