Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <Carlos Bruquetas 3º no G.P. Caja Cantabria> <Carlos Bruquetas 1º no G.P. Concello de Zamora> <Brais Chais 1º no Open BTT Astur-Cántabro de Presno> <José Taboada 3º na Copa Diputación de Pontevedra Junior > <Daniel López campión galego cadetes estrada >
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Open Ibérico Máster-Sénior 2009
VOLTA A GALICIA 2009
Vuelta a España 2009

Marcha Pedro Delgado
16-08-09

[ Fotos ]

Larga, dura e con moitísimo calor. Estes son a modo de resumo os datos da marcha Pedro Delgado, unha das 3 máis duras do calendario nacional, que onte día 16 corremos algúns dos integrantes da sección de cicloturismo do CC Cambre.

O sábado 15, día festivo sinalado en Cambre, partimos as 10:00 con dirección as Castillas, Karina, Estíbaliz, Abuín, Dani e Julio, con 2 ideas claras; participar os tres varóns na marcha de Perico, e darse unha homenaxe a base de cochinillo todos os componentes da expedición. Este último obxetivo foi o primeiro en cumprirse, xa que as 15:00 h xa estabamos en Arévalo dando boa conta de tan afamado cuadrúpedo. Alí a 30º C, a sombra dos soportais de pedra,  gozamos dun estupendo xantar na praza central do pobo nun pequeño restaurante cunha atención e cociña máis que satisfactorias (totalmente recomendable para todo o que pase por alí).

Pola tarde dirixímonos a Peñarubias del Pirón, donde tíñamos contratado o aloxamento nun coqueto e coidado complexo de turismo rural, para máis tarde desprazarnos os 20 Km que separaban esta localidade de Segovia, onde aproveitamos para recoller os dorsais, cear un pouco de pasta e disfrutar dun café, nunha estupenda terraza, cunha tª de noite ainda mellor.

O turismo acabouse o día seguinte no que o despertador soou as 5:45 h para estar as 7:30 en Segovia. Para facer honra os despistes de Perico, por mor dun pinchazo os 200 m de montalas bicis nun caso, ou por cubrir necesidades fisiolóxicas, tamén mo mesmo caso, chegamos 10 minutos tarde a saida dende o mesmísimo acueducto, minutos que recuperamos nun arreón para unirnos o pelotón principal antes da entrada na Granxa. A partires daquí empezaba o festival de Portos.

O primeiro Navacerrada, o cal subimos a bon ritmo, baixada rapidísima para encarala Morcuera, porto menos duro do previsto. Outra baixada rápida, para en Miraflores de La Sierra encarala estrada que nos levaba o porto de Canencia, moito máis duro do a priori considerado. De novo para abaixo cuns cuantos Km de chan para encarala última dificultade montañosa do día, o porto de Navafría, porto largo e constante, que tal e como estaban xa as patas e o tremendo calor que se sufría a esas horas, fixeron da súa escalada un suplicio (especialmente a servidor).Ó baixar Navafría quedábannos 35 Km de terreo rompepernas e con vento de cara que cada un fixo como puido dentro do seu nivel, pero que ca meta a esa distancia, compría completar.

Ó final, día durísimo de ciclismo onde o calor e a altitude nos fixeron máis pupa da deseable, sendo 2 factores os que non estamos acostumados polas latitudes donde vivimos e adestramos. A día de hoxe, non teño gañas ningunhas de voltar a participar para o próximo ano, pero si tivéramos tempo a adestrar para presentarnos alí en Agosto nunha forma aceptable para completar os 170 Km, Deus…………. No caso de animarse a xente, a ver si poideramos ir un grupo máis numeroso, máis que nada para pedilo cochinillo enteiro e non andar con medias racións…………. Mención especial a Karina e Estíbaliz que sacrificaron un día de turismo moi interesante, pasando moitísimo calor polos portos para poder sacarnos fotos e darnos líquidos e ánimos, bens moi escasos neses lares, no día de onte. Un pracer ter viaxado con persoas con ánimo de pasalo ben, e o que é aínda máis importante, de que os demáis tamén o pasen así.

 

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 25 Febrero, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007