Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

VIII MARCHA BTT COSTA DA MORTE

05-06-2010

[ Fotos ]

Para os que viñestes outros anos, dicir que o percorrido non se parecía en nada ós anteriores, nin tampouco a organización. A ruta percorreu a zona costeira, por camiños moi bonitos, moitas veces preto do río Anllóns, subidas curtas con niveis de dificultade para todos os gustos e baixadas rápidas bastante técnicas.

Os organizadores avisaron de que a marcha estaría controlada polos ciclistas do club Monteneme e así o fixeron xa que eran rapaces que andaban bastane ben. Incluso nos tramos de subida máis dura, díronlle permiso ós máis sobranceiros do Cambre para que pasasen diante a tirar.

En todos os cruces había xente controlando o tráfico, o que daba seguridade para pedalear sen esa preocupación. Cecais nos derradeiros qmts faltou un pouco ese apoio e algúns perdémonos por mor da dobre sinalización da ida e da volta que coincidían.

Despois de xa bastantes marchas BTT enriba do lombo, volvimos a disfrutar dunha marcha CICLOTURISTA, na que había por veces que botar o pé a terra, formándose pelotóns en ringleira para pasar por sitios estreitos e perigosos a carón do río. A xente tomaba o tema con filosofía e ninguén corría o risco de que lle pasasen por enriba da cabeza estes “pros” metidos a cicloturistas que abundan ultimamente por ahí.

E por iso que a pesar de ser un percorrido variado e por veces difícil, tiñamos a sensación de disfrutar da bicicleta como se fose unha saída calqueira de domingo.
Había no qmt 14 un avituallamento líquido voluntario e no 25 o avituallamento sólido e líquido de parada e reagrupamento obrigatorio.

Non se fixo longa a parada e despois de quentar un pouco por terreo chan comenzamos a subida estrela ó Monte Neme, con unha lonxitude de 2 qmts e rampas duras pero levables sen ter que botar pé a terra. Aquí os de Cambre cumprimos coma campións entrando todos dentro dos 20 primeiros entre máis dun cento de participantes.

Quedaba para o final unha longa e rápida baixada e despois terreo favorable para chegar de novo ó punto de saída na fábrica de conservas Calvo donde había 3 mangueiras para lavar as máquinas, que boa falta lles facía despois unha tarde choiventa, que máis que de primavera parecía de outono.

E para rematar, duchas con auga quente e pinchos abondosos, bebidas variadas e entrega de agasallos ós participantes.

Como anécdota, dicir que se achegou a min o xefe da organización para preguntarme se eu era o famoso “abuelo” do Cambre. E despois dixo: e que eu leo todas as crónicas que poñedes na páxina web.
Da gusto atoparse con xente así!!!.

Por certo, que non me levei ese premio con sabor agridoce que é o de participane máis veterano, por un pelillo. Hai que seguir dando o callo!!!.


Roteiro Terra das Mariñas 2010
Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 7 Septiembre, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007