Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

RUTA DO CADRAMÓN

[ Fotos ]

Como no 2009 non puido ser por mor da meteoroloxía, á segunda foi a vencida. Este ano preparamos un percorrido en certo modo con unha estructura (salvando distancias) semellante ós Lagos, que xa temos ahí agardando para o vindeiro sábado.

Saímos de Foz máis ben tarde, xa que eran preto das 11 da mañán e pasamos por Mañente, Santa Cilla, San Acisclo, Ferreira, Alto de Vilacampa, Chao das Lobeiras, Chavín, Landrove, Viveiro, Alto do Cruceiro, Xove, Burela, Cangas de Foz, Moucide e Budián para pechar o bucle en Ferreira, desde donde fomos dereitiños ó Cadramón para voltar de novo cara a Foz a iso das 5 e media da tarde, unha vez co deber cumprido.


O percorrido tivo de todo. Empezamos cun terreo suave ata Ferreira, para quentar as pernas e nada máis deixar a capital do Valadouro xa atopamos a primeira dificultade en forma de subida de uns 8 qmts, con porcentaxes levadeiros, calculo que dun 5%, pero sen descanso ata arriba. Moi bonito e tranquilo este porto, con moi bo firme e nada agobiante. Aquí formáronse grupetos ou máis ben parellas e tríos, segundo das posibilidades de cada un, para arriba facer un reagrupamento e afrontar despois un terreo cómodo ata as Lobeiras, para nada máis sair desta aldea empezar un descenso rápido, con moitas curvas e bo firme ata Chavín, industriosa vila da comarca Vivairense.

Por terreo chan pasamos polo Val do Naseiro, Landrove e Magazos para chegar a Viveiro, por donde cruzamos rápido para chegar a Celeiro, donde empezaba a segunda dificultade montañosa do día, o alto do Cruceiro, de menos entidade que o anterior pero con algunhas rampas durechas e sobre todo moi mal firme. Hai que ver como nos teñen abandoados os políticos pola mariña!!!. Como gastan todo en autovías...

Desde aquí ata Ferreira, terreo de recuperación e reagrupamento, para pechar todos xuntos o bucle en Ferreira. Aquí Susana e Javi consideraron que xa cumpriran coa súa misión, xa que a súa idea era adestrar con outras metas, e decidiron tirar de volta cara a Foz para rematar con 102 respetables qmts.

O resto do persoal afrontamos a dificultade máxima do día e como pasa nestes casos, a xente agrupouse segúndo do seu nivel e posibilidades para paseniñamente ir chegando á cume xa ben entradas as 4 da tarde. Os máis valentes e preparados, Abuín e Dani, atrevéronse coa subida dos eólicos, con tremendas rampas que pasaban por veces do 24% e firme non moi bo. Estes rapaces vanse pasar nos Lagos se alguén non os frea arriba!!!.
A baixada fixémola polo mesmo sitio da subida. Afortunadamente xa arranxaron o asfalto nunha boa parte, pero na zona de abaixo parecía que se ía desmontar a bicicleta e os ósos do ciclista, por mor da tremenda vibración que provocaba a velocidade.
Xa antes de subir acordamos reagruparnos de novo en Ferreira e así o fixemos, voltando cara a Foz por San Acisclo, Santa Cilla e San Martiño.

Duchas, algo de xantar e volta para Cambre rematando unha xornada sen incidencias, xa que por dicir algo, nin un só pinchazo houbo, e iso que motivos había nalgúns sitios. No meu trebello de contar saíron 142,95 qmts, e no de Abuín, subindo ós eólicos, 146,1. Non estivo nada mal!!!.

E os participantes fomos Abuín. Dani, David, Estíbaliz, Javi, Julio, Karina, Moncho, Monky, Susana e Vasco. Tamén nos acompañou Leandro Piñeirúa, colega do CC Foz, ó que lle agradecemos que perdese o día connosco e a súa axuda e incluso apoio moral en partes do percorrido.

Agradecerlle tamén a Prieto, meu cuñao por máis señas, por estar con nós na saída, na chegada e xestionarnos o tema das duchas e dos bocatas.
E non me esquezo do apoio moral que recibimos de Ana, Pablo, Diego, Anabel, Carlos, Carmen, Adela e Titite, estes últimos meus pais, que me calificaron cunha mestura entre admiración e tolería, sen decidirse claramente cara a ningún dos dous lados.

Tamén hai que dicir que catro das parellas (Abuín-Karina, Monky- Anabel, Vasco-Ana e Javi-Carmen), cos seus retoños, viñeron a pernoctar o sábado a Foz, onde parece que quedaron encantados do trato e bo xantar. Con Monky, Javi e as súas respectivas, tiven a honra de facer de cicerone e levalos pola noite á romaría do Bispo Santo, e como non, botarlle uns cubatiñas como corresponde facer no gremio dos cicloturistas. Abuín, Karina e Vasco optaron por comportarse coma deportistas de elite e facer a dieta do cucurucho...creo.

 

Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 31 Agosto, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007