24 xullo [Fotos ] A XXI edición da Ruta Cicloturista Pardo de Cela estaba prevista para o sábado 12 de xuño, pero as graves inundacións que houbo na mariña luguesa nas datas inmediatamente anteriores, obrigaron ó seu aprazamento ata atopar data o pasado sábado 24 de xullo, víspera de Santiago.
Os colegas de Foz foron quen de xuntar uns 60 ciclistas na liña de saida, todo elo a pesar de ser sábado pola mañán ás 9:45 horas, horario pouco habitual na celebración de marchas cicloturistas. De Burela, Viveiro, Vilalba, Ortigueira, Rábade, Ribadeo, Coruña, Asturias e por suposto de Cambre houbo representantes, nun día que prometía ser bo, pois aínda que amenceu tapado a temperatura era agradable e xa se albiscaba que a brisa de nordeste ía limpar o ceo ó longo da mañán, como así acabou ocorrendo.... [ Máis ]
2º Campionato de España BTT de Policías e Bombeiros
19 xullo Tras participar nunha das probas englobadas no "Trofeo Internacional BTT Ciutat de Barcelona XC" (concretamente no II Campionato de España BTT de Policías e Bombeiros) celebrado os días 16, 17 e 18 de xullo de 2010, estamos novamente na casa.
Hai que destacar a gran hospitalidade e calor humana de toda a organización así como das xentes de Barcelona. En todo momento, sempre que necesitamos algo, estiveron aí para botarnos unha man. ¡Un forte abrazo a tod@s desde esta parte Atlántica da Península!... [ Máis ]
Jose Taboada convocado ca selección galega
19 xullo O corredor do C.C.Cambre-Caeiro Jose Taboada foi convocado pola selección galega para participar no Campionato de España Xuvenil de ciclismo en estrada que se vai a disputar en Segovia entre os días 23 e 25 de xullo.
Ranking Open Galicia Xira Caixanova XC
18 xullo
A sección BTT do C.C.Cambre acaba de rematar unha brilante tempada 2010 cunha gran actuación, destacando o seu 1º posto no ranking por equipos, o 2º de Brais Chas en xuvenís e o 3º de Álvaro Rey en elite. O resto de clasificados son: Elite: 3º Álvaro Rey, 6º Alejandro Mesías, 9º Alejandro Sánchez, 10º Juán Padín, 13º Pedro Dapena, 16º Carlos Candal. Xuvenís: 2º Brais Chas, 10º Jose Taboada, 14º Angel Cerdeira. Cadetes: 9º Daniel Lamas, 10º Daniel López. Máster30: 7º Víctor Domínguez, 26º Manuel Pedre, 29º Pablo Valcarcel, 53º Manuel Segade. Máster40: 4º José Ramón López, 23º Fernando Paz.
3ª Ruta del Agua BTT
18 xullo [Fotos ]
Domingo 18 de xullo de 2010, mañán limpa, boa temperatura e un curto desprazamento ata Betanzos, eran un bo argumento para que os cicloturistas do Cambre Caeiro acudísemos en masa a participar na III Ruta del Agua, organizada impecablemente polos Caimanes Betanceiros.
A Betanzos achegámonos Abuín, Alberto, Dani, Iván, Javi, Marcos, Moncho, Novás, Segade e Vicente, aparte de outros varios pros do club, coma Álvaro, Xoni, etc, facendo así unha ampla maioría de cor amarela no medio dun multicor pelotón de uns 350 ciclistas.... [ Máis ]
Open Futuro Mini BTT Monte Porreiro
17 xullo [Fotos ] Este fin de semana retornou a competición da Xira Caixanova de mini BTT, coa celebración dunha proba do Open do Futuro organizada pola P.C.Moto Bike no parque de Monteporreiro de Pontevedra. Foi unha maña moi calurosa con bastante afluencia de publico coma xa e habitual nesta proba,na que compiten as escolas de BTT de toda Galicia. En canto ó deportivo, cabe destacar o 2º posto de Raúl Gómez en promesas e a victoria de Roberto Chas en alevíns. Ao rematar a proba os nosos rapaces pasaron unha tarde de praia no río Lérez, xa que a competición non é soamente bicicleta. Alevíns: 9º Iago Chas, 13º Daniel Rúa. Promesas: 2º Raúl Gómez, 15º Diego Rodríguez, 16º Aroa Mediavilla (2º fémina), 27º Hugo Varela. Principiantes: 12º Aitor Mediavilla, 26º Rafael Ponte. Alevíns: 1º Roberto Chas (líder categoría), 4º Martín González, 5º Jorge Varela, 7º Pablo Suárez. Infantís: 6º Pedro Álvarez, 9º Samuel Catoira.
O Domingo 11 de Xullo, sete compoñentes do Cambre Caeiro participamos na XIII Edición da marcha cicloturista Tea que este ano rendía homenaxe o desaparecido Carlos Brey, cicloturista da Peña Tea de Ponteareas organizadora do evento. A tenor das bágoas da xente da organización cando se lembrou a súa persoa, sin duda alguén ben querido no seu entorno. Ata alí nos desplazamos Abuín, Dani, David, Estíbaliz, Julio, Karina e Monky... [ Máis ]
5º Marcha BTT Concello de Arteixo
10 xullo [Fotos ]
Cheguei á terra de Arsenio o domingo pola mañán para participar na V Marcha de Arteixo BTT que organizan os colegas do CCC Arteixo MB3. A mañán estaba brumosa e tapada pero a temperatura rondando os 20 graos é a elevada humidade facían que un se sentise moi ben de curto e ata se sudaba a gota gorda xa pedaleando.
Houbo unha boa participación do Cambre - Caeiro, xa que por alí estabamos Alberto, Jesús, Manolo, Moncho, Novás e Segade coma cicloturistas, acompañados por Alvaro, Alex, Mesi e Pedro coma "pros" e o benxamín Pablo que con 11 anos rematou a proba coma un campión. María e o seu retoño, xa a punto de nacer, tamén estaban axudando por alí... [ Máis ]
BTT Castelo de Maceda
10 xullo [Fotos ] Disputouse en Maceda a derraderia proba do Open Galego de BTT 2010 na que o CCCambre estivo ben representado coma case sempre, destacando o 2º posto de Brais Chas en xuvenís. O circuito non tiña grandes dificultades técnicas e era moi rodador, descorrendo case na súa totalidade por sombra acarón do río, cousa que foi de agradecer debido ás altas temperaturas.
Master30: 4º Victor Domínguez, 27º Manuel Segade. Master40: 10º José Ramón López. Elite: 5º Alejandro Mesías, 6º Alejandro Sánchez, 7º Alvaro Rey, 8º Carlos Candal. Senior: 5º Luciano Carretero. Xunevís: 2º Brais Chas.
Campionato Galego BTT Ralli 2010
04 xullo [Fotos ] No Monte Pedroso de Santiago disputouse este ano o Campionto Galego de BTT Ralli, nun circuito cun percorrido con baixadas técnicas e rápidas, duro po-la lonxitude da subida e pola calor, onde ademais apenas había sitio onde recuperar. O C.C.Cambre desta vez só acadou podium en sub23 pero a sección de BTT segue a facer unha gran tempada. Master30: 7º Victor Domínguez, 9º Pablo Valcarcel, 33º Manuel Pedre, 41º Martín Neira, 45º Manuel Segade. Cadetes: 4º Daniel López, 6º Daniel Lamas, 8º Pablo Varela, 10º Carlos Jeria. Elite: 10º Alejandro Sánchez, 11º Carlos Candal, 14º Iván Joglar. Sub23: 1º Adolfo Vicente. Xunevís: 6º Brais Chas.
1º Volta Val do Támega Verín
04 xullo Antes de nada dicir que a 1ª Volta Val de Támega, foi sobre todo dun 10 en organización. Pero ao gran, saímos de Verín: Jose, Estivaliz, Karina e David, non sen algo de atraso no horario de saída.
Empezouse rodando algo áxiles ata subir o primeiro repeito (Alto de Rabai de 368m) seguimos rodando ata o seguinte repeito (Vilaza de 378m), xa un pouco máis lixeiros chegamos a Caldeliñas. Logo deu comezo o tramo libre (COMO NON A SACO) con chegada á cima no Alto Do Foxo de 1190m, onde os tempos de subida foron cronometrados por chip. O porto facíase durecho posto que tiña 15 qm... [ Máis ]
Marcha Cicloturista Vila de Aspontes
03 xullo [Fotos ]
O alto do Caxado é cos seus 752 metros, o punto mais alto da provincia de A Coruña, e por estar incluído no perfil de esta marcha, a misma presentaba un atractivo especial, e si temos en conta que dende Cuiña se subían os seus 21 quilómetros de maneira libre, todavía mais. Nas Pontes nos presentamos Julio e Monky pensando que seríamos os únicos representantes do Caeiro, e mentres estabamos a montar as nosas máquinas, apareceu por sorpresa Celso que decidiu participar a úlitma hora... [ Máis ]
Trofeo Horacio Barros Escolas
03 xullo [Fotos ] As escolas do C.C.Cambre-Caeiro desplazáronse este pasado sábado ata a localidade pontevedresa de Porriño para disputar no velodromo o I Trofeo Horacio Barros de mini BTT, organizado pola fundación Oscar Pereiro. Foi unha proba cunha gran participación de rapaces das escolas de BTT de toda Galicia. En canto os resultados dos nosos rapaces, temos que destacar os triunfos de Raúl Gómez na categoría promesas e de Roberto Chas en alevíns. Prevenxamíns: 5º Iago Chas. Promesas: 1º Raúl Gómez, 15º Diego Rodríguez. Principiantes: 28º Rafael Ponte. Alevíns: 1º Roberto Chas, 4º Pablo Suárez, 5º Martín González.
Marcha Cuenca del Navia
27 xuño Espectacular...pola experiencia acumulada non necesitamos que ninguén nos diga o bonita que é Asturias, pero é que as panorámicas que se contemplan cando alcanzas o cume, fai que todo o esforzo anterior merezca a pena, e a Cuenca del Navia é un exemplo mais. En Anleo presentámonos seis integrantes do clube, Abuín, David, Estíbaliz, Julio, Karina e Monky. A maioría xa participáramos en mais ocasións en esta marcha, que grazas o trato exquisito da organización tamén forma parte das fixas do calendario estradense... [ Máis ]
Ruta BTT Ferrolterra
27 xuño [Fotos ]
Cando chego ao polideportivo de A Malata as 8:30 da maña pesei que seria o único representante do CC Cambre-Caeiro, pese a que dende a casa se chega en 30 minutos.
Pero sorpresivamente alí estaban dous compañeiros da sección de BTT, Alvaro e Blas, e mais de un cento de BTTeiros.
A saída, como todas, foi con un leve retraso, pero xa o pouco de arrancar tirando para arriba, como non podía ser de outra maneira, tendo en conta ende onde saiamos...[ Máis ]
Mountemplaria
26 xuño [Fotos ]
O sábado día 26 saímos ás 5 da mañá dirección Ponferrada Marcos, un colega chamado Diego e eu Dani, para facer a maratón máis técnica á que nunca fun, e iso que xa levo 3 Mountemplarias....somos uns matados!. Este ano non ía ir, pero como agora teño a dobre había que ir a testeala nese terreo.... [ Máis ]
Copa Deputación de Pontevedra BTT
26 xuño [Fotos ]
Nun caluroso día disputouse en Sansenxo a Copa Deputación de Pontevedra de BTT, o circuito era rodador sen apenas descansos e con baixadas "divertidas". Destaca o podium obtido en máster 40 por José Ramón López que rematou en 3º posto:
Xuvenís: 5º Brais Chas. Elite: 4º Alejandro Mesías, 8º Alvaro Rey. Máster 30: 20º Manuel Pedre, 30º Manuel Segade. Máster 40: 3º José Ramón López. Senior: 4º Luciano Carretero.
Trofeo San Xuan Escolas-Cadetes
26 xuño [Fotos ] Coincidindo coas festas de Carballo, o Cub Ciclista Carballo organizou na maña do sábado, unha proba do calendario de estrada para escolas e cadetes. A carreira disputouse no centro urbán, con un circuito de 850 m no que os alevíns terian que dar 5 voltas e os infantís 15 voltas. Os cadetes terían unha etapa en liña polos arredores da localidade, facendo 36qms. en ruta. A afluencia de publico foi moi numerosa e os resultados máis resaltables do noso club foron a victoria de Roberto Chas en alevíns, 5º posto de Daniel Lopez en cadetes e o 7º lugar de Diego Rodríguez en principiantes.
Principiantes: 7º Diego Rodríguez, 12º Aitor Mediavilla, 21º Iago Chas, 27º Aroa Mediavilla. Alevíns: 1º Roberto Chas, 8º Martín González, 19º Andrea Tomé. Infantís: 15º Jon Ander Tomé. Cadetes: 5º Daniel López, 8º Adrián Barbeito, 15º Alexandre Rodríguez.
Rota BTT Rei Cintolo
20 xuño Mondoñedo é unha fermosa vila situada no fondo dun val que por si só lle proporciona unha enorme riqueza paisaxística, gastronómica e cultural. Por aquí pasa o Camiño Norte cara a Santiago, que desde terras francesas pasando polo País Vasco, Cantábria e Asturias, deixa os peregrinos ás mesmas portas da terra cha.
Mondoñedo tamén e terra de curas, e do seu seminario sairon moitos deles desde séculos para alimentar as ánimas, xa que non todo vai ser encher os bandullos, digo eu. [ Máis ]
Marcha Cicloturista Arousá
20 xuño [Fotos ] Sinxelamente perfecta, unha rota preciosa, unha ascensión o Monte Xiabre que xa merecía a pena so polas vistas que hai dende o cume, un pelotón que circulou a un ritmo alegre pero asequible, e unha organización para a que so podemos ter palabras de eloxio, fixeron que a Marcha cicloturista Arousá pase a ser unha das fixas do noso calendario cicloturista. Por parte do Clube Ciclista Cambre Caeiro participamos, mais ben gozamos de este evento, os seguintes cicloturistas: Abuín, Dani, David, Estíbaliz, Julio, Karina, Monky e Vicente. [ Máis ]
G.P. San Roque Escolas e Cadetes
19 xuño [Fotos ] O sábado día 19 de xuño pola tarde, celebrouse na localidade de Viveiro, unha proba máis do calendario de escolas e cadetes en estrada, e como e normal o noso club desprazouse cos rapaces para disputala. Foi unha tarde apacible para a practica do deporte. Os cadetes fixeron unha carreira en liña na estrada, mentras que as outras categorías tiveron un circuito de ao redor dun qm. ó que lle diron varias voltas. Os resultados máis destacables foron o triunfo de Roberto Chas en alevíns, o cuarto posto de Jon Ander en infantís e o quinto posto de Alexandre Rodríguez en cadetes. Cadetes: 5º Alexandre Rodríguez, 7º Adrián Barbeito, 12º Pablo Varela, 14º Carlos Alber Jeria.
Alevíns: 1º Roberto Chas, 8º Martín González, 11º Jorge Varela, 13º Andrea Tomé. Infantís: 4º Jon Ander Tomé. Principiantes: 10º Aitor Mediavilla, 17º Diego Rodriguez, 19º Iago Chas, 24º Aroa Mediavilla
Daniel López Gaña a CRE ca Selección Galega
19 xuño
No Trofeo Excemo. Ayuntamiento de Torrejón de Ardoz o cadete Daniel López do C.C.Cambre xunto con Jesús Blanco, David Seage, Roberto Mediero, Antonio Portela e Ángel Diz que representaron a Galicia, impuxéronse na Contrareloxio por equipos. A Selección Galega marcou un crono de 14 minutos e 49 segundos, o segundo posto foi para o equipo Alfaz de Pi de Valencia con un crono de 14 minutos e 50 segundos, o terceiro posto foi para a selección Asturiana con un tempo de 14 minutos e 50 segundos quedando terceiro polas milésimas.
G.P. Concello de Cambre BTT
19 xuño [Fotos ] Unha vez más a sección de BTT do Cambre-Caeiro segue a acadar grandes resultados, desta volta tocaba xogar na casa xa que a carreira foi a disputada en Cambre, nun circuito coma sempre duro e técnico. Destacan os podiums de Álvaro Rey en elite 3º, Brais Chas en xuvenís 2º, Víctor Domínguez 3º en máster 30 e José Ramón López 3º en máster 40.
Resultados do club: Elite: Álvaro Rey 3º, Alejandro Mesías 4º, Alejandro Sánchez 5º, Juán Padín 6º. Xuvenís: Brais Chas 2º, Ángel Cerdeira 6º.
Máster 30: Víctor Domínguez 3º, Pablo Valcarcel 8º, Manuel Pedre 11º, Manuel Segade 34º. Máster 40: José Ramón López 3º, Fernando Paz 6º. Senior: Luciano Carretero 4º. Cadetes: Daniel Lamas 6º.
Daniel López 3º no Campionato Galego CRI Cadetes
13 xuño
Porriño foi escenario este domingo dos Campionatos Galegos de Crono Individual, nas categorías de Cadetes é Junior masculino é femenino. Nun circuito de casi sete quilómetros, as cadetes Feminas realizarón un volta os cadetes masculinos duas al igual que as corredoras Junior.Os Junior no mismo circuito tres voltas, é como en nas categorías anteriores en series de dez corredores. Resultados CCCambre: Cadetes: 3º Daniel López, 14º Adrián Barbeirto, 29º Pablo Varela, 31º Daniel Lamas. Xuvenís: 11º Jose Taboada, 21º Brais Chas, 41º Brais Dacal
Volta a Valdeorras
13 xuño [Fotos ]
Neste caso, imos empezar polo final. 114 Km nas terras de Trives-Valdeorras onde todolos cicloturistas do Cambre entraron cunha media que superou os 30 Km por hora, media que pode ser moito ou pode ser pouco, pero co mítico porto “ A Moá “ polo medio, antóxaseme moi difícil de conseguir.
Desta volta os deportistas alí desprazados foron, Abuin, Dani, David e Julio, que partindo as 6:30 h de Cambre chegaron o Barco para comezar esta dura marcha as 9:00 h. Dende a saída ate Quiroga, percorréronse os primeiros 35 Km de xeito “controlado “, en só unha hora, o que nos deixaba xa quentiños ( a pesar da fresca mañá ) o pé da Moá. Nos 8,50 Km deste coloso galego, cada un puxo o seu ritmo ate arriba, xa que a fama de dureza que ten, certifícase Km a Km. Unha vez coroado, e xa en tramo libre, “ a fuego “ dirección Valdeorras, subindo os altos de Trives e A Hermida a saco, a medida que a tª do día ía mellorando. A partires de Larouco, baixada a Rúa de Petín, e tramo chan de 18 Km ate cruzala liña de meta no centro do Barco.
En resumo, bon día de ciclismo nun duro e envidiable entorno (que todo hai que dicir, pouco dou tempo a ver, debido a alta velocidade a que alí se rodou).
Espectaculares resultados do CCCambre no Campionato Galego de Maratón
06 xuño [Fotos ] O domingo 6 de xunio celebrouse na localidade de Crecente o Campionato Galego de Maratón, coincidindo ca terceira e derradeira proba da Transgalaica 2010. O Cambre-Caeiro tivo unha actuación sobresainte, destacando os campionatos galegos obtidos por Brais Chas na categoría xuvenil, Fco. López Costoya en veteranos e Juán José Sancosmed en senior. Elite: 7º Pedro Dapena, 8º Alejandro Mesías, 11º Pablo López Gil, 14º Álvaro Rey, 15º Iván Joglar. Junior: 1º Brais Chas. Master30: 27º Víctor Domínguez, 43º Manuel Segade. Veteranos: 1º Fco. Javier López. Senior: 1º Juán José Sancosmed, 12º Alberto Taboada.
XVII Trofeo Pistas As Faias Escolas-Cadetes
05 xuño [Fotos ] Este sábado celebrouse na localidade de O Rosal unha proba mais do calendario de escolas e cadetes de estrada, na que os rapaces do noso club participaron. Alí competiron coas outras escolas de Galicia e algunha de Portugal, conseguindo dous triunfos, tanto Roberto Chas na categoría de alevín, como de Daniel López na categoría cadete. Principiantes: 37º Diego Rodríguez, 45º Iago Chas. Alevíns: 1º Roberto Chas, 8º Pablo Suárez, 10º Martín González, 28º Andrea Tomé. Infantís: 16º Jon Ander Tomé. Cadetes: 1º Daniel López
VIII Marcha BTT Costa da Morte
05 xuño [Fotos ] Sábado 5 de xuño, ás 4 da tarde estabamos citados en Carballo para participar nesta marcha que organizan os colegas do Club Ciclista Monteneme.
A tarde semellaba propia da Galicia que se describe polo resto de España, ou sexa chea de brumas e orballando pero con unha aceptable temperatura.
A pesar diso, hai que facer patria sobre todo cando os desprazamentos son curtos, para que tamén o teñan en conta por ahí cando sexa o noso Roteiro, polo que nos xuntamos na saída 5 BTTeiros de pro: Alberto, Celso, Marcos, Moncho e Vicente... [ Máis ]
Anunciábase na liña de saida, que a mesma debía de ser paseniña e con moita precaución por parte dos cicloturistas, pero a realidade foi ben diferente: de 0 a mais de 30 qm/h en apenas un suspiro. Así comenzaba a III edición da Raiña Aragonta en Salceda de Caselas, a donde nos desplazamos Abuín, David, Julio, Karina e Monky. Se cadra a presenza do homenaxeado Roberto Heras, encendeu a vea deportiva do pelotón, porque o certo e que os primeiros compases da marcha foron "a lume", deixando atrás nun suspiro as localidades de Salvaterra e As Neves... [ Máis ]
Brais Chas vence no Open Val de Turón
29 maio
Destacar outra vitoria Brais Chas no Open Val de Turón, 4ª proba do Open Astur-Cántabro disputada o sábado 29 de maio. Con esta vitoria leva catro de catro na categoría junior do open.
Dani López Gaña no Gran Premio de Villagarcía de BTT
En BTT, os corredores do Cambre Caeiro desplazáronse ao Gran Premio de Villagarcía onde se conseguiron uns excelentes resultados, destacando o primeiro posto de Daniel López en cadetes. Pola súa banda, en elite Álvaro Rei conseguiu chegar segundo á meta, José Taboada na categoría Junior foi terceiro e Luciano Carretero terceiro en senior..
Mostra Intercultural Solidaria
29 & 30 maio
Durante este fin de semana algúns compoñentes do Club Ciclista Cambre Caeiro aparcaron as súas bicicletas para estar presente na I Mostra Intercultural Solidaria de Cambre. O Club estivo representado xunto a outras agrupacións deportivas, ONGs nacionais e internacionais cunha caseta na que mostraban a estrutura do club e as diferentes actividades que desenvolven, o cal espertou o interese dun gran número de visitantes.
Unha vez máis, como adoita ser habitual, o Cambre- Caeiro mostrou o seu lado máis solidario e participativo co Concello que o copatrocina e cos seus habitantes.
Marcha Lagos de Covadonga
22 maio [Fotos ] "Allá vamos, directos al dolor", frase premonitoria pronunciada por Karina instantes antes de marchar de Cambre con dirección a Cangas de Onís para participar na Clásica Internacional Lágos de Covadonga. Estivemos toda a semán cruzando os dedos para que non chovese, e o que nos atopamos foi un día magnífico, pero con unha calor que facía caer a os paxaros das árbores, algo pouco usual en Asturias. Na línea de saída estábamos en representación do Cambre-Caeiro os seguintes cicloturistas: Abuín, Dani, David, Estíbaliz, Javitrón, Karina, Lestegás, Marante, Monky, Segade, Julio, Fernando e Vasco, acompañados de Xoni para conformar un nutrido grupo por segundo ano consecutivo. [ Máis ]
Trofeo Mini BTT Costa Bella
16 maio [Fotos ] Este sábado, con unha tempreatura superior aos 30º, celebrouse no Monte do Gozo unha proba máis do calendario de mini BTT, válida a súa vez para o ranking da Xira Caixanova. A proba tivo moi bos resultados para os nosos rapaces conseguindo acadar ó final dela 3 maillots de líder, que teremos que defender nas seguintes probas. A destacar a victoria de Roberto en alevíns, nunha carreira moi disputada este ano ao haber moita igualdade entre varios competidores.
Prebenxamíns: 3º Iago Chas (líder da xeral), 13º Daniel Rúa. Promesas: 5º Raúl Gómez, 9º Aroa Mediavilla (3ª en feminas), 13º Diego Rodríguez. Principiantes: 8º Aitor Mediavilla, 25º Rafael Ponte. Alevíns: 1º Roberto Chas (líder da xeral), 5º Martín González, 6º Pablo Suárez, 8º Jorge Varela, 9º Andrea Tomé (1ª de feminas e líder da xeral), 20º Fernando Liebana.
Ruta do Cadramón
16 maio [Fotos ]
O ano pasado xa tentamos de facer esta ruta que me andaba a min rondando pola cabeza, xa que o Cadramón é un monte mítico da mariña lugesa. Non hai máis que falar coa xente lugareña e dicirlles que vas subir o Cadramón en bicicleta, para que che espeten con excepticismo: neno, ti estas tolo, pero si non sei nin se estará asfaltada a estrada...!!!
[ Máis ]
Estada Xuvenís Trofeo Gerardo de la Calle: José Taboada 4º
16 maio
Iniciouse a tempada de xuvenís de estrada en Castela León coa disputa do III Trofeo Gerardo da Rúa en Aranda de Duero, onde 83 corredores que tomaban a saída nunha carreira cun gran nivel. Ata alí se desprazou o Cambre-Caerio conseguindo unha destacada actuación co ciclista Jose Taboada que acadou un meritorio 4º posto.
Open Astur-Cántabro BTT La Fresneda: Brais Chas 1º xuvenís
16 maio [Fotos ] Tres de tres no Open Astur-Cántabro para Brais Chas, nesta ocasión foi no Open A Fresnada, en Siero. Nun circuíto rápido e que na súa maior parte discorreu por pistas, cunha distancia aprox 5,5 km, no que só había unha baixada técnica. Con este resultado Brais afiánzase aínda máis o liderado na categoría xuvenil.
Trofeo Monte Coruxo
16 maio [Fotos ] Este domingo, ás oito da mañá, os máis pequenos do club e Alvaro, partiron desde os Campóns cara a localidade viguesa de Coruxo para disputar unha proba máis do calendario de mini BTT. Os rapaces competiron en tres categorías conseguindo moi bos postos destacando o terceiro posto de Iago Chas en prebenxamíns e sobre todo o disputado primer posto de Raul Gómez en promesas.
15 maio [Fotos ] A sección BTT segue a bo nivel como o demostran o 3º posto de Brais Chas en xuvenís e 4º de Álvaro Rey en elite, no Open Offbike de Poio. Máster 40: José Ramón López 6º. Xuvenís: Brais Chas 3º. Elite: Álvaro Rey 4º, Pablo López 5º. Máster 30: Manuel Pedre 16º, Manuel Segade 38º.
Trofeo Concello de Rianxo
15 maio [ Fotos ] Este sábado, pola tarde, celebrouse unha nova proba de ciclismo en estrada para escolas e cadetes de toda Galicia. Tanto os alevíns como os infantís correron nun cicuito urbán con zoas moi técnicas e outras rápidas, os cadetes sairon a facer 57 qms en liña con dous portos de montaña. Os nosos rapaces conseguiron dúas victorias, en alevíns Robert e en cadetes Dani conseguindo ademáis gañar o premio da montaña.
Alevíns: 1º Roberto Chas,
5º Martín González,
11º Pablo Suárez,
18º Jorge Varela,
24º Andrea Tomé,
28º Fernando Liebana. Infantís: 4º Jon Ander Tomé,
17º Samuel Catoira. Cadetes: 1º Daniel López,
14º Alexandre Rodríguez.
Volta ás Mariñas 2010
09 maio [ Fotos ] O Domingo 9 de Maio, celebrouse a XV edición da Volta as Mariñas, mais coñecida como “la rompepiernas”, nome moi apropiado tendo en conta que pese a non contar con largos portos no seu percorrido, o continuo sube e baixa, típico da nosa orografía, e as altas porcentaxes en algunhos tramos convirten a esta marcha, nunha das mais duras, nas que se pode participar no panorama cicloturista galego. [ Máis ]
Brais Chas gaña no Open Astur-Cántabro en Gijón
09 maio
Brais Chas repite triunfo en categoría júnior na 2º proba do Open Astur-Cántabro de BTT disputada en Xixón este pasado domingo. Circuíto duro fisicamente, sobe e baixa, arrinca e para, pero técnicamente fácil.
Luciano Carretero gaña no Gran Premio Concello de Gondomar
08 maio [ Fotos ]
Non só na estrada os membros do Club Ciclista Cambre-Caeiro están demostrando o seu bo nivel. En BTT; no Gran Premio Concello de Gondomar, Luciano Carretero foi primeiro na categoría Senior. Pedro dá Pena terceiro en Elite e Victor Domínguez alcanzou o mesmo posto en Master 30.
Jose Taboada 2º no Gran Premio San Isidro
08 maio
O Club Ciclicista Cambre-Caeiro desprazou aos Junior a Padrón para disputar o Gran Premio San Isidro no cal o corredor José Taboada conseguiu o segundo posto na Xeneral.
Dúas victorias no Trofeo Concello de Santiago Escolas e Cadetes
08 maio [ Fotos ]
Na tarde do pasado sábado, celebrouse en Santiago o XII Trofeo Concello de Santiago nas inmediacions do estadio de San Lázaro. A pesar da tarde moi chuviosa a afluencia de publico foi moi numerosa, xa que na carreira participaron as escolas de toda Galicia. Os nosos rapaces lograron moi bos resultados, detacando os triunfos de Roberto Chas e de Daniel López nas categorías de alevín e cadete respectivamente.
ALEVINS: 1º Roberto Chas,
5º Martín González,
11º Pablo Suárez,
15º Jorge Varela,
29º Andrea Tomé. INFANTIS: 6º Pedro Álvarez,
11º Jon Ander Tomé. CADETES: 1º Daniel López, 7º Pablo Varela. PRINCIPIANTES: 46º Iago Chas,
50º Hugo Varela.
Diego Maroño 2º na Volta Ciclista Vigo – Baixo Miño – Val Miñor
02 maio
O equipo elite-sub23 desprazouse ata a cidade de Vigo para disputar XLV Volta a Vigo-Baixo Miño-Val Miñor; Gran Premio de Pontevedra. Cunha distancia de 130 km. na proba alcanzouse unha media de 42,21 km,/h. conseguindo o corredor do Cambre-Caeiro Diego Maroño o segundo posto na Clasificación Xeral a seis puntos do corredor do equipo Chint Autronic: Libner vencedor da proba. Pero, ademais, colocouse no terceiro posto na clasificación da montaña e o C.C. Cambre- Renault Caeiro o segundo posto na clasificación por equipos.
Dani López gaña o Trofeo Presidente Trofeo Vila do Louro
01 maio
Deu comezo a tempada de estrada para escolas, alevíns, infantís e cadetes. Ata Porriño desprazáronse os corredores do Club Ciclista Cambre-Caeiro e non o fixeron en balde xa que voltaron para a casa coa vitoria do seu corredor Daniel López que realizou unha magnífica carreira nun circuíto moi rápido.
Roberto Chas e Andrea Tomé vencen en Santiago na Xira Caixanova
01 maio
O sábado ás 11:00 da mañá comezaban a rodar en Santigo os membros do equipo de Mini Btt participando no Premio Aquagest que se disputou na Granxa do Xesto no Monte Pedroso. Magnífica mañá para a categoría alevín do Cambre-Caeiro xa que alcanzaron sendas vitorias os corredores Roberto Chas e Andrea Tomé en mulleres.
Brais Chas vence en Asturias
25 abril [ Fotos ]
O corredor junior Brais Chas do C.C.Cambre-Caeiro consegue a vitoria na primeira proba do Open Asturcántabro de BTT disputada no pobo da Piñera e organizada polo Club Ciclista Sevares. A proba tivo uns 180 participantes e desenvolveuse nun circuíto moi rápido, na súa maioría chairo e cuns 6,5 Km. de lonxitude.
Open OffBike Pontevedra
24 abril [ Fotos ] O equipo de BTT desprazouse a Pontevedra para participar na segunda proba do Open OffBike correspondente ó Calendario Galego de BTT Rallie. En Cadetes Daniel López alcanzou un magnífico 2º posto, do mesmo xeito que Victor Domínguez en Master 30 tamén 2º. A proba disputouse en Monteporreiro nun circuíto estilo ciclocrós moi curto e sen ningunha dificultade ténica.
G.P. Ayuntamiento de Valdáliga
24 abril Diego Maroño, corredor elite do Cambre-Caeiro, alcanzou un meritorio 5º posto, foi o sábado no Gran Premio Concello de Valdálinga en Cantabria. Carreira da Copa de Cantabria de 120 quilómetros e con tres pasos de montaña, entre eles o coñecido porto de Ozalba e San Vicente del Monte.
Transgalaica Cotobade
18 abril [ Fotos ]
Destacada actuación do C.C.Cambre-Caeiro na segunda proba en Cotobade da Transgalaica 2010 acadando o 4º posto por equipos, destacando os tres podiums acadados, 1º posto de Brais Chas en xuvenís, o 3º posto de Víctor Domínguez en elite e o 3º posto de Luciano Carretero en senior. Os demáis representantes do club tamén fixeron unha gran actuación:
- Elite: Pedro Dapena 4º, Daniel Gómez 8º, Alejandro Mesías 9º,Blas Lamas 10º, Alejandro Sánchez 11º, Juán Padín 14º, Iván Joglar 15º, Pablo López 15º, Álvaro Rey 20º, Carlos Candal 21º. - Máster 30: Manuel Pedre 23º, Manuel Segade 57º. - Veteranos: José R. López 15º. - Senior: Luciano Carretero 3º.
Trofeo Federación Junior Gipuzkoa Klasika
17 abril No Trofeo Federación de seleccións autonómicas celebrado no País Vasco, o noso representante José Taboada realizou un interesante papel entre os mellores da proba que o levou a finalizar a mesma no posto 27.
A selección Galega clasificouse no cuarto posto do Trofeo Federación, polo que á espera de que se dispute a última proba deste trofeo, Galicia poderá contar con 10 Juniors nos campionatos de España, xa que as 5 primeiras seleccións obterán este mérito.
Prolagos 5: Inspección Lagos Covadonga
11 abril Participantes: Abuin, David, Estibaliz e Karina
Percorrido: O mesmo da Marcha dos Lagos pero sen A Tornería
Distancia: 118 qm.
Como non chega cunha vez, TOMA DÚAS!!!!!!!!
Saímos ás 9:00 en punto sen moitas ganas de pedalear pero xa que estás!!!! non te vas a rajar!!!!! doíanos o cu do Sábado que non estivo nada mal...
[ Máis ]
Bikemaratón Montes del Sella
11 abril Pois ata Ribadesella fómonos dous integrantes do Cambre, Xullo e Dani, a realizar esta "maratón", póñoo entre comiñas porque apenas eran 60km, pero iso si, moi dura a segunda parte.....
Na saída moito ambiente, preto de 400 persoas da maior parte de España, sobre todo da zona centro-norte, e moi puntual, xa que ás 09:30h o´clock estabamos dando pedais. Saída neutralizada polas rúas de Ribadesella durante uns 5km para logo nos arredores dar a saída lanzada....
[ Máis ]
Prolagos 4: Riosa - A Cobertoria - Riosa
10 abril [ Fotos ]
Karina, Estíbaliz, Abuín, David, Julio e Dani como chófer de apoio. Estes foron os integrantes da expedición a Asturias do finde do 10-11 de abril, onde, aparte do percorrido que se describe a continuación, compretaron a marcha dos Lagos, uns, e o maratón dos Montes do Sella, outros. Día de espléndida meteoroloxía o sábado, no que unha vez chegados a Riosa puxemos as nosas máquinas de estrada rumbo o Sur, para tentar facer un bucle duns 100 Km e si aínda quedaban folgos, tentar subir algo do Angliru...
[ Máis ]
Brais Chas 3º no Trofeo BTT La Veguilla de Benavente
03 abril
O corredor xuvenil do C.CCambre-Caeiro, Brais Chas, acadou o 3º posto no Trofeo La Veguilla de Benavente pertencente ó Open BTT Castelán-Leonés, completando así un podium en galego, pois Pablo Rodríguez e J.Ramón Villanueva do C.C.Maceda foron 1º e 2º respectivamente.
Prolagos 3: Meira
01 abril [ Fotos ] [ Fotos 2]
Unha vez mais os cicloturatas do Cambre-Cairo eliximos Meira como punto de partida para outro adestramento orientado a afinar a nosa forma física de cara a Marcha Cicloturista dos Lagos de Covadonga. O punto de partida de esta rota circular foi a casa rural O Cazoleiro, a donde chegamos cediño Abuín, Celso, Dani, David, Estíbaliz, Karina, Lestegás, Marante, Monky e Vicente. O percorrido foi de 120 quilómetros nos que subimos os altos da Fontaneira no Cádavo, o de Cerredo na Fonsagrada e o alto do Couso en Meira, que a pesares dos seus escasos 7 quilómetros (aprox.) presenta unha dureza impresionante, a modo de mini-Mortirolo local... [ Máis ]
Prolagos 2: Ponferrada - Morredero
28 marzo [ Fotos ]
"El árbol de bien y del mal", así é como se coñece entre os ciclistas do Bierzo a ascensión do Morredero, porque se atopa no medio do Edén, pero alí ata os mellor preparados físicamente van a experimentar tal desgaste físico que mais que parecer unha escalada a o ceo, a sensación é de que está descendendo ata as mismísimas portas do inferno...
[ Máis ]
Marcha Bilbao-Bilbao 2010
14 marzo [ Fotos ] Participantes: Abuin, David, Dani, Estibaliz, Karina e Susana.
Qmts. percorridos: 110 Qmts. + 20 Km. do hotel á saída e da meta ó hotel
que tamén contan.
Saimos de Cambre rumbo a Bilbao, facendo unha paradiña estratéxica no noso amigo “vamos ye”, cafetería que está pasando Ribadeo “creo”. Ahí os Caeiro xa comenzamos a sufrir, marcámonos uns bocatas que estaban
de morte!!!!!!!!!!, Uffffffffffff que sacrificio. Chegamos a Bilbao e
atopamos o hotel sen problemas, de alí fomos a inscribirnos e a dar
un paseo por Bilbao...
[ Máis ]
G.P. CONCELLO DE CAMBRE ESCOLAS-CADETES-XUVENÍS 2010
Sábado 31 xullo 2010 no Polígono Espíritu Santo
- Escolas 16:00.
-Cadetes 17:30.
- Xuvenís 18:15.