MARCHA BTT CONCELLO DE ARTEIXO
11-07-2010
[ Fotos ]
Xa sabiamos que os arteixáns son cañeiros, así que non nos pillou de sorpresa andar de trialeira en trialeira, para arriba e para abaixo, con curtos tramos chaos para descansar os brazos e o traseiro.
Xa nada máis sair da vila, atopamos unha dura e técnica subida que tiraba para arriba case sen descanso ata acabar no alto de Santa Leocadia. Despois un tramo máis relaxado e nova subida ata pasar preto do polvorín donde nos desviamos á dereita por unha pista tranquila ata atopar un tobogan de trialeiras seguíndo unha liña de alta, para despois enlazar con outra trialeira imposible polo gaseoducto.
A baixada ata Boedo moi bonita coma sempre e xusto antes de chegar á pista asfaltada, desviáronnos pola esquerda para pasar por un sendeiro estreito no medio de árbores e regatos. Aquí uns cantos perdemos a sinalización e acabamos a media subida do polvorín, para baixar despois ata Loureda e atopar de novo a ruta despois de dar un rodeo de máis de 1 qmt.
Despois seguía cara a Canzobre e alí na fonte do Cigala estaba o avituallamento.
O tramo final foi tamén trialeiro por sitios que en parte xa coñecemos das nosas saídas domingueiras e por outros novos que incluían o paso por un río e un túnel duns 50 metros donde no interior a obscuridade era case total. Tiña 2 metros de alto por 1,5 de ancho e o chan era liso por donde pasaba o río cuns 30 cmts de auga. Para manter o equilibrio sen referencias visuais, había que levar a man apoiada na parede.
Chegamos por fin a Arteixo outra vez sen novidades e despois dunha boa ducha quentiña, uns tiraron para a casa e outros fixemos tempo ata a hora de xantar no restaurane de Monticaño, tal coma se fose unha boda. Levo unha racha!!!.
Total que había calamares, setas con xamón, tortilla, croquetas, carne á pedra boísima a repetir, xeado, café, viño, cervexa, refrescos, etc.
E a iso das 5 volta para a casa para ver como Contador se deixaba uns segundiños diante de Andy e de Cadel. Hai tempo de recuperalos pero para iso hai que xantar forte coma nós.
A ruta pódese calificar de moi aceptable, xa que con poucos medios e apelando á responsabilidade dos ciclistas, montaron un percorrido moi atractivo. A sinalización...pois de todo, tramos con profusión de sinais verdes (problema para daltónicos), outros cunhas poucas cintas bermellas e outros donde había que ter intuición e atención.
Noraboa os colegas arteixáns.