Web do Club Ciclista Cambre
Renault Caeiro Concello de Cambre
INICIO | CONTACTO <ELITE: Adolfo Vicente vence en La Bañeza> <ELITE: Diego Maroño gaña a Copa Deputación de Pontevedra> <CADETES: Daniel López gana o G.P. do Alvariño> <CADETES: Dani López 3º no CRI> <BTT: Brais Chas campión galego xuvenil maratón > <ESCOLAS-CADETES: Dani López e Roberto Chas gañan en Santiago> <BTT: Brais Chas gaña en Gijón> <BTT: Luciano Carretero 1º en Gongomar> <ESTRADA: Jose Taboada 2º no G.P. San Isidro>
Seccións
Servizos
Roteiro do Xalo e dos 7 Regos
Ope Ibérico Máster
VOLTA A GALICIA 2010
Volta a Galicia 2010
Giro de Italia
Tour de Francia
Vuelta Ciclista a España 2010

CICLOTURISTAS BTT & ESTRADA 2009

 

[ Fotografías ]

[ Membros ]

[ Memoria 2008 ]

A sección máis numerosa, quizais a máis divertida.

Cando comezou o ano 2005, os cicloturistas tiñamos por diante un reto nada sinxelo: nin máis nin menos que comprobar si despois da lóxica euforia do ano da fundación desta sección (2004), todo ía quedar nunha pequena aventura de catro domingueiros ou polo contrario iamos manter esa forza de vontade que fai falta para madrugar, pedalear e manter ao mesmo tempo o espírito de grupo, loitando ademais polo seu desenrolo e crecemento.

Pois ben, semana tras semana, cada domingo ás nove e media da mañá o campo da feira visteuse coas nosas cores, e oito, dez ou catorce non sabemos si valentes ou chalados, que de todo hai que ter, desafiaron a chuvia, a neve a xeada, o calor e as troulas da noite do sábado, dispostos a domar os montes e as corredoiras esquecidas dos arredores. Así, a Zapateira, os montes de Orro, os montes do Xalo e as veiras cheas de lama do encoro de Cecebre, xa saben das nosas pegadas, xa nos coñecen e cada vez teñen menos segredos para nós.

Non faltaron algúns pequenos accidentes e tampouco as rachaduras do material, pero gozamos moito da bicicleta, tivemos centos de anécdotas e algunha que outra disputa, pero mantivemos por diante a nosa teima que non é outra que divertirnos e que se divirta tamén todo aquel que de cando en vez queira saír con nós (Os asistentes consideraranse en excursión personal e cada ciclista será o único responsable dos seus actos).

Por outra banda, este ano gozamos dunha abondosa oferta de xuntanzas cicloturistas de montaña, e nós, como non podía ser menos, estivemos presentes en moitas delas. Así en Vilalba, Ribadeo, Arteixo, Carballo, Ferrol, Mugardos, Lugo, Vimianzo ou Irixoa, o CC Cambre estivo representado por una boa cantidade de membros, acadando incluso nesta última o trofeo ao segundo club máis numeroso.

Foi precisamente co gallo da asistencia a estas rutas cando xurdiu entre nós a idea de organizar unha propia, e pouco a pouco, con bastante esforzo, moita improvisación, algunhas boas iniciativas e o inestimable apoio das outras seccións do club, do Concello, do Consorcio das Mariñas e de outras moitas entidades e persoas que sería moi longo nomear, pero ás que lles agradecemos desde aquí a súa axuda, celebramos o día 14 de agosto a Primeira Ruta Terra das Mariñas de BTT. A data, en plena época estival, os apuros de última hora e a lóxica falta de experiencia, non xogaban ao noso favor, pero aínda así logramos montar un percorrido de dificultade axeitada para a maioría e moi fermoso, como así nos recoñeceron case que todos os participantes. Xuntamos máis de 125 ciclistas, cousa que nos parecía un soño só unhas horas antes e todo saíu razoablemente ben, ninguén se mancou de importancia e os participantes gozaron dun día luminoso, duns camiños e corredoiras fermosos e dun xantar abondoso despois dunha merecida ducha para os ciclistas e as súas máquinas.

Só por isto xa poderiamos dicir que o ano 2005 non resultou nada malo, pero aínda hai máis motivos de ledicia porque pasamos de ser 10 socios no ano 2004 a 22 no 2005 e o noso material mellorou significativamente pois xa non temos ningunha bicicleta con máis de dous anos de antigüidade. Somos entón unha sección viva e con bastantes inquedanzas e non imos parar aquí pois xa estamos pensando en novos retos como crear unha páxina Web, facer unha revista anual e organizar algunha que outra excursión por outros lares, onde poidamos levar tamén á nosa familia, porque é xusto dicir que as nosas parellas e fillos son os máis prexudicados mentres que nós gozamos os fins de semana. De feito, xa tivemos un primeiro contacto cos colegas de Vimianzo, para facer xuntanzas e intercambio de rutas, idea que nos parece moi interesante desenrolar pois así poderiamos compartir o traballo que outros teñen feito e dedicarnos só a disfrutar.

E para rematar, unha declaración de intencións: alí onde haxa unha corredoira esquecida ou un camiño cheo de silvas, os cicloturistas do CC Cambre estaremos sempre dispostos a devolverlles a vida outra vez, para nós e para quen queira usalos despois, eso si, sempre por diante co máximo respecto á natureza, que si a tratamos ben, de seguro que nos permitirá seguir aproveitándonos dela moitos anos máis.


 "MEMBROS"

Cicloturistas

COORDENADOR

José Ramón Lestegás Alonso

Cordenador da sección e tamén un dos seus fundadores. Hoxe pode presunir de outro objetivo cumprido.

CORREDORES
José Ramón Lestegás Alonso "O abuelo"
Remigio Rioboo Gutierrez
Vicente Amado González
Manuel Alvarez Muiño
Julio Brandariz Seoane
Fernando Docal Fachal
José Ramón Fernández López "Monky"
Jesús Fermín García Vázquez
Jesús López Paleo
Alberto Méndez Rodríguez  "A mákina"
José Manuel Mosquera Paz
Eduardo Mosquera Paz
Xosé Fernando Novás Varela
Oscar Temprano García
Arturo Varela Cortés
Javier Verea Castelo
Alfredo Iglesias Barbeito
Susana García Gómez
Marcos Rico Tasende
Jose Manuel Marante Suárez
Karina Callón Treus
Miguel Ángel Baqueiro Teodosio
Ramiro López Louro
Iván Joglar Silveira
Manuel Emilio Vázquez Fernández "Vasco"
José Antonio Segade Montero
María de la O Casal Otero
José Carlos Felipe Pérez
Macha da muller
El Tiempo en Cambre - Predicción a 7 días y condiciones actuales.

Web subvencionada por:

Actualizado 31 Agosto, 2010                                     © Copyright C.C.Cambre 2007