VII Marcha das Rosquillas Ponteareas
31-01-2010
[ Fotos ]
Case duas horas de viaxe e atopamos alí na saída as famosas rosquillas con chocolate quentiño, para dar un pouco de enerxía ós nosos corpos no medio dunha mañán choiventa e neboenta, fea diría eu para resumir as condicións que nos agardaban polos montes ponteareans.
Saímos con 15 minutos de retraso, que non é moito tendo en conta que segundo da organización había 850 participantes. Despois dunha xira turística pola vila, tiramos cara ó paseo fluvial que percorremos durante menos de 1 qmt para entrar xa definitivamente no monte. Neste tramo, este que escribe tivo unha aterraxe forzosa, usando como tren de aterraxe o óso palomo, pero sen consecuencias aparte da dor na devandita parte.
A subida non se parecía moito ó perfil que publicaron os da organización, xa que agardabamos a metade do percorrido subindo sen tregua. O certo foi que había que subir pero tamén había descansos e incluso baixadas, todo elo sen grandes porcentaxes agás cando nos acercabamos á cume, donde empezaron a aparecer algúns pequenos “Anglirus”, como dicían varios participantes, con porcentaxes serias pero non moi longos coma para ter que apearse da máquina, todo elo sempre por pistas amplas, cómodas e nada embarradas.
Cando xa empezabamos a baixar atopamos o avituallamento donde nos pararon a todos para disfrutar de froita, bebidas...e máis rosquillas.
Parecía que non chegaban as famosas trialeiras pero chegaron de vez en forma de sendeiros de terra estreitos moi revirados e empinados polo medio dos piñeiros, con pendientes tan brutais en certos sitios que había que pensalo dúas veces para botarse por elas. Enlaces por pistas e máis trialeiras todas de características semellantes que se poñían máis difíciles por mor da chuvia que empezaba a caer. Por certo, había alternativas para evitar estes duros trances pero non estaban sinalizadas, así que para evitar acabar deus sabe donde, mellor era baixar a saco e divertirse, deixando os atallos para a xente da zona que coñecía ben o terreo.
O tramo final casi chan pero moi enlamado, levounos de volta á meta donde só nos quedaba lavar as máquinas e os corpos cheos de lama, antes de dar conta dun abondoso e gratificante xantar a base de carne ó caldeiro, chuletón á brasa e...máis rosquillas, todo elo regado con viños da terra e refrescos. Por certo, que nada máis chegar enterámonos que Javi tivera unha caída e estaba no centro de saúde. Asiña chegou e parece ser que á falta de probas máis profundas, só tén unha forte contusión nun costado. Animo campión e lume na viqueira!!!.
Café para rematar e volta para Cambre donde chegamos xusto a tempo para ver na TV a outros ciclistas fozar na neve no mundial de ciclocrós.
David alucinaba vendo na TV os ciclocrossman e Docal soñará esta noite coa CARNE Ó CALDEIRO, xa que a pesar de botar a andar todas as súas dotes para camelar ás rapazas, non acadou repetir o suculento manxar.