MARCHA CUENCA DEL NAVIA
27-06-2010
A saída foi con un cuarto de hora de retraso, na que se pasarían as localidades de Anleo, Navia e La Caridad en pelotón, arrancando o tramo libre en Arancedo, onde nos esperaba unha subida de uns 20 quilómetros ata o Alto de Penouta. Ésta non presentaba grandes desniveis, pero manter un ritmo alto durante tanto tempo pasa factura, polo que a baixada que había ata Boal, onde nos esperaba o avituallamento fíxose "a lume", porque aínda que só levabamos 45 qm. feitos algún xa se comía as unllas coa fame.
A pesar de que a organización non tiña avisado de ningún reagrupamento, a parada era obrigatoria, algo que o meu entender perxudicou a os que ían por diante, porque a espera fíxose moi longa e cando voltamos a montar nas bicis, as patas xa acusaban o parón. Nada mais arrancar, fixemos un longo descenso que nos levou a carón mismo do Río Navia, onde sin dar case tempo a respirar nos atopamos con un desvío que non estaba previsto, e que a organización viuse obrigada a tomar por mor das recentes riadas, que tiña rampas que non debían de estar moi lonxe do 20%, e que fixo que esta vez o pelotón se rompera definitivamente.
Logo de un terreo bastante rompepernas, encaramos o ascenso a o alto de Valdedo onde poidemos disfrutar, o igual que en tramos anteriores, das maravillosas vistas as que facía referencia o principio, botándolle un pouco de imaxinación case se podía ollar a famosa Garganta, unha subida de 21 qm da que non debíamos de estar moi lonxe. A parada no avituallamento da Ponticella era case que obrigatoria, porque todavía faltaban mais de 30 qm para o remate, e as forzas xa non sobraban tendo en conta a dureza do perfil, e o calor abafante que facía por momentos.
Aínda quedaban por diante os Altos de Vilayón, e o de Arbón, estos xa con menos desniveis, pero que tamén facián mella nas patas, por aquelo de ir case "sen pilas". Polo medio baixadas espectaculares con curvas de 180º, nas que se rexistrou o único incidente desagradable do día, coa caída de un cicloturista, bastante espectacular pero por fortuna sin consecuencias graves.
E por fín chegamos a Armental, non o de Cambre, pero sí o pobo anterior a Anleo que curiosamente ten o mismo nome que a aldea cambresa. E como xa tiñamos experiencia de anos anteriores, o que se ducha primeiro pilla auga quente e os demais a refrescarse... que algún premio ten que ter o de ir a todo gas.
Seguramente cando chegou algún cicloturista, puidose oir esa mítica frase popularizada nos anos 90 por un humorista de dudosa gracia, que rezaba así, "Dios mío, no siento las piernas..."
Fín de festa con unha espicha na que había de todo e un pouco mais, onde case que che obrigaban a comer, e sinón que llo pregunten a Julio que lle saían os macarróns polas orellas, e o mellor de todo ben sentadiños que boa falta facía. Voltamos pra Cambre non antes sin facer unha paradiña técnica para o acopio de cafés en Navia.
No plano deportivo destacar o estado de forma de David que está como unha moto (deben ser as rodas Easton e mais un "pique" sano que ten con un popular cicloturista coñecido como "el tobillos"), de Jose o sabido, que a este haille que dar de comer aparte, e dos demais que cumplimos co obxectivo inicial que non é outro que acabar, e se pode ser sans e salvos.
Tamén e como remate dicir, que nos traemos o trofeo o clube mais lonxano, un recordo para os clubes con mais de 3 participantes e un agasallo para cada unha das nosas féminas, que ben o mereceron porque tan so outra mais se atreveu con esta dura rota, que non lle ten nada que envexar a popular "Rompepernas", eu case diría que é mais complicada esta, porque terreo chan si o había nos non o vimos.
Pese a todo..."volveremos".