2º CAMPIONATO DE ESPAÑA BTT POLICIAS E BOMBEIROS
16,17,18-07-2010
En relación á competición, o circuíto era moi técnico e sinuoso, non permitindo a recuperación en ningún momento, con constantes subidas e baixadas así como un piñeiral ao comezo do mesmo que puña os pelos de punta a calquera. Foi un auténtico rompepernas aínda que moi traballado e bonito á vez. Tras unha longa subida ao castelo de Montjuic podías divisar por uns instantes toda a cidade de Barcelona... A verdade que foi un escenario único. ¡Unha auténtica pasada!....
Na miña categoría, de 31 inscritos quedei no posto 16, logo de saltar por encima do manillar nun desnivel e sufrir, como consecuencia diso, unha pequena escordadura na boneca esquerda (pero iso non foi capaz de obrigarme a abandonar). Hai que seguir traballando e gozando deste marabilloso deporte, xa que o máis bonito é participar e coñecer xentes doutros lugares. Deixamos alí moi bos amigos cos que esperamos non perder o contacto e coincidir, se Deus o permite, en máis probas...
Tiven, por certo, a sorte de coñecer en persoa á balear Marga Fullana, Campioa de España e da Copa do Mundo de BTT, coa cal como non, tiven que facerme a foto de rigor. Un bicazo desde aquí e que se recupere pronto, xa que o domingo 18 pola mañá, mentres competía, tivo un aparatoso accidente mentres ía clasificada en primeira posición.
Tras as competicións o lecer e turismo ocupou todo o noso tempo, percorrendo a pé, en metro e en autobús toda Barcelona. A verdade é que é unha cidade preciosa e na que non te aburres nin un instante, sendo auxiliados, cando o precisamos polas súas xentes, moi abertas, atentas e amables.
En definitiva, que para o ano, se se pode, haberá que repetir?
Un abrazote a tod@s,
Santi Vieites