Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <Carlos Bruquetas 3º no G.P. Caja Cantabria> <Carlos Bruquetas 1º no G.P. Concello de Zamora> <Brais Chais 1º no Open BTT Astur-Cántabro de Presno> <José Taboada 3º na Copa Diputación de Pontevedra Junior > <Daniel López campión galego cadetes estrada >
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Open Ibérico Máster-Sénior 2009
VOLTA A GALICIA 2009
Vuelta a España 2009

II KEDADA CICLOTURISTA DA CORUÑA
01-11-09

 

Pouco a pouco fómonos xuntando no Burgo unha morea de ciclistas chegados de toda a comarca, mesmo de Ferrol, para facer o percorrido pensado en principio para levar de forma relaxada aproveitando para falar e disfrutar da paisaxe costeira. E con bastante puntualidade puxémos en marcha a longa ringleira de ciclistas e á altura do Carballo xa nos recibiu a agardada chuvia, en principio suave pero con poucas trazas de mellorar e despois a medida que avanzabamos, cada vez máis forte  e acompañada de refachos de vento lateral que movían as bicicletas perigosamente dun lado para outro.

No alto de Campolongo a cousa estaba moi dura e a baixada ata Pontedeume houbo que facela con tino e quentando os freos para conseguir parar abaixo antes de coller cara a Perbes pola costa. O vento seguía zoando por entre das árbores e por enriba hoxe había un tráfico bastante abondoso pola estreita estrada costeira, o que fixo que houbese que trocar a charla amigable por unha concentración extrema para tentar de rematar a xornada sen incidentes que lamentar.

En Miño Julito que hoxe fixo de chofer do coche basoira, tíñanos preparado o avituallamento na beira da praia e paramos o xustiño para comer algo e seguir a ruta antes de enfriar, máis que polo frío pola falta de actividade empapados como estabamos. E así en grupetas máis ou menos improvisadas fomos chegando de novo ó Burgo, aínda que a xente non estaba pola labor de agardar alí e cada un tirou directamente cara a súa casa para recibir unha merecida ducha quentiña.

Os aventureiros tolos fomos Abraham, Abuín, Dani, David, Estíbaliz, Iván, Javi, J. Segade, Karina, Marante, María, Moncho, M. Segade, Novás, Vasco e Vicente coma cicloturistas. Tamén estaba Pablito coa súa bici de ciclocrós.

E mención especial para Julio que non atopou chofer para o coche basoira e tivo que resignarse a ver os touros dende a barreira e facer de fotógrafo, asistente e garda de tráfico. Nun principio amosaba unha cara de circunstancias pero ó longo do día e coñecendo o pouco que lle gusta a auga,  estou seguro que pensou, carallo da que me librei !!!.

Xornada sen incidentes que reseñar, así que se pode considerar exitosa que é o importante.

 

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 25 Febrero, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007