|
RUTA BTT A FERROLTERRA
26-06-2010
[ Fotos ]
Tomando o mando da marcha alí estábamos os tres integrantes do Cambre, un coñecido de Alvaro da Peña Leboreira de Pontedeume, é outro creo de Vara e pedal, (digo creo xa que nesta ocasión non levaba o uniforme oficial).
Incluso a xente lle preguntaba a predición de tempos de pasada por zona a este amigo de Alvaro (iso que el viña de paseo tamén, sen intencións de organizador)
Percorrido polos montes da zona con preciosas vista, da ria de Ferrol asi como da comarca, subidas doadas, baixadas técnicas, e trialeiras case que imposibles, aptas para auténticos BTT.
Antes que nos deramos conta xa estábamos no avituaiamento na praia de Doniños, mais o sitio escollido, era un pouco ventos, o que nos facía enfriar moi axiña, polo que decidimos para pouco e arrancar para despois dun aviso da organización ,esperar mais ao abrigo dando tempo a que tiveran o resto dos sectores cortados.
Retorno de novo os montes encontrando unha subida trialera so acta para o personal con moita forza ou altamente técnico, e chegada o tramo libre con pequena reagrupación para que aqueles que tiveran gañas o disputaran.
Seguidamente baixadas de vertigo moi divertidas con algún que outro repeito, mais cando nos dimos conta, e cumprindo o horario previsto, as 13:05, estabamos no polideportivo da Malata de novo.
En resumen, unha ruta divertida, ben sinalizada, con boa atención da xente do CC Ferrol nos cruces e con un dia que non quetou en exceso, o cal se agradeceu para os que fixemos esta ruta.
|
|