|
CLÁSICA LAGOS DE COVADONGA
21-05-2011
[ Fotos ]
O resultado é que todo o mundo volta contento, uns polo ben clasificados que quedaron, outros porque remataron a proba, outros porque remataron coa colleita de sidrina do ano e incluso aqueles poucos que por diversas circunstancias non poden rematar, voltan xa pensando xa na edición do ano seguinte.
A verdade é que desde a miña experiencia dos dous anos anteriores e sobre todo polas crónicas que algúns fixeron nada máis chegar, sácanse as conclusións que despois se contan nos corrillos cando se fala dos Lagos, pero que ninguén chega a comprender moi ben ata que participa por primeira vez.
Así nos primeiros qmts o nervosismo é total xa que ningúen está acostumado a rodar nun pelotón tan numeroso a 40 ou 50 qmts/h e o estrés pode chegar a ser tan grande que un está xa desexando chegar á Tornería para que o persoal se estire un pouco. Ciclistas tan curtidos coma Julio ou Monky expresan dalgún xeito o medo que pasaron alí metidos, aínda que de seguro que se quedaron curtos na súa crónica porque a alegría de completar a proba supera moitos dos sofrimentos previos.
E xa na Tornería, un comenza e ten tempo dabondo para admirar a beleza da montaña asturiana e aínda que o porto é duro pásase mellor do agardado, para que se tempo de que os novatos disfruten de ter cumprido o seu primeiro obxectivo, comence de novo o estrés, esta vez en forma de baixada vertixinosa e retorcida, con tramos nos que hai que ir con moito tino e utilizando máis a cabeza que o corazón.
Abaixo xa comenza a subida ó alto do Ortiguero, moi tendida e de bo firme, o que pode resultar enganoso se un se fía desta “facilidade”. Por sorte xusto antes de coroar está o avituallamento para que os que o desexen podan relaxarse un anaco e repoñer forzas.
Desde aquí ata a Santina cecais temos o tramo máis relaxado, xa que aínda que se roda moi rápido, o pelotón está moi espallado e fórmanse gurpetos de 20 ou 30 persoas donde un se atopa cómodo e seguro para devorar os últimos qmts favorables do día.
E xa na Santina, toca rezar, porque unha curva moi pechada e con moita pendente, recibe ós superviventes que pasan polo arco que mide o tempo de iniciar a subida ós Lagos.
A partires de aquí sempre para arriba, coa cadea nos piñóns máis grandes, gañando altura rapidamente e aproveitando a sombra que aínda dan as arbores das cotas baixas. O sofrimento xa se nota nas pernas e nas caras pero aínda falta o peor, xa que cando as árbores desparecen da paisaxe, aparece unha rampa serpeante de case un qmt, con porcentaxes que xa son moi serios para a maioría dos participantes e na que levantar a cabeza e ver a ristra de gladiadores arrastrándose pola estrada, baixa uns puntos a moral do ciclista se lle quedaba algunha. Por sorte o ánimo da numerosa xente que se agolpa na veira da estrada, é como unha inxeción de caña de herbas directa á vea, que permite seguir tirando para arriba.
Despois de superar este tremendo paso, podemos permitirnos uns anacos de relax combinados con outras rampas aínda moi duras, pero xa se pode intuir que o final está preto e que pode ser posible rematar con éxito. Mesmo os ánimos dos colegas que xa baixan, producen unha sensación agridoce (será cabr...zo), que se vai facendo cada vez máis doce cando se aproxima o arco final, que para máis castigo está posto ó remate dunha rampa nada agardada e que serve para deixar alí os derrradeiros gramos de forza que aínda quedan nos nosos cansos corpiños.
|