Web do Club Ciclista Cambre Renault Caeiro Concello de Cambre
ESTRADA ALEVÍNS: Martín González Gaña a Copa Lugo 2011> <ESTRADA XUVENÍS: Daniel López Gaña o G.P. Concello de Cambre> <ESTRADA SENIOR: Ramón Roel Subcampión Galego Sénior 2011> <ESTRADA CADETES: Alexandre Rodríguez Campión Galego 2011 Cadetes> <ELITE ESTRADA: Adolfo Vicente Gaña a Volta a Cancienes>><BTT: Adolfo Vicente Campión Galego BTT Sub23, Alejandro Mesías 3º Elite> <BTT OLEIROS: Víctor Domínguez 1º máster 30, Alejandro Mesías 2º elite> <TROFEO SAN JUAN LEON: Diego Maroño 2º> <BTT CAMBRE: Víctor Domínguez 2º máster 30 e Brais Chas 3º elite> <BTT TRANSGALAICA: o C.C.Cambre remata 2º por equipos> <CADETES ESTRADA BOIRO: Alexandre Rodriguez 1º>
Seccións
Servizos
Transgalaica 2011
Open Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
La Vuelta

CALLOS CLASSIC
18-12-2011

Pola nosa parte estivemos representados por Fermín, Fernando Liébana e Moncho, aínda que tamén nos acompañaron na saída Alberto e Vicente, que na de roda estreita nos animaron penso que con envexa, antes de ir a buscar a Dani que os agardaba por Cortiñán cecais con gaña de guerra, pensaban eles.

Desde o Castro, xa nos metemos en faena subindo e baixando polo monte para acabar en Pocomaco, cruzar a estrada e tirar cara a Feans xa por camiños máis técnicos e duros, mesmo con pendentes moi fortes e baixadas endureiras ata chegar a Morás.

Aquí preto do circuito cruzamos a estrada de Arteixo e por camiños que antaño adoitabamos percorrer nas saídas domingueiras, chegamos a Canzobre, donde a famosa fonte do Cigala sirviu de concentración para toda a peña que viña un pouco desperdigada.

A partires de aquí subidas moi técnicas, sendeiros de monte “singletrack” e moita lama, percorrendo parte da ruta dos de Arteixo, para despois dunha baixada durísima, chea de pedras e raíces, chegar a Orro con puntualidade inglesa, donde nos agardaban os ansiados callos.

O percorrido moi bonito e cañeiro, con moita lama e pozas, con frecuentes paradas para xuntarnos e momentos de forte ritmo tamén. Non houbo moitas incidencias, agás dous problemas derivados da elevada tecnoloxía das llantas de 29” e unha aterraxe de Fermín, que na última e dificilísima baixada adiantaba ao persoal “como las balas” ata que topou cunhas pedras cheas de mala ostia que lle obrigaron a aseonllarse diante delas. Todo sen consecuencias aparentes e só pronóstico reservado ata que enfríe a cousa. Por iso e para non forzar, a volta fixémola por estrada desde Orro ao Temple, disfrutando da soleada mañán que nos tocou hoxe.

Os callos, caralludos e en abundancia, acompañados de carne asada, cervexiñas e refrescos, todo elo por 1000 das antigas pesetas.
Non estivo nada mal.

Síguenos en Facebook
Fotografías: ( + )
Crónica: ( + )
Implicadas no Desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento Libro Dixital
Actualizado 16 Enero, 2012                                     © Copyright C.C.Cambre 2007

Web subvencionada por:

Web subvencionada pola Xunta de Galicia